Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Begasa, con enderezo para efectos de notificación na rúa Aller Ulloa, 9, P. I. As Gándaras, 27003 Lugo, aprécianse os seguintes
Antecedentes de feito:
Primeiro. Con data do 11 de abril de 2023, a empresa solicita a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica de referencia, despois de obter as autorizacións administrativas previa e de construción mediante a Resolución do 10 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo (DOG núm. 49, do 10 de marzo) a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000 antes citado.
Segundo. A declaración de utilidade pública someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante o Acordo desta xefatura territorial (actualmente departamento territorial) do 12 de febreiro de 2024. Este acordo foi publicado no diario El Progreso do 22 de febreiro de 2024 e no DOG do 11 de marzo de 2024, no taboleiro de anuncios deste departamento territorial e no taboleiro de anuncios do Concello da Fonsagrada. Con esta resolución achegouse a relación de bens e dereitos afectados.
Así mesmo, efectuouse notificación individual aos interesados incluídos na relación de bens e dereitos afectados.
Terceiro. Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións.
A estes feitos son de aplicación os seguintes
Fundamentos de dereito:
Primeiro. A este departamento territorial correspóndelle resolver sobre esta solicitude, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Segundo. No expediente cumpríronse os trámites sinalados na Lei 24/2013 e na Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.
Terceiro. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que, consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, o que causaría a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.
De acordo co exposto, e en virtude das competencias que ten atribuídas, este departamento territorial
RESOLVE:
Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto deste expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que o representante da Administración dea comezo, na data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos publicada no xornal El Progreso do 22 de febreiro de 2024 e no DOG do 11 de marzo de 2024, expostas no taboleiro de anuncios deste departamento territorial e no taboleiro de anuncios do Concello da Fonsagrada. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas, se poderán formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito perante este departamento territorial da Consellería de Economía e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo; rolda da Muralla, núm. 70, 27071 Lugo).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que xulguen pertinente.
Lugo, 5 de agosto de 2024
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Predio |
Polígono nº |
Parcela nº |
Lugar |
Concello |
Titular |
Cultivo |
Superficie ocupación permanente m² |
Superficie ocupación temporal m² |
Superficie ocupación permanente m² (CT) |
|
1 |
163 |
81 |
Monte |
A Fonsagrada |
Luz Fernández Álvarez (16,66 % de usufruto) |
Monte baixo |
3 |
9 |
20 |
|
Improdutivo |
26 |
100 |
|||||||
|
2 |
222 |
50 |
Nourias |
A Fonsagrada |
Descoñecido (9,09% de propiedade) |
Monte baixo |
83 |
363 |
|
|
Improdutivo |
11 |
27 |
20 |
