DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 12 de agosto de 2024 Páx. 46351

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2024 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S).

Mediante a Resolución do Inega do 7 de marzo de 2024, que foi publicada no DOG número 56, do 19 de marzo, establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica.

O artigo 3.1 das bases reguladoras prevé a posibilidade de redistribuír o orzamento se nalgunha das epígrafes non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe lista de espera. O prazo de presentación de solicitudes rematou o 19 de abril e non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles na epígrafe correspondente a empresas e, porén, non hai dispoñibilidade orzamentaria suficiente nas epígrafes correspondentes a Administración local e entidades sen ánimo de lucro.

O artigo 31 do Decreto 11/2009 establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible, e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso de proxectos de enerxía fotovoltaica,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os fondos destinados ás subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para as anualidades 2024 e 2025 en función do volume de solicitudes recibido, modificando a táboa do artigo 3.1 da Resolución do 7 de marzo de 2021 do seguinte xeito:

– Modificación orzamentaria:

Beneficiario

Importe inicial

Modificación

Importe final

Empresas

4.300.000

- 900.000

3.400.000

Administración local

1.000.000

+ 650.000

1.650.000

Entidades sen ánimo de lucro

224.800

+250.000

474.800

Total

5.524.800

0

5.524.800

– Dotación orzamentaria final:

2024

2025

Total

Empresas

1.800.000

1.600.000

3.400.000

Administración local

160.000

1.490.000

1.650.000

Entidades sen ánimo de lucro

40.000

434.800

474.800

Total

2.000.000

3.524.800

5.524.800

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do prazo establecido para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2024

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia