DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2024 Páx. 55698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e se declaran, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unhas instalacións eléctricas nos concellos de Vilamarín e A Peroxa (expediente IN407A 2024/049-3).

Examinado o expediente instruído por solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. sobre as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública das instalacións eléctricas que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMT PRS811 no treito entre os apoios núm. 88 e núm. 88-12.

Situación: concellos de Vilamarín e A Peroxa.

Orzamento: 104.087,46 €.

Características principais do proxecto que foi asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, o 25.4.2024:

• Desmontaxe do treito da LMT PRS811 entre o apoio núm. 88-3 e o apoio núm. 88-7.

• Substitución, na LMT PRS811, dos apoios números 88-3, 88-7, 88-9 e 88-10, respectivamente, por novos apoios de celosía metálica, do tipo C-16/7000, C-16/4500, C-14/1000 e C-16/1000. Substitución do condutor existente entre os apoios proxectados núm. 88-7 e núm. 88-10 por 320 m de novo condutor LA-110 e entre o apoio proxectado núm. 88-7 e o apoio existente núm. 88-7-1 por 73 m de novo condutor LA-56.

• LMTS, a 20 kV, de 679 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe no paso A/S que se vai realizar no apoio proxectado núm. 88-3 da LMT PRS811 e final no paso A/S que se vai realizar no apoio núm. 88-8 da LMT PRS811.

A información pública do proxecto foi realizada mediante o Acordo deste departamento territorial do 9 de maio de 2024, que foi inserido no DOG do 5.6.2024 e no xornal La Región de Ourense do 14.6.2024. O proxecto tamén estivo en exposición pública neste departamento territorial e no portal de transparencia desta consellería durante o prazo regulamentario. Dentro do prazo establecido para iso non foron presentadas alegacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Que polo representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, se dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e as horas que a cada interesado se lle notifique de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo do acordo de información pública do proxecto.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 30 de setembro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense