Expediente: IN407A 2022/340-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS SDM701 e substitución CTI Herville de Arriba por CTC.
Concello: Mos.
Feitos.
1. O 25.8.2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS SDM701 e substitución CTI Herville de Arriba por CTC.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598, do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e no que figura un orzamento total de 52.518,16 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións no camiño Sobreiro, na parroquia de Cela, no concello de Mos (Pontevedra):
Retirada do centro de transformación intemperie Herville de Arriba (36A607) de 160 kVA, situado no apoio A10MOFCH.
Instalación dun novo centro de transformación compacto de manobra exterior 2L1P TC TG de 250 kVA en envolvente prefabricada de formigón, que se conectará ao tramo aéreo SDM7012616 a través dun paso aéreo subterráneo no apoio A10MOFCH.
Instalación dunha liña de media tensión subterránea (LMTS) de 51 metros para alimentar o centro de transformación proxectado.
2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Mos, a Agencia Estatal de Seguridad Aérea (AESA), o Servizo de Montes e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.
O Servizo de Montes manifestou que a proposta non conta con incidencia sobre o solo de competencia dese servizo.
3. Mediante un escrito do 6.9.2022 este departamento territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica á única persoa que figura afectada pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.
4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución do 6.9.2022, publicada nos seguintes medios:
DOG (Diario Oficial de Galicia): 30.9.2022.
Xornal Faro de Vigo: 22.9.2022.
Taboleiro de anuncios do Concello de Mos, desde o 7.9.2022 ata o 21.10.2022, segundo o certificado emitido polo propio concello.
Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
5. O 19.10.2022, Alcira Lucila Domínguez Martínez achegou un escrito de alegacións no que destaca que a afección na parcela condiciona a construción dunha vivenda e suxire que se instale o centro de transformación na parcela con referencia catastral 36033A076000220001DR.
6. As alegacións presentadas foron trasladadas á empresa promotora que contestou que a parcela 36033A076000320001DZ ten unha superficie de 125 m2 e debido a esas dimensións non se pode edificar, sendo a localización elixida para o centro de transformación a máis técnica e economicamente viable.
7. Os servizos técnicos deste departamento territorial, á vista da documentación contida no expediente analizaron todas as alegacións presentadas, e emitiron o correspondente informe, concluíndo que non se presentan obxeccións para que se poida continuar co trámite da declaración de utilidade pública da instalación eléctrica proxectada para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento de acordo co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
Con relación ao recoñecemento en concreto de utilidade pública destas instalacións e de acordo coa normativa, será necesario que a empresa interesada o solicite, e inclúa unha relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que o solicitante considere de necesaria expropiación. No caso que nos ocupa a empresa distribuidora solicita a declaración de utilidade pública e entrega a relación de bens e dereitos afectados (RBDA).
Respecto dos trazados alternativos propostos, non se xustifica por parte do alegante o cumprimento conxunto dos puntos do artigo 161 «Limitacións á constitución de servidume de paso» do Real decreto 1955/2000.
Con relación aos prexuízos ocasionados, informan que poderá poñer de manifesto na presentación da folla de valoración que requirirá este departamento territorial. Ademais, nese momento, o titular concretará o valor en que considere o obxecto que se expropia, tal como se indica no artigo 30 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre a expropiación forzosa.
Consideracións legais e técnicas.
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación a este expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro,de réxime xurídico do sector público.
– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 51 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo proxectado no apoio existente HV-1000/13, con matrícula A10MOFCH, da LMT SDM701, e final no centro de transformación proxectado en substitución do centro de transformación intemperie Herville de Arriba.
Centro de transformación compacto telecontrolado a 250 kVA, con R.T. 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36033A076000320001DZ.
A instalación está situada no camiño do Sobreiro, Cela, no municipio de Mos (Pontevedra).
4. Con respecto ás alegacións presentadas, visto o contido destas, as respostas do promotor e o informe dos servizos técnicos deste departamento territorial, exponse:
Respecto da declaración de utilidade pública, no sistema regulador do sector eléctrico a declaración de utilidade pública require basicamente dous requisitos: a xustificación da necesidade da instalación de que se trate, o que leva implícita a súa utilidade pública; e a determinación dos bens e dereitos cuxa expropiación afecta. A propia distribuidora acompaña unha relación de bens e dereitos afectados e pon de manifesto que na zona hai que mellorar a calidade de subministración. A calidade do servizo é unha obrigación das empresas distribuidoras.
Con relación ao prexuízo que causa a instalación das infraestruturas eléctricas proxectadas, cabe sinalar que, unha vez iniciado o procedemento expropiatorio, as persoas interesadas serán informadas do trámite de levantamento de acta previa á ocupación. Nese momento, de forma concreta, por unha parte débese describir e delimitar o obxecto de expropiación e, por outro lado, débense describir as afeccións concretas que comporta a expropiación.
De todas as maneiras, poderase poñer de manifesto a perda de valor da parcela na presentación da folla de valoración, momento no cal o titular concretará o valor que considere como se indica no artigo 29 e seguintes da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre a expropiación forzosa.
Ademais, o artigo 23 da Lei de expropiación forzosa permítelle ao propietario solicitar da Administración, nos casos de expropiación parcial dunha parcela e cando, como consecuencia diso, resulte antieconómica a conservación do resto da parcela non expropiada, que a expropiación comprenda a súa totalidade.
Respecto dos trazados propostos pola alegante, estes carecen da necesaria concreción, como queira que non permite calibrar cal é o orzamento das actuacións, as súas medidas reais, a porcentaxe da modificación ou se existen outros predios afectados non previstos inicialmente. En definitiva, a proposta non queda debidamente concretada desde un punto de vista económico e técnico, nin se acredita nela que cumpre os tres condicionamentos exixidos polo citado artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS SDM701 e substitución CTI Herville de Arriba por CTC, expediente IN407A 2022/340-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e logo da súa posta en servizo, co fin de garantir que, en todo momento, se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento, se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado dirección final de obra no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e as prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 23 de outubro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados - Concello de Mos
|
Nº |
Lugar |
Clase |
Referencia catastral |
Titular |
CT m2 |
Afeccións |
|
|
ml sub. |
m2 sub. |
||||||
|
1 |
Cruces |
Urbana |
36033A076000320001DZ |
Alcira Lucila Domínguez Martínez |
16,81 |
2,00 |
8,20 |
