DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2024 Páx. 54334

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 4 de outubro de 2024, de concesión das subvencións ao abeiro da Orde do 16 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024 (código de procedemento BS508E).

No Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 29 de xullo de 2024, publicouse a Orde do 16 de xullo de 2024, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, coas bases reguladoras das subvencións a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024 (código de procedemento BS508E).

De conformidade co artigo 18 da dita orde, a resolución do procedemento de axuda, logo da fiscalización da proposta, facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Así mesmo, o artigo 20 da mesma orde establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Tras a instrución do procedemento, o 4 de outubro de 2024 o órgano competente emitiu a resolución que finaliza o procedemento de concesión das subvencións para a elaboración e ejecución de proxectos de voluntariado interxeneracional no medio rural.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución de concesión do 4 de outubro de 2024, para o procedemento BS508E, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 4 de outubro de 2024 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán para a súa aceptación dun prazo de 10 días, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2024

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Resolución do 4 de outubro de 2024, ditada no procedemento BS508E, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024

O 29 de xullo de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 145 a Orde do 16 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024 (código de procedemento BS508E).

O artigo 9 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Finalizado o prazo, logo de analizar a documentación, o 23 de setembro de 2024 e de acordo co disposto nos artigos 15, 16, 17 e 18 da dita orde de convocatoria, reuniuse a comisión avaliadora para analizar as solicitudes de axuda e valorar os proxectos presentados polas entidades de acción voluntaria e as entidades locais, así como para elaborar o correspondente informe en que figuran as entidades con proxectos valorados.

Emitido o informe coa valoración dos proxectos presentados, o Servizo de Voluntariado e Participación, órgano instrutor do procedemento, emitiu, de conformidade co disposto no artigo 18 da orde de convocatoria, a proposta de resolución con data do 3 de outubro de 2024.

Vista a proposta de resolución e de conformidade co disposto no artigo 18 da Orde do 16 de xullo de 2024,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a axuda ás entidades locais propostas no anexo I, ao abeiro da Orde do 16 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade dos criterios de valoración previstos no artigo 16 das bases reguladoras, por un importe total de 87.360,00 €, para entidades locais, con cargo á aplicación orzamentaria 43.05.312F.460.0.

Segundo. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas no anexo II, ao abeiro da Orde do 16 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 16 das bases reguladoras, por un importe total de 148.145,20 €, para entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 43.05.312F.481.0.

Da contía prevista para entidades locais resérvase un 15 % para as solicitudes presentadas conxuntamente.

Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 16 de xullo de 2024 e, especialmente, ás establecidas no artigo 26.

A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 23 da convocatoria.

Así mesmo, o pagamento das axudas realizarase de acordo co previsto no artigo 24 da convocatoria.

Cuarto. Denegar as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa concreta que motivou a denegación.

Quinto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2024. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Artigo 18 e disposición adicional segunda da Orde do 16.7.2024), Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude.

ANEXO I

Axudas concedidas a entidades locais

Concesións individuais:

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2024/006

Concello de Vedra

P1509000D

A Coruña

67,75

20.140,00 €

2

2024/007

Concello de San Xoán de Río

P3207100C

Ourense

75,25

15.000,00 €

3

2024/002

Concello de Nogueira de Ramuín

P3205300A

Ourense

52,35

15.000,00 €

4

2024/010

Concello de Vilar de Barrio

P3209000C

Ourense

50,00

3.100,00 €

5

2024/017

Concello de Mos

P3603300I

Pontevedra

63,50

9.120,00 €

6

2024/015

Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado

P3604200J

Pontevedra

58,00

25.000,00 €

Total

87.360,00 €

ANEXO II

Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2024/016

Escola de Tempo Libre Colaxe

G10818920

A Coruña

68,75

18.000,00 €

2

2024/014

Fundación Ronsel

G15752660

A Coruña

61,39

15.000,00 €

3

2024/008

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

A Coruña

57,00

15.000,00 €

4

2024/013

Asociación Antonio Noche

G15210388

A Coruña

52,50

10.992,00 €

5

2024/018

Asociación Pratodo

G27505916

Lugo

81,23

17.000,00 €

6

2024/012

Valoresc Innovation

G70377585

Ourense

76,00

25.000,00 €

7

2024/003

Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos

G32345274

Ourense

75,50

25.000,00 €

8

2024/001

Asociación Limisi, para a promoción das persoas con diversidade funcional da comarca da Limia

G32302671

Ourense

71,44

15.000,00 €

9

2024/005

Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural, ADEC

G94153053

Pontevedra

67,75

7.153,20 €

Total

148.145,20 €

ANEXO III

Solicitudes denegadas

Denegadas entidades locais:

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Motivo da denegación

1

2024/009

Concello de Boborás

P3201400C

Ourense

Entidade non inscrita no RAV

2

2024/011

Concello de Larouco

P3203900J

Ourense

Entidade non inscrita no RAV

3

2024/019

Concello da Veiga

P3208400F

Ourense

Solicitude presentada fóra de prazo

Denegadas entidades de acción voluntaria:

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Motivo da denegación

1

2024/004

Asociación Esgaia Inserta

G16918641

Ourense

Non alcanzar a puntuación requirida