DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2024 Páx. 47601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade da urxente ocupación que leva implícita, e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2023/126-4).

Expediente: IN407A 2023/126-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS RED709 e substitución CTI Cadaval 36AY83 por CTC.

Concello: Redondela.

Feitos:

1. O 25.2.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS RED709 e substitución CTI Cadaval 36AY83 por CTC.

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, no cal figura un orzamento total de 133.107,71 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións no lugar de Asnelle de Arriba, na parroquia de Reboreda, no concello de Redondela (Pontevedra):

– Retirada do centro de transformación intemperie (CTI) Cadaval (36AY83) e instalación dun novo centro de transformación de 250 kVA de potencia, compacto de manobra exterior 2L1P, telecontrolado con GPRS/FO en envolvente prefabricada de formigón con telexestión BT, conectado ao tramo da liña de media tensión subterránea LMTS RED7091296.

– Retirada de 14 metros do tramo RED7091269 do circuíto aéreo e 265 metros dos tramos RED7091320 e RED7091319.

– Instalación dun apoio fin de liña de tipo celosía C-2000/14.

– Retirada dos apoios de formigón A5LMFM9I//A5LMFM9I e A5NU1CM1//A5NU1CM1 e dos apoios de celosía A508PUE4//A508PUE4, A5NO1S51//A5NO1S51 (retírase tamén o XS 36H563) e A5NQA5C6//A5NQA5C6.

– Desmontaxe do tramo RED7091296 (19 metros) e instalación dunha nova liña de media tensión subterránea (LMTS) para alimentar o centro de transformación (CT) Casal-Asnelle (36CWJ7), de 18 metros, e outra LMTS de 512 metros para alimentar o CT proxectado.

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Redondela, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), Augas de Galicia e o Instituto de Estudos do Territorio. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido por AESA.

O Concello de Redondela emitiu un condicionado en que indica a necesidade de modificar a localización do centro de transformación para atender a normativa en vigor.

Os demais organismos non emitiron o condicionado técnico entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

3. Mediante escritos do 27.3.2023, este departamento territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Naqueles casos en que non foi posible efectuar a notificación ás persoas titulares das parcelas afectadas, publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 7 de setembro de 2023 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 14 de setembro de 2023, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 27 de marzo de 2023, publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 20.4.2023.

– Xornal Faro de Vigo: 15.5.2023.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Redondela, desde o 4.3.2023 ata o 25.4.2023, segundo o certificado emitido polo propio Concello.

– Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

5. O 10.5.2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou un modificado ao proxecto en que recúa o centro de transformación 5 metros e non 3 metros para dar resposta ao condicionado emitido polo Concello de Redondela.

O modificado ao proxecto de execución foi asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e nel figura un orzamento total de 4.008,90 euros.

6. Mediante escritos do 29.5.2023, este departamento territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas que figuran afectadas na nova relación de bens e dereitos actualizada achegada pola empresa promotora. Non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Dirección Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 18 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 no tramo RED7091269, no camiño Río-Reboreda, mediante un paso aero-subterráneo, e final no empalme coa LMTS RED7091296, na arqueta proxectada no camiño Río-Reboreda.

– LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1, de 254 metros de lonxitude, con orixe no empalme coa LMTS RED7091296, na arqueta proxectada no camiño Outeiro de Reboreda núm. 62, e final no centro de transformación (CT) proxectado.

– LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1, de 254 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación proxectado e final no empalme coa LMTS RED7091296, no camiño Outeiro de Reboreda núm. 62.

– Centro de transformación compacto a 250 kVA, con R.T. 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36045A018009370000WU, na estrada do Cadaval, fronte ao núm. 16.

– Desmontaxe do centro de transformación intemperie Cadaval 36AY83.

– Retensado do van contiguo ao apoio proxectado C-2000/14 (116 metros LA-30).

A instalación está situada no lugar de Asnelle de Arriba, parroquia de Reboreda, no municipio de Redondela (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS RED709 e substitución CTI Cadaval 36AY83 por CTC (expediente IN407A 2023/126-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante esta xefatura territorial acompañada da seguinte documentación:

As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 29 de xullo de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Redondela.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Apoio

Afeccións

núm.

m2

ml sub.

m2 sub.

1

O Rego de Abaixo

Rústico

36045A018009370000WU

Hrdos. de Ángel Outerelo Ledo

16,81

48,77

2

Raxente de Abaixo

Rústico

36045A018009950000WX

Carmen Rivas Garrido

1

1,69

4,79

11,41