Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 26 de xuño de 2024, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Perdecanai (concello de Barro) e Verducido (concello de Pontevedra), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22020).
Feitos.
Primeiro. O 23.9.2022 o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Perdecanai presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/2337182, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Perdecanai (Barro) e a CMVMC de Verducido (Pontevedra).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Perdecanai (ID Monte: 2454) da CMVMC de Perdecanai.
– MVMC de Campo Outeiro e Gato Morto (ID Monte: 2948) da CMVMC de Verducido.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:
• Acta do apeo do deslindamento o 6.8.2017.
• Acta de conciliación X53 CONCILIACIÓN 0001013/2022 entre as comunidades no Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra o 12.12.2022.
• Certificado do secretario da CMVMC de Perdecanai coa conformidade do presidente do 19.9.2022 da aprobación en asemblea do 10.6.2018.
• Certificado do secretario da CMVMC de Verducido coa conformidade do presidente do 20.3.2019 da aprobación en asemblea do 7.10.2018.
• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 3.11.2023 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado núm. 297 do COETF de Galicia.
• Informe de validación gráfica catastral con CSV: ASQ86729AG0MSWE5 e W22P4JHCRZPM1FXQ (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012) que, polo principio de colaboración entre administracións, deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.582 metros, e está composta polos seguintes puntos:
|
Punto 1 |
x: 533.114,11 |
y: 4.706.751,62 |
|
Punto 2 |
x: 532.628,71 |
y: 4.706.499,86 |
|
Punto 3 |
x: 532.562,58 |
y: 4.706.806,40 |
|
Punto 4 |
x: 531.787,32 |
y: 4.706.798,85 |
|
Punto 5 |
x: 531.683,54 |
y: 4.706.778,10 |
|
Punto 6 |
x: 531.558,17 |
y: 4.706.753,04 |
No traballo de gabinete establécense seis puntos de deslindamento secundarios para respectar o dominio público, polo que neste tramo non existe a condición de lindeiros entre ambos os montes:
|
Punto 7 |
x: 532.799,32 |
y: 4.706.588,35 |
|
Punto 8 |
x: 532.796,79 |
y: 4.706.587,03 |
|
Punto 9 |
x: 532.784,85 |
y: 4.706.580,84 |
|
Punto 10 |
x: 532.760,51 |
y: 4.706.568,22 |
|
Punto 11 |
x: 532.577,72 |
y: 4.706.736,20 |
|
Punto 12 |
x: 532.576,24 |
y: 4706743,09 |
No tramo entre os puntos 7 e o punto 8 respéctase o dominio público reflectido na información catastral (o deslindamento poderá levarse a cabo tras a emenda correspondente). Nos tramos entre o punto 9 e o punto 10, e entre o punto 11 e o punto 12 respéctase o dominio público hidráulico (o deslindamento realizarase coa Administración competente).
No traballo de gabinete establécense catro puntos de deslindamento secundarios para respectar as parcelas de propiedade particular, polo que neste tramo non existe a condición de lindeiros entre ambos os montes (o deslindamento realizarase con propietarios particulares):
|
Punto 13 |
x: 532.273,45 |
y: 4.706.803,58 |
|
Punto 14 |
x: 532.131,59 |
y: 4.706.802,20 |
|
Punto 15 |
x: 531.980,92 |
y: 4.706.800,73 |
|
Punto 16 |
x: 531.872,79 |
y: 4.706.799,68 |
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que existe condición de lindeiros entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.
O deslindamento está formado por 6 tramos:
Tramo 1: punto 1-o punto 7.
Tramo 2: punto 8-o punto 9.
Tramo 3: punto 10-o punto 11.
Tramo 4: punto 12-o punto 13.
Tramo 5: punto 14-o punto 15.
Tramo 6: punto 16-o punto 6.
A liña de deslindamento non respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Barro e Pontevedra.
A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación. Polo que ambas comunidades achegan:
• Axustes para pechar os puntos 1 e 6 co resto do esbozo do seu MVMC. Na CMVMC de Perdecanai, o axuste do punto 6 modifica o esbozo respectando as propiedades particulares segundo a cartografía catastral ata pechar co punto 1 do expediente DC22021 (deslindamento entre a CMVMC de Perdecanai e a CMVMC de Portela).
• Os axustes do esbozo nos tramos entre o punto 13 e o punto 14, e entre o punto 15 e o punto 16 establécense respectando as propiedades particulares.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,
ACORDA:
Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Perdecanai (Barro) e a CMVMC de Verducido (Pontevedra) respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 12 de agosto de 2024
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común
