A Orde do 13 de outubro de 2023, publicada no DOG núm. 205, do 27 de outubro de 2023, regula o réxime da concesión directa de subvencións, por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de especialidades ou módulos formativos do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, ou de especialidades formativas do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal financiadas pola referida consellería, concretando, así mesmo, aquelas liñas formativas que quedan fóra do marco regulador da norma, como é o caso dos programas integrados de emprego, os obradoiros de emprego e as accións formativas financiadas con fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia.
O artigo 2.5 da dita orde establece que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.
Dado o elevado volume de solicitudes de bolsas e axudas presentadas e resoltas e coa finalidade de facer partícipes da subvención ao maior número de beneficiarios posibles, cómpre ampliar, con remanentes procedentes doutras ordes de convocatoria, o importe dos créditos destinados á concesión directa de bolsas e axudas para o alumnado desempregado participante nas referidas accións formativas.
Consecuentemente con todo o anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG núm. 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo único. Ampliación de crédito
Amplíase o importe total do crédito inicial de 9.360.000,00 €, destinado á concesión de bolsas e axudas reguladas ao abeiro do disposto na Orde do 13 de outubro de 2023, nas seguintes contías e con cargo á aplicación e proxecto que a seguir se indican:
|
Crédito |
Aplicación |
Proxecto |
Importe anualidade |
|
|
2023 |
2024 |
|||
|
Inicial |
44.03.323A.480.0 |
2013 00545 |
60.000,00 € |
800.000,00 € |
|
2021 00149 |
500.000,00 € |
8.000.000,00 € |
||
|
Total anual inicial |
560.000,00 € |
8.800.000,00 € |
||
|
Ampliación |
44.03.323A.480.0 |
2021 00149 |
0 |
1.250.000,00 € |
|
Total anual final (inicial + ampliación) |
560.000,00 € |
10.050.000,00 € |
||
|
Crédito total final (inicial + ampliación) |
10.610.000,00 € |
|||
Disposición derradeira. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2024
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
