Á vista do escrito presentado pola entidade ABANCA Corporación Bancaria, S.A., no cal se comunicaba que, con data 7 de xuño de 2024, se extingue a personalidade xurídica de Targobank, desaparecendo esta como entidade activa desde o punto de vista operativo,
RESOLVO:
Cancelar a autorización concedida á entidade Targobank como entidade colaboradora na xestión recadatoria dos tributos e outros ingresos de dereito público, con suxeición ao establecido no artigo 17 e demais aplicables do Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo.
Contra esta resolución poderá interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 5.6.d) do Estatuto da Axencia Tributaria de Galicia aprobado polo Decreto 202/2012, do 18 de outubro, recurso de alzada ante o presidente da Axencia Tributaria de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa notificación.
Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2024
Sonia Lafont Sendino
Directora de Axencia Tributaria de Galicia
