DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 5 de agosto de 2024 Páx. 45392

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 23 de xullo de 2024 pola que se declara deserto o procedemento de asignación de concerto social para a selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade, previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación de Concepción Arenal da Coruña (35 prazas) (código de procedemento BS213R).

No Diario Oficial de Galicia número 112, do 11 de xuño de 2024, publicase a Resolución do 28 de maio de 2024 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección de entidade privada sen ánimo de lucro, para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Concepción Arenal da Coruña (35 prazas) (código de procedemento BS213R).

No anexo I da dita Resolución do 28 de maio de 2024 recóllense as bases polas que se rexe o procedemento de selección das entidades privadas sen ánimo de lucro para a referida atención residencial e a intervención educativa integral, establece un prazo de presentación de solicitudes dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido na dita resolución, unha vez revisadas e avaliadas pola Comisión de Valoración as solicitudes presentadas e emitido o informe, o órgano instrutor elevará á persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade unha proposta de resolución en que se especificará a entidade seleccionada para levar a cabo a dita atención residencial e a intervención educativa integral no centro de reeducación de Concepción Arenal. A resolución que poña fin ao procedemento de selección de entidade colaboradora ditaraa a persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade no prazo máximo de tres meses desde a publicación da Resolución do 28 de maio de 2024. Transcorrido o dito prazo sen que recaia resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude por silencio, ao abeiro do establecido no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O anexo I da Resolución do 28 de maio de 2024 establece que a resolución do procedemento publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Neste procedemento, a ausencia de solicitudes que concorran á convocatoria determina que, o 23 de xullo de 2024, a persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade emita a decisión coa declaración de deserto o procedemento de selección de entidade privada para a atención residencial e a intervención educativa integral no centro de reeducación de Concepción Arenal da Coruña.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 23 de xullo de 2024 ditada no procedemento BS213R de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Concepción Arenal da Coruña, que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 23 de xullo de 2024 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 23 de xullo de 2024 pola que se declara deserto o procedemento de asignación de concerto social, para a selección de entidade privada sen ánimo de lucro, para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Concepción Arenal da Coruña (35 prazas) (código de procedemento BS213R).

1. O día 11 de xuño de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 28 de maio de 2024, da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección de entidade privada sen ánimo de lucro, para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Concepción Arenal da Coruña (35 prazas) (código de procedemento BS213R).

2. De acordo co indicado na dita resolución, a entidade con que se asine o concerto social percibirá da Consellería de Política Social e Igualdade con cargo á aplicación orzamentaria 38.02.312B.228 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia unha compensación para o desenvolvemento da actividade concertada de 11.431.017,97 €. O dito importe será distribuído como segue:

Distribución de anualidades Centro Concepción Arenal

2024
(4 meses)

2025

2026

2027

2028
(8 meses)

Total

Total
(sen IVE)

951.073,06 €

2.853.219,17 €

2.859.179,76 €

2.860.527,59 €

1.907.018,39€

11.431.017,97 €

3. Transcorrido o prazo legal previsto para a presentación de solicitudes, a ausencia da participación na convocatoria determina que, o 23 de xullo de 2024, se emite a decisión coa declaración de deserto o procedemento de selección de entidade privada para a atención residencial e a intervención educativa integral no centro de reeducación de Concepción Arenal da Coruña.

Consideracións legais e técnicas.

1. O día 11 de xuño de 2024 publícase no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 28 de maio de 2024, da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección de entidade privada sen ánimo de lucro, para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Concepción Arenal da Coruña (35 prazas) (código de procedemento BS213R).

No anexo I da dita Resolución do 28 de maio de 2024 recóllense as bases polas que se rexe o procedemento de selección das entidades privadas sen ánimo de lucro para a referida atención residencial e a intervención educativa integral, establece un prazo de presentación de solicitudes dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido na dita resolución, unha vez revisadas e avaliadas pola Comisión de Valoración as solicitudes presentadas e emitido o informe, o órgano instrutor elevará á persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade unha proposta de resolución en que se especificará a entidade seleccionada para levar a cabo a dita atención residencial e a intervención educativa integral no centro de reeducación de Concepción Arenal. A resolución que poña fin ao procedemento de selección de entidade colaboradora ditarase no prazo máximo de tres meses desde a publicación da Resolución do 28 de maio de 2024. Transcorrido o dito prazo sen que recaia resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude por silencio, ao abeiro do establecido no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. De acordo co establecido na alínea J) do anexo I da Resolución do 28 de maio de 2024, a asignación deste concerto social correspóndelle, de acordo coa posibilidade de delegación que se recolle no artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade.

3. De acordo co establecido na cláusula m) da Resolución do 28 de maio, a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Poñer fin ao procedemento de selección de entidades sen ánimo de lucro sen levar a cabo a selección de ningunha entidade, por non haberse presentado ningunha proposta para a sinatura do concerto.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, de ser o caso, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificiación desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024. A conselleira de Política Social e Igualdade, P.D. (Artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e anexo I.J) da Resolución do 28.5.2024), Jacobo José Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica