DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2024 Páx. 52784

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 1 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2024-2026, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2024-2025 (código de procedemento TR301K).

Mediante a Orde do 1 de xullo de 2024 (DOG núm. 132, do 9 de xullo) a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración estableceu as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2024-2026 e realizou a súa primeira convocatoria para os exercicios 2024-2025.

No artigo 42 desta orde recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións orzamentarias 44.03.323A.460.1, 44.03.323A.471.0 e 44.03.323A.481.0, código de proxecto 2021 00149, cunha contía de 76.000.000 €, distribuída entre as anualidades 2024 (43.000.000 €) e 2025 (33.000.000 €) procedentes de fondos finalistas do Estado.

No mesmo artigo 42 establécese que eses créditos poderán ser obxecto de modificacións nos supostos e nas condicións previstos nos artigos 30 e 31 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de accións formativas que van ser subvencionadas, xa que cumpren coas condicións establecidas nas bases reguladoras e resultaron seleccionadas por aplicación dos criterios de avaliación recollidos no artigo 14 das citadas bases, e tendo en conta tamén a reserva dun 5 % do crédito establecido no artigo 43.1.a) destinada ás resolucións complementarias para a impartición de competencias clave indicadas no artigo 38.6, cómpre realizar unha redistribución do crédito entre as distintas aplicacións orzamentarias, en función do tipo de entidade que vai impartir a formación (empresas, entidades locais ou entidades sen ánimo de lucro).

De acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro) cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas na Orde do 1 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2024-2026, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2024-2025 (código de procedemento TR301K), redistribuíndo o crédito previsto na dita orde para a anualidade 2024 da seguinte maneira, sen variar o orzamento total:

Anualidade 2024

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento final

44.03.323A.460.1

2021 00149

3.216.413,00

-788.547,58

2.427.865,42

44.03.323A.471.0

2021 00149

31.120.871,00

76.968,99

31.197.839,99

44.03.323A.481.0

2021 00149

8.662.716,00

711.578,59

9.374.294,59

Total

43.000.000,00

43.000.000,00

A distribución prevista na orde de convocatoria para a anualidade 2025 non sufriu modificación.

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2024

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego