DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2024 Páx. 54520

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 25 de setembro de 2023 pola que se resolven as solicitudes para a concesión das subvencións previstas na Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades deportivas para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas, e se convocan para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401D).

Antecedentes.

Primeiro. O 20 de xuño de 2023 publicouse a Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades deportivas para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas, e se convocan para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401D), en diante Orde do 6 de xuño de 2023.

Segundo. O 2 de outubro de 2023 publicouse no DOG a Resolución do 25 de setembro de 2023 pola que se resolven as solicitudes para a concesión das subvencións previstas na Orde do 6 de xuño de 2023 (en diante, Resolución do 25 de setembro de 2023).

Entre as solicitudes inadmitidas ou con desistencia na súa petición, relacionadas no anexo III da Resolución do 25 de setembro de 2023, figuran a solicitude do Club Náutico Deportivo de Santa Eugenia de Ribeira e a solicitude da entidade Sporting Club Casino de La Coruña, inadmitidas por non emendar en prazo.

Terceiro. O 27 de setembro de 2023, a entidade Club Náutico Deportivo de Santa Eugenia de Ribeira presentou recurso de reposición contra a dita resolución de concesión, pola que a súa solicitude resultaba inadmitida por non emendar en prazo, e solicitou que as alegacións fosen tidas en conta por presentar as alegacións en prazo e forma.

O 26 de setembro de 2023, a entidade deportiva Sporting Club Casino de La Coruña presentou recurso de reposición contra a dita resolución de concesión, pola que a súa solicitude resultaba inadmitida por non emendar en prazo, e solicitou que as alegacións fosen tidas en conta por presentar as alegacións en prazo e forma.

Cuarto. O 25 de xuño de 2024, o secretario xeral para o Deporte, logo dos informes do xefe do Servizo de Deporte da Coruña, propuxo a estimación dos recursos de reposición, ao quedar acreditado que ambas as entidades emendaran en tempo e forma a solicitude de axuda.

Quinto. O 23 de setembro de 2024, a Comisión de Valoración realizou a valoración das solicitudes das entidades Club Náutico Deportivo de Santa Eugenia de Ribeira e Sporting Club Casino de La Coruña, obtendo o Club Náutico Deportivo de Santa Eugenia de Ribeira un total de 51 puntos e o Sporting Club Casino de La Coruña un total de 78 puntos.

Sexto. O 23 de setembro de 2024, o secretario xeral para o Deporte propuxo que, logo da estimación do recurso de reposición, se modifique a Resolución do 25 de setembro de 2023, para conceder unha subvención ás entidades Club Náutico Deportivo de Santa Eugenia de Ribeira e Sporting Club Casino de La Coruña, nos seguintes termos:

Solicitante

NIF

Obxecto da actuación

Orzamento da actuación

Axuda

Club Náutico Deportivo de Santa Eugenia de Ribeira

G15033152

Adecuación rampla acceso deportistas

4.781,92 €

3.825,54 €

Sporting Club Casino de La Coruña

G15006976

Reposición céspede artificial 5 pistas padel

39.446,00 €

25.000,00 €

Total

28.825,54 €

Sétimo. O 30 de setembro de 2024, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes resolveu estimar os recursos potestativos de reposición interpostos polo Club Náutico Deportivo de Santa Eugenia de Ribeira e polo Sporting Club Casino de La Coruña.

Consideracións legais e técnicas.

Primeira. De conformidade co disposto no artigo 21 da Orde do 6 de xuño de 2023 «As cantidades que resultaren sobrantes por causa de renuncia ou non presentación das xustificacións correspondentes por parte das entidades beneficiarias poderanse dedicar a subvencionar as entidades que presentaron en prazo solicitude de subvención ao abeiro desta orde, de acordo coa orde de prelación resultante da valoración efectuada pola Comisión de Valoración».

Segunda. De conformidade co disposto no artigo 3.5 da Orde do 12 de xuño de 2024, sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica e noutros órganos da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a competencia para ditar esta resolución de concesión de axudas é da persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte.

Terceira. A solicitude, a actuación que se desenvolverá obxecto da solicitude de subvención, as contías e os trámites do expediente axústanse ao establecido na devandita convocatoria e nas bases reguladoras.

Cuarta. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación no DOG producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada, sen prexuízo desta. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte.

Quinta. Con base na proposta formulada pola Secretaría Xeral para o Deporte do 23 de setembro de 2024, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, visto o informe emitido pola Intervención Delegada e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar a Resolución do 25 de setembro de 2023 pola que se resolven as solicitudes para a concesión das subvencións previstas na Orde do 6 de xuño de 2023, para conceder as subvencións que se relacionan a seguir:

Solicitante

NIF

Obxecto da actuación

Orzamento da actuación

Axuda

Club Náutico Deportivo de Santa Eugenia de Ribeira

G15033152

Adecuación rampla acceso deportistas

4.781,92 €

3.825,54 €

Sporting Cub Casino de La Coruña

G15006976

Reposición céspede artificial 5 pistas padel

39.446,00 €

25.000,00 €

Total

28.825,54 €

Segundo. As entidades beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, para comunicar a aceptación da subvención e das condicións contidas nela, ou ben para comunicar a renuncia á subvención concedida. Transcorrido o prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a subvención.

Terceiro. Segundo o artigo 6 da Orde do 6 de xuño de 2023, as entidades que resulten beneficiarias quedarán obrigadas a presentar o correspondente proxecto técnico e as autorizacións administrativas municipais e sectoriais oportunas, se a entidade e a complexidade das obras que se vaian executar o exixen.

Cuarto. Para a xustificación da subvención, segundo o artigo 18 da Orde do 6 de xuño de 2023, a entidade beneficiaria terá de prazo para executar as actuacións subvencionadas e presentar a correspondente xustificación, segundo a documentación establecida no referido artigo, ata o 31 de outubro de 2024.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Orde do 12.6.2024, DOG núm. 117, do 18 de xuño)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte