Expediente: IN407A 2023/307-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: substitución do apoio 9U5RTM4C//13-1 da LMTA CBD803, LMTA cambio sección e nova LMTS CBD803.
Concello: Ribadumia.
Feitos:
1. O 27.5.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada substitución do apoio 9U5RTM4C//13-1 da LMTA CBD803, LMTA cambio sección e nova LMTS CBD803.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro eléctrico Rubén Fervenza Nicolás, colexiado 4684 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, no cal figura un orzamento total de 55.638,97 euros.
Unha vez examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións no lugar de Mamuela, na parroquia de Santa Baia de Ribadumia, no concello de Ribadumia (Pontevedra):
Substitución de 109 metros de condutor LA-30 por LA-110 entre os apoios 9U6WQMP5//13 e 9U5RTM4C//13-1 da liña de media tensión CBD803 (Ribadumia 3), así como o retensado dos vans adxacentes.
Substitución do apoio 9U5RTM4C//13-1 por un apoio de celosía tipo C-4500/14, no cal se instalará un XS. Este apoio será desprazado para retiralo da zona de servidume do río Umia.
Instalación dunha liña de media tensión subterránea (LMTS) de 363 metros desde o paso aéreo-subterráneo proxectado no apoio 9U8LMAMI/14 ata os empalmes proxectados no punto de acceso á rede existente no tramo LMTS CBD803-Ribadumia 3.
Desmontaxe do tramo de LMTS entre os empalmes proxectados no punto de acceso á rede existente no tramo LMTS CBD803-Ribadumia 3 e o apoio 9UCCTJE6//17.
2. Este departamento territorial solicitoulles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Ribadumia, Augas de Galicia, o Servizo de Infraestruturas Agrarias e o Servizo de Urbanismo.
No seu informe o Servizo de Urbanismo recolle que as obras proxectadas non afectan ningún ámbito de competencia do seu servizo.
Os demais organismos non emitiron os condicionados técnico. En consecuencia, enténdese a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.
3. Como non foi posible efectuarlles a notificación ás persoas titulares das parcelas afectadas, publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 27.9.2023 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 30.9.2023, co fin de realizar a notificación por comparecencia.
4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 15.9.2023, publicada nos seguintes medios:
DOG (Diario Oficial de Galicia): 6.10.2023.
Xornal Faro de Vigo: 16.2.2024.
Taboleiro de anuncios do Concello de Ribadumia.
Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
Consideracións legais e técnicas:
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110, de 109 metros de lonxitude, con orixe no apoio 9U6WQMPT/13 da LMTA CBD803 e final no apoio 9U5RTM4C//13-1, o cal se substitúe por un apoio C-4500/14.
Retensado dos vans contiguos ao apoio proxectado C-4500/14 (96 metros de condutor LA-110 e 35 metros de LA-56).
Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 363 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9U8LMAMI//14, mediante un paso aéreo-subterráneo, e final nos empalmes proxectados no punto de acceso á rede existente no tramo LMTS CBD803-Ribadumia 3.
A instalación está situada no lugar de Mamuela, na parroquia de Santa Baia de Ribadumia, no municipio de Ribadumia (Pontevedra).
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Outorgarlle á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Substitución do apoio 9U5RTM4C//13-1 da LMTA CBD803, LMTA cambio sección e nova LMTS CBD803, expediente IN407A 2023/307-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 21 de outubro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados, Concello de Ribadumia
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio m2 |
Afeccións |
|
|
ml aér. |
m2 aér. |
||||||
|
1 |
Pasais-Requeixo |
Rústico |
36046D507010960000PK |
Descoñecido/a |
20,00 |
94,00 |
|
|
2 |
Pasais-Requeixo |
Rústico |
36046D507110970000PH |
Descoñecido/a |
2,00 |
36,00 |
385,00 |
