DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2024 Páx. 48496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 16 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de renovación tecnolóxica do parque eólico Serra da Panda, nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña) (expediente IN408A 2024/008).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (NIF A32259541).

Domicilio social: rúa Circunvalación, 17, A Rúa, 32350 Ourense.

Denominación do proxecto: renovación tecnolóxica do parque eólico Serra da Panda (nº expediente: IN408A 2024/008).

Concellos afectados: Mañón e Ortigueira (A Coruña).

Potencia a instalar: 12,9 MW.

Nº de aeroxeradores que se eliminarán: 19 (potencia de cada aeroxerador 0,66 MW).

Nº de aeroxeradores que se instalarán: 3 (potencia de cada aeroxerador 4,3 MW).

Potencia máxima que se evacuará polo parque renovado tecnoloxicamente: 18,48 MW.

Prazo de execución: sete (7) meses.

Orzamento total (execución material): 11.343.871,02 €.

Localización (área de afección):

Parque eólico Serra da Panda

ADE

Coriscada-Monte Rande

Parque eólico Serra da Panda

Vértice poligonal

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

600.375

4.833.786

2

600.875

4.833.786

3

600.875

4.832.916

4

601.708

4.833.005

5

601.875

4.832.286

6

600.875

4.831.786

7

600.375

4.831.786

8

600.375

4.830.957

9

600.143

4.830.803

10

599.875

4.831.286

11

598.375

4.833.286

12

599.125

4.833.286

13

599.875

4.832.786

Parque eólico Serra da Panda (Mañón e Ortigueira)

Aeroxerador

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

SP7.1

599.485

4.832.329

SP7.2

599.790

4.832.223

SP7.3

599.946

4.831.390

Parque eólico Serra da Panda (Mañón, Ortigueira)

Subestación

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

600.106

4.832.492

2

600.111

4.832.510

3

600.124

4.832.507

4

600.124

4.832.505

5

600.139

4.832.502

6

600.134

4.832.477

7

600.115

4.832.481

8

600.117

4.832.490

Obxecto da actuación:

Trátase dunha modificación substancial do parque eólico en funcionamento Serra da Panda, cuxa vida útil está chegando ao seu fin, que consiste basicamente na retirada de 19 aeroxeradores de 0,66 MW e a incorporación de tres de 4,3 MW, mantendo unicamente as posicións 23, 24, 25, 29 e 30.

Características técnicas da instalación:

• Tres (3) aeroxeradores correspondentes ao modelo Vestas V117-4.3 HH84, con potencia unitaria de 4,3 MW, con rotor de tres pas de 117 m de diámetro, altura de buxa 84 m, sistema de orientación de góndola activo, sistema de cambio de paso variable de pa e velocidade variable de xiro do rotor.

• Tres (3) centros de transformación de potencia unitaria 4.150 kVA e relación de transformación 20/0,72 kV situados na parte traseira da góndola coa súa correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección.

• Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV e liña de interconexión entre os aeroxeradores e a subestación SET PE Serra da Panda 20/132 kV existente, composta por 4 circuítos con condutores de aluminio tipo XLPE unipolares, con illamento 12/20 kV de diferentes seccións.

• Desmantelamento de 19 aeroxeradores e restauración das súas correspondentes zapatas e plataformas.

Non se modifica a infraestrutura eléctrica de evacuación existente que conecta a subestación transformadora do PE Serra da Panda coa subestación de Magazos mediante unha liña de alta tensión aérea de 132 kV.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) das instalacións. A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de renovación tecnolóxica do parque eólico Serra da Panda (visado 22.3.2024).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

1.2. Documento denominado: Relación de bens e dereitos afectados (RBDA) Renovación tecnolóxica parque eólico Serra da Panda (asinado 12.8.2024).

1.3. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA), que figura no anexo que se insire neste acordo.

1.4. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de renovación tecnolóxica do parque eólico Serra da Panda (marzo 2024-asinado 26.3.2024).

Polo exposto, o proxecto faise público para o coñecemento xeral, así como en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG) ou nun dos xornais de maior circulación de cada unha das provincias afectadas, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Eólicos da Dirección Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 82), de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, así como na casa dos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

A Coruña, 16 de agosto de 2024

Mª Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Anexo á relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Serra da Panda,
nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña) (expediente IN408A 2024/008)

Relación de bens e dereitos afectados

Renovación tecnolóxica parque eólico Serra da Panda


predio

Titulares

Datos catastrais

Lugar

Uso

Nº aero.

Afeccións (m2)

Ocupación temporal
(m2)

Pleno dominio

Serv. paso

Servidume

de voo

aero.

Serv. voo aero.+vieiro

(m2)

Serv. voo aero.+gabia

(m2)

Ref. catastral

Cim.

Plat.

Vieiro

Gabia

Vieiro+

gabia

Concello de Mañón (A Coruña)

1

Victorino Peña Gómez

María Novo Rego

15045A02600113

Campo Rego

Prado

0

0

677

0

0

0

0

0

352

2

Concello de Mañón

15045A02600114

Caión

Prado

0

0

384

0

0

0

0

0

172

3

Victorino Peña Gómez

María Novo Rego

15045A02600129

Leira dos Muros

Prado

0

0

82

0

0

0

0

0

104

4

Concello de Mañón

15045A02600111

Caión

Labor

0

0

72

0

0

0

0

0

108

6

Concello de Mañón

CMVMC Sta. M. Mañón

15045A02600732

Carranco

Matogueira

0

0

0

0

0

0

0

0

6.648

8

Concello de Mañón

CMVMC Sta. M. Mañón

15045A02600874

Comunal de Mañón

Matogueira

0

0

0

115

0

0

0

0

66

9

Concello de Mañón

CMVMC Sta. M. Mañón

15045A02600762

Carranco

Matogueira-piñeiral madeireiro

0

0

5.686

767

0

0

0

0

4.318

11

Concello de Mañón

CMVMC Sta. M. Mañón

15045A02600863

Carranco

Matogueira

0

0

456

0

0

0

0

0

199

Concello de Ortigueira (A Coruña)

14

Concello Ortigueira

15062A03300112

Monte Carabelote

Pastos-piñeiral madeireiro

SP7.2, SP7.3

567

8.466

13.492

8.543

134

14.762

757

902

11.658

17

Concello Ortigueira

15062A02800001

Monte Carabelote

Matogueira-piñeiral madeireiro

0

0

350

0

0

0

0

0

293

18

Concello Ortigueira

15062A02800125

Monte Carabelote

Matogueira-piñeiral madeireiro

SP7.1

284

4.839

4.485

52

0

3.667

130

52

3.346

19

María Esther Prieto Río

15062A02800472

Sobor dos Campos

Piñeiral madeireiro

0

0

1

0

0

0

0

0

21

20

María Amparo Ubaldina Peña González

15062A02800473

Sobor dos Campos

Piñeiral madeireiro

0

0

42

0

0

0

0

0

56

21

Bautista Pena Pena

15062A02800474

Sobor dos Campos

Piñeiral madeireiro

0

0

70

0

0

0

0

0

75

22

María Otilia González Bouza

15062A02800506

O Ferro do Arado

Piñeiral madeireiro

0

0

1

0

0

0

0

0

26

Afeccións en metros cadrados (m2):

• Superficie de pleno dominio:

– Cimentación (Cim.): cimentación do aeroxerador.

– Plataforma (Plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.

• Servidume de paso:

– Vieiro: dereito de paso polos vieiros en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.

– Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada. Abrangue a franxa onde van aloxados os condutores, incrementada a cada lado nunha distancia mínima de seguridade igual á metade de largura de canalización.

– Vieiro+Gabia: as afeccións solapadas deben restarse das individualizadas.

• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Serv. voo): servidume definida pola superficie de varrido das pas do aeroxerador. Deberán restarse, no caso de existiren, as afeccións solapadas (Serv. voo Aero+Vieiro+Gabia, Serv. voo Aero+Vieiro, Serv. voo Aero+Gabia) que se indican na súa propia columna.

• Outras afeccións:

– Ocupación temporal (Ocup. Temp.): ocupación temporal de terreos para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións. Na ocupación temporal, dada a súa condición de temporal, non se calcula o solapamento diferenciado; recóllese o total da superficie.