DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2024 Páx. 60946

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 5 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2024 (código de procedemento CT200A).

O 17 de setembro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia, número 179, a Orde do 5 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2024 (código de procedemento CT200A).

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, nos artigos 4 a 8 da orde determínanse os requisitos e a documentación necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para determinar o cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 12 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 16 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento de emenda de solicitudes ditado polo órgano instrutor do procedemento o 12 de novembro de 2024, en que se relacionan as entidades que deben emendar a solicitude e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, consideraranse desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2024

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

Convocatoria: Orde do 5 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2024 (código de procedemento CT200A).

Acto administrativo: requirimento de emenda de solicitudes na Orde do 5 de setembro de 2024.

Data do acto: 12 de novembro de 2024.

Órgano competente: Instituto da Xuventude de Galicia.

Efectos: as entidades solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, consideraranse desistidas na súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Relación de expedientes:

Núm. expediente

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

2024/037

Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer, Fagal

G15656739

– Anexo IV: detallar os distintos investimentos (punto 9) e presentar os orzamentos da casa subministradora (art. 8.1.h).1.3.2)

2024/074

Asociación Viraventos

G70136429

– Anexo II: o número de actuacións presentadas na liña II supera o establecido na orde de convocatoria (art. 5.2.b.2º) e o orzamento solicitado non coincide co reflectido nos anexos III

– Revisar anexo III, programa Sinerxia, por ser contraditorio o orzamento solicitado indicado nos puntos 10 e 11

– Revisar anexo III, programa Shiriki, por ser contraditorio o orzamento solicitado indicado nos puntos 10 e 11 e os cálculos do punto 11

– Presentar anexo V: tendo en conta a contradición existente entre os dous que achegaron coa solicitude

2024/075

Asociación Ecos do Sur

G15354483

– Anexo II: revisar o importe da actuación da liña IV por non coincidir co indicado no anexo IV.

– Anexo III, programa Soberanía dixital no punto 12: revisar a desagregación dos gastos de persoal por non coincidir co reflectido no punto 11 (A)

Anexo III, programa Daar no punto 12: revisar a desagregación dos gastos de persoal por non coincidir co reflectido no punto 11 (A)

2024/090

Asociación O Son do Pobo

G94017704

– Revisar anexo II: o número das actuacións presentadas na liña IV supera o establecido na orde de convocatoria (art. 5.2.d.1º)

Presentar:
– Anexos III (art. 8.1.a)

– Anexo IV (art. 8.1.b) e documentación acreditativa (art. 8.1.h)

– Estatutos debidamente legalizados (art. 8.1.d)

– Documentación acreditativa de representatividade (art. 8.1.e)

2024/095

Federación Centros Xuvenís Don Bosco

G15450828

- Presentar anexo IV (art. 8.1.b)

2024/99

Asociación Xuvenil Cultural Staccato

G36592582

– Presentar:

– Liña I: anexo III (art. 8.1.a)

– Liña III: anexo IV e orzamento da empresa provedora (art. 8.1.b)

– Anexo V debidamente cuberto e asinado (art. 8.1.c)

2024/100

Asociación de Caridade Santiago Apóstol

G36204931

Presentar:

– Anexo IV (art. 8.1.b) e documentación acreditativa (art. 8.1.h)

– Estatutos debidamente legalizados (art. 8.1.d)

– Documentación acreditativa de representatividade (art. 8.1.e)