DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2024 Páx. 49068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de agosto de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Perdecanai e Portela (concello de Barro) ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22021).

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 26 de xuño de 2024, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Perdecanai e Portela (concello de Barro), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22021).

Feitos.

Primeiro. O 23.09.2022 o presidente da comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Perdecanai presenta no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/2337564, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Perdecanai (Barro) e a CMVMC de Portela (Barro).

O 28.9.2022 o presidente da CMVMC de Portela presenta no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/2380555 a solicitude de deslindamento coa CMVMC de Perdecanai.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Perdecanai (ID Monte: 2454) da CMVMC de Perdecanai.

– MVMC de Portela (ID Monte: 2455) da CMVMC de Portela.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do deslindamento o 6.8.2017.

• Acta de conciliación núm. 2/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Barro o 26.09.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Perdecanai coa conformidade do presidente do 19.9.2022 da aprobación en asemblea do 10.6.2018.

• Certificado do secretario da CMVMC de Portela coa conformidade do presidente do 18.1.2021 da aprobación en asemblea do 24.9.2017.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 03.11.2023 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado núm. 297 do COETF de Galicia. Constan emendas posteriores que corrixen a dita memoria.

• Informe de validación gráfica catastral con CSV: FP9NNYQYPB86DN78 (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 883 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 1

x: 531.183,78

y: 4.706.688,34

Punto 2

x: 530.986,05

y: 4.706.864,01

Punto 3

x: 530.906,05

y: 4.706.904,56

Punto 4

x: 530.804,29

y: 4.706.956,26

Punto 5

x: 530.694,30

y: 4.707.089,59

Punto 6

x: 530.610,91

y: 4.707.192,05

Punto 7

x: 530.545,00

y: 4.707.261,45

Punto 8

x: 530.519,34

y: 4.707.275,47

Punto 9

x: 530.174,09

y: 4.707.437,65

No traballo de gabinete establécense puntos de deslindamento secundarios para respectar as propiedades particulares (o deslindamento realizarase coas propiedades particulares).

Punto 10

x: 531.175,81

y: 4.706.695,42

Punto 11

x: 531.011,89

y: 4.706.841,05

Punto 12

x: 530.559,34

y: 4.707.246,35

Punto 13

x: 530.436,82

y: 4.707.314,24

Punto 14

x: 530.344,15

y: 4.707.357,77

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que existe condición de lindeiros entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.

O deslindamento está formado por 4 tramos:

Tramo 1: punto 1-o punto 10.

Tramo 2: punto 11-o punto 6.

Tramo 3: punto 12- o punto 13.

Tramo 4: punto 14-o punto 9.

A liña de deslindamento respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Barro e Pontevedra.

A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación. Polo que ambas as comunidades achegan:

• Axustes para pechar o punto 1 e o punto 9 co resto do esbozo do seu MVMC. Na CMVMC de Perdecanai o axuste do punto 1 modifica o esbozo respectando as propiedades particulares segundo a cartografía catastral ata pechar co punto 6 do expediente DC22020 (deslindamento entre a CMVMC de Perdecanai e a CMVMC de Verducido.

• Os axustes do esbozo nos tramos entre o punto 10 e o punto 11, entre o punto 6 e o punto 12 e entre o punto 13 e o punto 14 respectan as propiedades particulares.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas.

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Perdecanai e a CMVMC de Portela (Barro) respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 12 de agosto de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común