Examinado o expediente iniciado por solicitude de Green Capital Power, S.L., en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Carboeiro, constan os seguintes
Antecedentes de feito:
Primeiro. O 14.3.2019, Green Capital Power, S.L. presentou solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Carboeiro (expediente IN408A 2019/13) ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
Segundo. O 10.5.2019 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas comunicoulle á promotora o cumprimento da súa solicitude dos requisitos establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009. O 14.5.2019 a promotora achegou o xustificante do pagamento das taxas correspondentes á autorización administrativa de parques eólicos de acordo co artigo 33.3 da Lei 8/2009.
Terceiro. O 18.1.2022 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.5 da Lei 8/2009, onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias ás delimitacións de solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable delimitado, establecidas no Plan sectorial eólico de Galicia, e se recollen os organismos que deberán emitir informe para a aprobación definitiva do proxecto sectorial.
Cuarto. O 8.2.2022 A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiulle a documentación do proxecto do parque eólico Carboeiro á Xefatura Territorial da Coruña para a continuación da tramitación.
Quinto. Mediante o Acordo da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, do 6.5.2022, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) (PIA) do proxecto do parque eólico Carboeiro, nos concellos de Arteixo, A Laracha e Culleredo (A Coruña) (expediente IN408A 2019/013).
O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 20.5.2022. Así mesmo, remitiuse para exposición ao público no taboleiro de anuncios dos concellos afectados, A Laracha, Culleredo e Arteixo (A Coruña), e permaneceu exposto nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xefatura Territorial da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.
Durante o procedemento de información pública, así como durante a tramitación do expediente presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas polo promotor.
Sexto. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, a Xefatura Territorial da Coruña remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Retegal, Cellnex Telecom, S.A. (Retevisión), Augas de Galicia (Confederación Hidrográfica Galicia Costa), Red Eléctrica de España, S.A., M Pouso, S.L., Telefónica España, Dirección General de Telecomunicaciones, Concello de Arteixo, Concello de Culleredo e Concello da Laracha.
A continuación relaciónanse os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos: Retegal (19.6.2022), Cellnex Telecom, S.A. (Retevisión) (30.6.2022), Augas de Galicia (Confederación Hidrográfica Galicia Costa) (17.7.2022), Red Eléctrica de España, S.A. (26.8.2022), M Pouso, S.L. (22.8.2022), Telefónica España (30.5.2022), Dirección General de Telecomunicaciones (23.10.2022), Concello de Arteixo (11.10.2022) e Concello de Culleredo (4.7.2022).
O Concello de Arteixo emitiu dous informes, o 6.7.2022 e o 11.10.2022, nos cales, ademais de fixar o condicionado técnico, formula cuestións ou reparos de carácter ambiental, de compatibilidade urbanística e outras varias, entre elas, incumprimento da distancia regulamentaria a núcleos de poboación. Respecto destas, hai que indicar o seguinte: existen informes da DXOTU, indicados nos antecedentes de feito terceiro e décimo cuarto, sobre o cumprimento da distancia mínima aos núcleos de poboación e o resto de cuestións pertencen a procedementos que non son obxecto desta resolución (procedemento ambiental, resolto coa formulación da DIA, e procedemento de aprobación da declaración de utilidade pública, en concreto, pendente de resolver). En relación co condicionado técnico o promotor deu resposta ao resto de cuestións ou reparos formulados polo Concello.
O Concello de Culleredo emitiu un informe o 4.7.2022, no cal, ademais de fixar o condicionado técnico, formula cuestións ou reparos de carácter ambiental, de compatibilidade urbanística e outras varias, entre elas, incumprimento da distancia regulamentaria a núcleos de poboación e disposición adicional quinta da Lei 8/2009, en concreto dos aeroxeradores CA07 e CA08, respectivamente. O aeroxerador CA07 elimínase na documentación final para desafectar as servidumes aeronáuticas presentes e para desafectar hábitats prioritarios e, con respecto ao aeroxerador CA08, non é de aplicación a disposición adicional quinta da Lei 8/2009. Ademais existen informes da DXOTU, indicados nos antecedentes de feito terceiro e décimo cuarto, sobre o cumprimento da distancia mínima aos núcleos de poboación e o resto de cuestións pertencen a procedementos que non son obxecto desta resolución (procedemento ambiental, resolto coa formulación da DIA, e procedemento de aprobación da declaración de utilidade pública, en concreto, pendente de resolver). En relación co condicionado técnico, o promotor deu resposta ao resto de cuestións ou reparos formulados polo Concello.
Con data do 27.6.2022 M Pouso, S.L., en resposta á separata remitida, indica que as instalacións do parque eólico Carboeiro se atopan nas proximidades da polvoreira «Deposito comercial de explosivos de Chan de Cadaval das Cordas». Nun informe encargado pola empresa a Lomber Enxeñeiros, S.L. conclúese que: «Polo exposto, o que subscribe considera, pola presenza do depósito de explosivos, na súa localización e coa capacidade autorizada de 50.000 kg de explosivos na polvoreira principal, que é incompatible a localización do aeroxerador CA06, e o uso dos camiños de acceso a este e ao aeroxerador CA07, de forma continua, polo persoal de obra durante a construción, e debería estudarse unha ubicación alternativa fora dos círculos de seguridade do depósito de explosivos, para evitar a presenza de persoas dentro de estes círculos».
En relación coa reposta de M Pouso, S.L., a Xefatura Territorial da Coruña solicita o 1.3.2023 informe a Dirección Xeral de Minas de Goberno da Nación. O 31.5.2023 a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, como consecuencia da consulta realizada en relación co asunto de referencia, informa de que: «dado que o aeroxerador está situado a unha distancia de 490 metros do depósito de explosivos, considérase viable a coexistencia do aeroxerador, posto que cumpriría coas prescricións de seguridade a vivendas illadas e outras estradas ou liñas de ferrocarril, reguladas na Instrución técnica complementaria número 9 do Regulamento de explosivos».
Para o resto de organismos que non contestaron e de acordo co establecido no artigo 33.14 da Lei 8/2009, o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto de execución será dun mes desde a recepción da solicitude. De non recibírense estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto e continuarase a tramitación do procedemento.
Sétimo. Con data do 3.6.2022 Green Capital Development 157, S.L.U. solicitou a transmisión de titularidade do expediente do parque eólico a favor desta sociedade e, posteriormente, con data do 7.12.2022 mediante resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais autorizouse a transmisión de titularidade do expediente parque eólico Carboeiro, sito nos concellos da Laracha, Culleredo e Arteixo (A Coruña), titularidade de Green Capital Power, S.L., a favor de Green Capital Development 157, S.L.U. (expediente IN408A 2019/013).
Oitavo. O 12.12.2022 a Xefatura Territorial remitiu o expediente á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais para continuar coa tramitación do procedemento.
Noveno. Con respecto ao estudo de impacto ambiental, solicitáronse informes aos seguintes organismos: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Saúde Pública, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Axencia Galega de Turismo e Augas de Galicia (CHGC), así como aos concellos de Arteixo, Culleredo e A Laracha, á Sociedade Galega de Historia Natural e á Sociedade Galega de Ornitoloxía.
Formalizada a tramitación ambiental, o 11.1.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa ao parque eólico, que se fixo pública polo Anuncio do 12 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Carboeiro, nos concellos de Arteixo, Culleredo e A Laracha (expediente 2020/0045) (DOG núm. 13, do 12.1.2023).
Décimo. O 30.12.2022, o promotor presenta proxecto definitivo adaptado ás modificacións producidas durante a tramitación do expediente do parque eólico Carboeiro con base nos informes emitidos polos organismos sectoriais. Segundo figura no proxecto, elimínanse os aeroxeradores CA03, CA04 e CA07, modifícase a localización dos aeroxeradores CA05 e CA06 e da torre meteorolóxica e a plataforma de montaxe do aeroxerador CA8 desprazase respecto da posición inicial. Como consecuencia dos cambios anteditos modifícase tamén o trazado das gabias de cablaxe e das vías.
Décimo primeiro. O 27.2.2023 Green Capital Power, S.L. presentou o proxecto refundido denominado Proxecto de execución. Parque eólico Carboeiro. Arteixo, A Laracha e Culleredo. Febreiro de 2023, asinado polo enxeñeiro industrial Jorge Núñez Ares o 24.2.2023 (colexiado núm. 1.102 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia) e visado no referido colexio co núm. 20230547, do 27.2.2023, para adaptarse ao condicionado da DIA.
Décimo segundo. O 5.4.2023 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiu as separatas achegadas polo promotor aos seguintes organismos: Augas de Galicia (CHGC), Concello de Arteixo, Concello de Culleredo e Concello da Laracha.
A continuación relaciónanse os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos: Augas de Galicia (4.5.2023), Concello de Arteixo (5.5.2023) e Concello de Culleredo (11.5.2023).
O promotor prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.
Para o resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33.14 da Lei 8/2009, o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto de execución será dun mes desde a recepción da solicitude. De non recibírense estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto, e continuarase a tramitación do procedemento.
Décimo terceiro. O 5.4.2023 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.5 da Lei 8/2009, onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias ás delimitacións de solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable delimitado, establecidas no Plan sectorial eólico de Galicia, e se recollen os organismos que deberán emitir informe para a aprobación definitiva do proxecto sectorial sobre a documentación refundida.
Décimo cuarto. O 20.4.2023 Green Capital Power, S.L. presentou o proxecto refundido denominado Proxecto de execución. Parque eólico Carboeiro. Arteixo, A Laracha y Culleredo. Abril de 2023, asinado polo enxeñeiro industrial Jorge Núñez Ares o 20.4.2023 (colexiado núm. 1.102 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia) e visado no referido colexio co núm. 20231255, do 20.4.2023, para emendar certas erratas e completar algún cálculo eléctrico.
Décimo quinto. O 21.4.2023 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación emitiu o informe de referencia do artigo 33.16 da Lei 8/2009 relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas sobre o proxecto do parque eólico.
Décimo sexto. Con data do 31.8.2023 o promotor presentou a autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) para a configuración final do parque eólico, do 25.8.2023.
Décimo sétimo. Con data do 20.12.2023, Green Capital Development 157, S.L.U. remitiu un documento de Red Eléctrica de España, S.A. (REE), asinado electronicamente o 1.12.2023, no cal indica que o parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión vixentes á rede de transporte no nodo Meirama 220 kV para unha potencia de 36 MW, con data do permiso de acceso do 24.10.2019 e do permiso de conexión do 28.7.2021.
Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes
Fundamentos de dereito:
Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, no Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro) e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), e polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro), e polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 248, do 30 de decembro).
Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, e pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.
Terceiro. Con data do 19.4.2023 a Xefatura Territorial remitiu informe complementario de tramitación co resumo das alegacións presentadas durante o período de información pública, así como durante a tramitación do expediente, do cal se transcribe o seu contido:
«a) Ambientais:
• Fragmentación do proxecto industrial eólico en varios proxectos independentes. División artificiosa. Fraude de lei.
• Ausencia de avaliación ambiental acumulada e sinérxica da totalidade do conxunto das infraestruturas na área.
• O estudo de impacto ambiental corresponde a unha pequena porción dun gran proxecto. O impacto ambiental do macroparque non pode ser suplido por un estudo de efectos acumulativos. Debe ser analizado como unha unidade.
• Falta de traballo de campo na identificación de hábitats.
• Vulneración da Directiva 92/43/CEE, conservación de hábitats naturais, fauna e flora silvestres.
• Prevalencia da protección ambiental da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.
• O proxecto ten unha afectación directa a espazos protexidos pola súa importancia ambiental, cuxa conservación debe prevalecer sobre outros intereses de tipo económico.
• Afección moi severa e prexuízos irreparables para a Rede Natura 2000 e á súa coherencia. Falta de conectividade ecolóxica entre os ecosistemas.
• Carácter ambientalmente sensible da área xeográfica de execución do proxecto.
• Prexuízos significativos e danos irreversibles para os hábitats prioritarios e de interese comunitario.
• O parque está situado na Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e nunha zona de importancia para mamíferos (ZIM), causando unha grande afección.
• Falta de retorno social e licenza social.
• As alternativas formuladas son incorrectas: a alternativa 0 non se analiza de maneira obxectiva.
• Afección severa e irreversible ao benestar das familias que viven, residen e traballan nos núcleos rurais afectados.
• Éxodo poboacional parello á instalación de industrias agresivas coa contorna e co ambiente. Presión industrial excesiva.
• Afección á fauna e á flora.
• Prexuízos significativos para a avifauna.
• Prexuízos significativos e danos irreversibles para o lobo e para a viabilidade da especie.
• Afección ao escribenta das canaveiras.
• Que se incorporen medidas específicas para evitar a entrada, eliminar e controlar as especies exóticas invasoras na área de afección do proxecto.
• Non existe un traballo de campo serio e fiable sobre a identificación de hábitats, afeccións á avifauna e quirópteros e afeccións á herpetofauna.
• En España as directrices de referencia para os estudos de impacto ambiental (EsIA) en relación cos morcegos son as propostas pola Secemu.
• Incluír nos aeroxeradores sistemas de detección remota de aves e morcegos e paralización automática, cando se produce a permanencia durante un tempo previamente establecido de aves e quirópteros con risco de colisión.
• Prexuízos significativos e irreparables para o bosque de ribeira e o bosque autóctono galego.
• Afección severa sobre diferentes recursos hídricos: ríos, masas de augas soterradas, acuíferos e captacións de auga para consumo humano, así como humidais, charcas e brañas.
• Vulneración da Directiva marco da auga, coa ausencia dun estudo hidrolóxico e hidroxeolóxico que garanta a calidade das masas de auga superficiais e soterradas e a non afección aos acuíferos.
• Considerase fundamental a conservación de humidais.
• Vulneración flagrante da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia. Eliminación da multifuncionalidade do monte.
• Impacto sobre a saúde das persoas.
• O nivel de radiación electromagnética emitida polos aeroxeradores e ás liñas non é recollido, nin o seu impacto sobre a saúde dos habitantes da zona nin á fauna.
• O efecto sombra das pas sobre a saúde das persoas e da fauna provoca alto nivel de estrés, ataques en persoas epilépticas, así como alteración das especies de fauna.
• Contaminación acústica e lumínica pola proximidade dos aeroxeradores a vivendas.
• A representación gráfica das zonas afectadas acusticamente considérase insuficiente, xa que non inclúe unha delimitación exhaustiva dos núcleos rurais, parcelas susceptibles de albergar usos residenciais.
• Afección paisaxística severa e irreparable.
• Impacto moi severo sobre as áreas de especial interese paisaxístico.
• Incremento do feísmo paisaxístico.
• Afección severa ao turismo e á hostalaría.
• Afección severa a sendas e á rede de miradoiros da zona.
•Afección severa ao patrimonio cultural e arqueolóxico e a súa descontextualización.
• Patrimonio cultural inmaterial sen avaliar.
b) Urbanísticas:
• Incumprimento da distancia mínima de 500 metros, indicada no Plan sectorial eólico, a diversos núcleos de poboación.
• Considérase que se deben aplicar as distancias aos núcleos de poboación establecidas na disposición adicional quinta da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
• Parte do parque semella estar fóra dos limites recollidos no Plan sectorial.
• Que no proxecto non se xustifican nin as dimensións nin as limitacións ao uso das poligonais.
c) Utilidade pública:
• Falta de utilidade pública e interese social do parque.
• Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, coa clasificación do solo, co tipo de aproveitamento, cos enderezos para os efectos de notificacións, etc.
• Nos casos da expropiación forzosa, o proceso non compensará economicamente os propietarios.
• Que o proxecto conculca o artigo 17 da Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea no relativo ás delimitacións das poligonais dos parques eólicos e ás súas afeccións xa que non se produce a xusta indemnización dos dereitos de propiedade afectados.
• Proxecto incompatible coa apicultura e coas explotacións apícolas.
• A promotora obvia a importancia micolóxica da área de afección do proxecto.
• A promotora obvia a importancia do cultivo da castaña e dos soutos.
d) Outras:
• Plan sectorial eólico de Galicia (PSEG) obsoleto, non democrático e vulnera o Convenio europeo da paisaxe.
• Galicia é excedentaria na produción de enerxía eléctrica e a capacidade de acollida en Galicia xa está saturada.
• Galicia está xogando un papel destacado de dentro España como territorio que abastece de enerxía o resto do Estado e soporta un sector enerxético cun elevado impacto ambiental.
• Non é certo que a instalación de parques eólicos xere beneficios económicos nos concellos que albergan as infraestruturas.
• Que se realice un estudo das captacións de auga veciñais existentes na área afectada.
• Existencia de fontes e captacións de auga que dan servizo aos veciños.
• Poderanse producir interferencias televisivas con perdas de detalles, son e imaxe. Igualmente, poden ocasionar problemas coas comunicacións e coa conectividade á internet que afecten o desenvolvemento profesional.
• As vías previstas no proxecto construtivo teñen unhas implicacións de carácter permanente sobre o territorio.
• Que se modifique a posición da subestación para afastala do núcleo da Portela.
3. Respostas ás ditas alegacións.
En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo 1, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:
a) A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, define o fraccionamento de proxectos como o «mecanismo artificioso de división dun proxecto co obxectivo de evitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria, no caso de que a suma das magnitudes supere os limiares establecidos no anexo I». O pretendido fraccionamento tería como fin último eludir a avaliación ambiental ordinaria. Porén, no caso de parques eólicos próximos entre si, non é posible (mediante o fraccionamento) evitar o seu sometemento ao procedemento ordinario de avaliación ambiental, pola obriga de considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos con outros parques xa construídos e/ou avaliados.
Así, no ámbito dos parques eólicos, o referido anexo I establece que estarán sometidas á avaliación ambiental ordinaria, entre outras, as «instalacións para a utilización da forza do vento para a produción de enerxía (parques eólicos) que teñan 50 ou máis aeroxeradores, ou que teñan mais de 30 MW ou que se atopen a menos de 2 km doutro parque eólico en funcionamento, en construción, con autorización administrativa ou con declaración de impacto ambiental».
Polo tanto, no caso das instalacións de aproveitamento eólico, o fraccionamento que se alega de adverso non produce os efectos denunciados (evitar que o proxecto teña que ser sometido a unha avaliación ambiental ordinaria).
Por outra banda, a Lei 21/2013 obriga a que os estudos de impacto ambiental que presenten os promotores deban recoller os efectos sinérxicos ou acumulativos derivados da existencia doutros parques eólicos ou outro tipo de instalacións nas proximidades. Polo tanto, ese suposto «fraccionamento» dos proxectos non evita que a avaliación ambiental deba ter en conta o efecto derivado da proximidade doutras instalacións e infraestruturas.
O proxecto do parque eólico conta cun estudo de efectos acumulativos e sinerxías incluído no estudo de impacto ambiental cunha zona de estudo nun raio de 15 km dos parques eólicos e liñas eléctricas situadas na súa contorna, entre eles os parque eólicos en funcionamento ou en proxecto Monte San Bartolomé, Pedra Queimada, Meirama, As Encrobas, Teixos, Coto Loureiro, Meirama (76), Monte Inxeiro, Monteagudo, O Picoto, Pedrarrubia, Pena Galluda, Singular de Arteixo, Singular de Cerceda, Singular de Inditex, Singular da Laracha, Pico Cedeira e as súas liñas de evacuación. Cómpre sinalar que nada impide, desde o punto de vista da lexislación ambiental e do sector eléctrico, a execución de parques próximos entre si por parte dun mesmo ou distintos promotores e compartindo certas instalacións. Así o declarou o Tribunal Supremo na súa Sentenza do 11 de decembro de 2013 cando di que: «... unha cousa é que os distintos elementos e instalacións dun parque eólico deban ter unha consideración unitaria e outra que iso impida que poidan existir parques próximos e que estes poidan compartir a localización dalgúns elementos ou a liña de vertedura á rede».
Pola contra, tanto a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, como o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como o Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, obrigan a que se compartan as infraestruturas de evacuación, precisamente para evitar un maior impacto ambiental. En concreto, a disposición derradeira segunda do Real decreto 1183/2020, modifica o Real decreto 1955/2000 para condicionar a autorización administrativa das infraestruturas de evacuación á presentación, por parte dos titulares das ditas liñas de evacuación, dun documento que acredite a existencia dun acordo vinculante para o seu uso compartido por parte de todos os titulares de permisos de acceso e conexión na mesma posición de liña. En palabras do Alto Tribunal, na devandita Sentenza do 11 de decembro de 2013, «non podería darse un tratamento separado a grupos de aeroxeradores de forma artificiosa e tratalos como parques autónomos, ou duplicar instalacións co mesmo fin, pois iso comportaría efectivamente unha fraude de lei que, á marxe do seu maior impacto ambiental, podería supoñer unha alteración da competencia ou unha evitación de maiores exixencias ambientais».
Pola súa parte, a Lei 8/2009 define parque eólico como a instalación de produción de electricidade a partir de enerxía eólica, constituída por un ou varios aeroxeradores interconectados electricamente con liñas propias, que comparten unha mesma estrutura de accesos e control, con medición de enerxía propia, así como coa obra civil necesaria. Polo tanto, de acordo con esta definición, pode colixirse o carácter unitario dun parque e considerarse autónomo e independente sempre que teña capacidade de funcionamento separado, sen prexuízo de que comparta infraestruturas de evacuación con outros parques. É máis, compartir infraestruturas de evacuación supón, como é lóxico, un menor impacto ambiental, obxectivo que hai perseguir neste tipo de instalacións. Nesta mesma liña, a utilización de accesos comúns supón un uso máis racional do terreo, reducindo as superficies afectadas polas instalacións. No que respecta á definición de instalacións de conexión a Lei 8/2009 remítese ao establecido no artigo 30 do mencionado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, entendendo por instalacións de conexión de centrais de xeración aquelas que sirvan de ligazón entre unha ou varias centrais de xeración de enerxía eléctrica e a correspondente instalación de transporte ou distribución, incluíndo liñas e subestacións.
b) No que respecta ás alegacións de carácter ambiental hai que indicar que estas cuestións foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 11.1.2023, e onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental.
Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental ao cal o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: os concellos de Arteixo e Culleredo, as direccións xerais de Patrimonio Cultural, de Patrimonio Natural, de Emerxencias e Interior, e da Dirección Xeral de Saúde Pública, do Instituto de Estudos do Territorio, da Axencia Turismo de Galicia e de Augas de Galicia. O organismo Augas de Galicia emitiu informe o 7.7.2022 en que conclúe que non é previsible que o proxecto poida causar impactos ambientais significativos, tendo en conta as medidas protectoras e correctoras que o promotor prevé adoptar no documento ambiental presentado e as consideracións para tal efecto referidas no informe.
c) No expediente consta informe da Dirección Xeral de Saúde Pública do 29.11.2022, favorable condicionado á presentación, con carácter previo ao inicio das obras, da documentación e información dos aspectos que se relacionan no informe.
d) No que respecta ás posibles afeccións ao medio forestal derivadas da execución do proxecto, o Servizo de Montes informou o 20.10.2022 de que considera correctas as medidas propostas sempre que se garanta a continuidade dos viveiros de semente e mouteira de Quercus robur.
e) A nova localización do aeroxerador CA06 debe considerar tamén a situación das plataformas de montaxe e os seus accesos, que deberán orientarse de forma que se localicen completamente ao leste da devasa que percorre o monte de noroeste a sueste.
O 18.10.022 a Dirección Xeral de Defensa do Monte emitiu informe favorable condicionado ao mantemento permanente do acceso dos medios dos servizos de prevención de incendios forestais.
f) No expediente constan informes do Instituto de Estudos do Territorio do 20.10.2022 e do 23.11.2022, que conclúen que, en relación coa afección visual sobre o miradoiro de Santa Locaia, o estudo de visibilidade presentado resulta adecuado e determina a alta incidencia visual que se produce nas vistas panorámicas desde este punto en dirección noroeste. A pesar do indicado, as principais vistas diríxense cara ao norte en dirección á costa e á contorna das poboacións de Arteixo e A Coruña, polo que, como se considerou no anterior informe, o impacto non sería crítico. En todo caso, para minimizar a afección deberanse estudar outras posicións alternativas para o grupo setentrional de aeroxeradores, en particular do CA-04, e de non ser viable tecnicamente esta solución, deberá quedar oportunamente xustificado no proxecto.
Por outra banda, respecto aos impactos sobre os afloramentos rochosos, na posición CA-08 maniféstase que a afección será menor debido aos escasos movementos de terra que se producen nesta localización. Á vista da información gráfica do proxecto, semella que si se producen movementos importantes na execución da plataforma auxiliar de montaxe orientada cara ao noroeste. Así mesmo, o camiño de acceso adxacente á plataforma do aeroxerador afecta as formacións rochosas. Deberase, polo tanto, buscar un deseño das plataformas reducindo o seu tamaño ou movendo a súa posición actual para evitar tales afeccións. Considérase correcto o manifestado en relación coa posición CA-05. No caso de non seren viables as solucións indicadas, deberá quedar xustificado no proxecto.
g) En relación coa afección ao patrimonio cultural, a Dirección Xeral de Cultura emitiu o 24.11.2022 un informe favorable, condicionado ao cumprimento das cautelas establecidas no EIA e no informe durante a fase de construción.
h) En canto á posible contaminación lumínica polo balizamento dos aeroxeradores, a exixencia de instalación desas balizas luminosas e as súas características vén establecida pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea.
i) No caso de afectar captacións ou instalacións de subministración de auga, o promotor deberá repoñer os servizos existentes.
j) Non é posible a modificación da posición prevista da subestación á posición indicada nas alegación, xa que nas proximidades desta existe unha polvoreira que ten unhas limitacións en canto á proximidade de subestacións eléctricas. Ademais, a parcela indicada xa está cruzada por unha liña de alta tensión eléctrica.
k) O proxecto que se aproba mediante esta resolución conta co informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, como se recolle nos antecedentes de feito.
l) No que respecta ás distancias á núcleos de poboación, o 18.1.2022 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu un informe en que se establece que as posicións dos aeroxeradores seguen a cumprir a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación regulada no punto III.3.1 do PSEGA respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.
m) Con respecto aos beneficios para a sociedade xerados polo parque eólico que se proxecta, os parques eólicos son unha das principais fontes de xeración de enerxía limpa e, polo tanto, parte fundamental da loita contra o cambio climático e a descarbonización, con vantaxes na protección do ambiente, a saúde e a economía.
n) En canto aos cambios nos usos do solo xerados pola aprobación do plan de interese autonómico, o artigo 34.4 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, non pretende excluír un uso ou outro, senón permitir a aplicación complementaria destes réximes.
ñ) En relación coa superficie delimitada pola poligonal do parque eólico, esta é soamente unha referencia da superficie en que se sitúan as instalacións, sen que implique unha afección ao terreo nas zonas sen instalacións ou vías. A afección real aos bens e dereitos limítase á producida polas instalacións do parque: aeroxeradores, liñas eléctricas de conexión, subestación e vías.
o) Con respecto ao uso das pistas existentes, para o desenvolvemento do proxecto empregarase en todo o posible a rede viaria existente, minimizando a construción de novos accesos, que no futuro servirán para o uso dos veciños, e respectando os accesos xa existentes aos predios.
p) En relación cos prexuízos xerados polo proxecto sobre explotacións agrícolas, gandeiras, forestais e madeireiras, hai que indicar que non están previstas afeccións aos usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución.
q) A utilidade pública das instalacións de xeración eléctrica vén declarada no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; a dita declaración se aplica para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e da imposición e exercicio da servidume de paso. No que respecta a este proxecto en particular, o promotor non solicitou a declaración da utilidade pública en concreto, para os efectos da ocupación dos terreos necesarios para a implantación da infraestrutura, polo que non tivo que achegar ningunha relación de bens e dereitos afectados.
En todo caso, para a construción das instalacións proxectadas, o promotor deberá acadar acordos cos propietarios dos terreos, sen prexuízo da posibilidade de solicitar con posterioridade a ocupación dos terreos para os cales non acade os ditos acordos, para o que se tramitará o preceptivo expediente segundo o procedemento establecido na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000,do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei de expropiación forzosa de 1954.
r) En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas. Non obstante, corresponde á fase de levantamento de actas previas a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento, etc.), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.
s) En relación coas posibles afeccións producidas pola poligonal do parque eólico, cómpre indicar que a poligonal do parque é sinxelamente unha referencia xeográfica do territorio en que se sitúa a totalidade das instalacións do parque. A afección real aos bens e dereitos limítase á producida polas instalacións do parque: aeroxeradores, liñas eléctricas de conexión, subestación e vías.
t) En todo caso, as afeccións xeradas polo proxecto aos propietarios particulares deberán ser adecuadamente compensadas polo promotor.
u) En relación coa posible conculcación do artigo 17 da Carta dos dereitos fundamentais da UE, en relación co dereito á propiedade privada, o propio artigo 17 establece como excepción a este dereito a causa de utilidade pública, nos casos e condicións previstos na lei e a cambio, nun tempo razoable, dunha xusta indemnización pola súa perda. No procedemento que se está a tramitar cumpríronse os requisitos establecidos nesta disposición legal.
v) No que respecta á validez e aplicación do Plan sectorial eólico de Galicia, cómpre subliñar que este segue vixente e resulta plenamente aplicable. A Lei 8/2009, do 22 de decembro, ampara a plena vixencia e aplicabilidade do plan preexistente en canto non se aprobe o novo previsto, ao establecer na súa disposición transitoria terceira que «en canto non se aprobe un novo plan sectorial eólico de Galicia entenderase aplicable o actualmente vixente en todo aquilo que non se opoña ao establecido nesta lei». Á marxe do anterior, cómpre lembrar que, na tramitación de cada procedemento de autorización de parques eólicos a Administración observa a normativa ambiental en vigor, incorporando aos expedientes os informes e actuacións legalmente exixibles.
w) Así mesmo, en relación coa necesidade de someter o Plan sectorial eólico de Galicia ao trámite de avaliación ambiental estratéxica, cómpre manifestar que este plan foi aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 1 de outubro de 1997, e o acordo publicouse no DOG do 15.12.1997.
Posteriormente, publicouse no DOG do 3.1.2003 o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5.12.2002, polo que se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan eólico de Galicia. En ambos os casos cumpriuse co disposto no procedemento de aprobación, segundo o establecido na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal. Cómpre ter en conta que, coa aprobación da primeira lei de avaliación ambiental estratéxica, Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, todos os plans tramitados polas administracións públicas deben someterse a avaliación ambiental. Non obstante, a propia lei recollía unha moratoria para os plans que estaban nese ano nun estado moi avanzado de tramitación. Logo, este procedemento ambiental soamente obriga os plans que iniciaron a súa tramitación a partir do ano 2006 e non pode aplicarse con efectos retroactivos.
x) Respecto da saturación na capacidade de acollida de enerxía eléctrica en Galicia, así como a solicitude de moratoria na autorización de parques, hai que expoñer que recentemente a Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, incorporou unha nova disposición adicional sexta á Lei 8/2009, do 22 de decembro, dedicada á planificación de novas solicitudes de parques eólicos nos seguintes termos: «atendendo ao número dos proxectos de parques eólicos admitidos e actualmente en tramitación e á cifra de MW prevista nestes proxectos, e co obxecto de procurar unha ordenación racional do sector, durante o prazo de 18 meses desde a entrada en vigor da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas...».
No caso de alegacións presentadas con posterioridade á declaración de impacto ambiental, inadmítense, de conformidade co artigo 23 da Lei 21/2013, do 9 decembro, de avaliación ambiental, por presentárense fóra dos prazos de información pública e consultas regulados nos artigos 21 e 22 da devandita lei.
No caso de escritos recibidos de oposición á declaración de impacto ambiental do 11.1.2023, segundo o establecido no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso sen prexuízo dos que, se é o caso, procedan en vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto.
Cuarto. A continuación recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico Carboeiro, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 11.1.2023.
a) A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolveu: «Formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico Carboeiro, considerando que o proxecto, segundo a documentación achegada polo órgano substantivo, é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA.
Ademais do obrigado cumprimento das condicións sinaladas, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental poderá ditar, do xeito que proceda, os condicionados adicionais que resulten oportunos.
Consonte o disposto no artigo 52 da dita Lei 21/2013, correspóndelle ao órgano substantivo o seguimento e vixilancia do cumprimento da declaración de impacto ambiental.
Esta declaración de impacto ambiental farase pública a través do Diario Oficial de Galicia e da páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e remitiráselle ao órgano substantivo para os efectos que correspondan no marco do procedemento de autorización administrativa das instalacións.
Así mesmo, non exime o promotor de obter calquera outra autorización, licenza, permiso ou informe que sexa necesario para a execución e/ou funcionamento do proxecto.
O órgano substantivo deberá notificar a esta dirección xeral calquera cambio de titularidade que se produza na instalación. De acordo co artigo 41.4 da Lei de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso sen prexuízo dos que, se é o caso, procedan na vía administrativa e xudicial fronte o acto polo que se autoriza o proxecto».
b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Carboeiro.
Nos números 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:
4. Condicións ambientais.
4.1. Condicións particulares.
4.2. Condicións xerais.
4.2.1. Protección da atmosfera.
4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.
4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.
4.2.4. Xestión de residuos.
4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.
4.2.6. Integración paisaxística e restauración.
4.3. Outras condicións.
5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.
5.1. Aspectos xerais.
5.2. Aspectos específicos.
5.3. Informes do programa de vixilancia.
De acordo con todo o que antecede,
RESOLVO:
Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Carboeiro, sito nos concellos da Laracha, Arteixo e Culleredo (A Coruña), promovido por Green Capital Development 157, S.L.U., para unha potencia total de 29,5 MW.
Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Carboeiro, conforme al documento titulado Proxecto de execución. Parque eólico Carboeiro. Arteixo, A Laracha e Culleredo. Abril de 2023, asinado polo enxeñeiro industrial Jorge Núñez Ares o 20.4.2023 (colexiado núm. 1.102 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia) e visado no referido colexio co núm. 20231255, do 20.4.2023.
As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:
Solicitante: Green Capital Development 157, S.L.U.
Enderezo social: Paseo del Club Deportivo 1, edificio 13, 1º, Pozuelo de Alarcón, 28223 Madrid.
Denominación: parque eólico Carboeiro.
Potencia instalada: 29,5 MW.
Potencia autorizada/evacuable: 29,5 MW.
Produción neta: 87.397 MWh/ano.
Concellos afectados: A Laracha, Arteixo e Culleredo (A Coruña).
Orzamento de execución material: 23.600.844,21 euros.
Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico, ás cales se circunscriben as autorizacións:
|
Vértice poligonal |
Coordenadas UTM |
|
|
(fuso 29 ETRS89) |
||
|
X |
Y |
|
|
1 |
538.650,31 |
4.791.474,46 |
|
2 |
539.494,72 |
4.792.492,66 |
|
3 |
541.379,15 |
4.791.471,78 |
|
4 |
541.119,02 |
4.791.038,72 |
|
5 |
544.069,03 |
4.789.616,60 |
|
6 |
544.505,71 |
4.788.016,42 |
|
7 |
544.069,03 |
4.787.116,60 |
|
8 |
543.289,67 |
4.787.455,94 |
|
9 |
541.044,10 |
4.789.011,58 |
|
10 |
540.270,63 |
4.790.686,72 |
Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:
|
Aeroxerador |
Coordenadas UTM |
|
|
(fuso 29 ETRS89) |
||
|
X |
Y |
|
|
CA01 |
539.143,00 |
4.791.734,00 |
|
CA02 |
539.682,00 |
4.791.680,00 |
|
CA05 |
541.552,00 |
4.789.358,00 |
|
CA06 |
542.547,00 |
4.789.302,00 |
|
CA08 |
543.578,00 |
4.789.293,00 |
Coordenadas da torre de medición:
|
Torre medición |
Coordenadas UTM |
|
|
(fuso 29 ETRS89) |
||
|
X |
Y |
|
|
TM |
539.712,00 |
4.791.294,00 |
Coordenadas da subestación do parque eólico:
|
Subestación |
Coordenadas UTM |
|
|
(fuso 29 ETRS89) |
||
|
X |
Y |
|
|
SUB |
540.984,00 |
4.789.897,00 |
|
ENV A |
541.003,39 |
4.789.910,80 |
|
ENV B |
541.010,39 |
4.789.887,85 |
|
ENV C |
540.954,93 |
4.789.870,93 |
|
ENV D |
540.944,26 |
4.789.905,90 |
|
ENV E |
540.967,37 |
4.789.912,95 |
|
ENV F |
540.971,04 |
4.789.900,92 |
Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:
• 5 aeroxeradores Nordex N155/5.9 ou similar de 5,9 MW de potencia nominal unitaria. Os aeroxeradores CA01 e CA02 terán unha altura de buxa de 164 m; os aeroxeradores CA05, CA06 e CA08 terán unha altura de buxa de 120 m. O diámetro de rotor será de 155 m.
• 5 centros de transformación de 6.300 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,75/30 kV, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador, co seu correspondente equipamento de seccionamento, manobra e protección.
• Rede eléctrica de 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora parque de 30/132 kV, composta por 2 circuítos con condutores tipo RHZ1-2OL Al18/30 kV de seccións de 95-400-630 mm2 de aluminio.
• Subestación transformadora 132/30 kV, formada por unha única barra de 30 kV conectada a un transformador de potencia 30/132 kV de 30/40 MVA ONAN/OAF e unha posición de liña de 132 kV.
• Torre meteorolóxica de 164 m.
• Obra civil consistente en camiños de acceso aos aeroxeradores, subestación, edificio de control, cimentacións, plataformas de aeroxeradores e gabias de cablaxe.
Esta autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:
1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Green Capital Development 157, S.L.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, na cantidade de 415.218 euros, dos cales 177.951 corresponden á fase de obras e 237.267 á fase de desmantelamento e abandono do parque eólico.
A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.
2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.
3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia, regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).
4. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático o Plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no número 5 da declaración de impacto ambiental.
5. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 11 de xaneiro de 2023, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.
Segundo as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental (DIA), o promotor deberá dispoñer de informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Dirección Xeral de Saúde Pública e do Instituto de Estudos do Territorio de acordo co número 4 da DIA, logo de comunicación de inicio de obras.
6. En canto aos bens e dereitos afectados por este parque eólico e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, o promotor cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os que mostrou a súa conformidade.
7. No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos de telecomunicacións legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, o promotor deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación a estes.
8. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante o departamento territorial un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que se aproba mediante esta resolución, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.
9. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, o Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuados e verificará o cumprimento das condicións establecidas neste acordo e as demais que sexan de aplicación.
10. De conformidade co artigo 34.2 a promotora disporá dun prazo de tres anos, contados desde o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.
11. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que lle resulten de aplicación.
12. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.
13. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servizos públicos ou de interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
14. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
15. Con carácter previo á comunicación de inicio de obras o promotor deberá acreditar ante a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático que conta cos títulos habilitantes municipais de natureza urbanística, dos terreos de implantación do parque eólico e as súas infraestruturas de evacuación recollidos nesta resolución, de acordo co artigo 40 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
