Expediente: IN407A 2023/292-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: regulamentación LMTA VIM802, apoio nº 64-66-4.
Concello: Zas.
Feitos:
1 O día 12.6.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de mellorar as condicións de mantemento e explotación da liña de distribución de media tensión LMT VIM802 (Cog. Dermont-Olveira, expediente 34.857) procedente da subestación Vimianzo, no lugar de Pudenza, concello de Zas, proxéctase o soterramento dun tramo aéreo da liña antedita, instálase unha liña soterrada e desmantélase o tramo aéreo correspondente.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Regulamentación LMTA VIM802, apoio nº 64-66-4, asinado o día 24.5.2022 por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial, nº de colexiado 1534 de Galicia; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 15.9.2023.
• BOP: 31.8.2023.
• Xornal La Voz de Galicia: 19.9.2023
• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 2.2.2024.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Zas. Non consta no expediente, a día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado.
5. O día 3.10.2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Pudenza, concello de Zas, e as súas características técnicas son as seguintes:
• LMTS a 20 kV, de 186 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio nº 64-66-4 proxectado tipo C-2000/14 con autoválvulas e fin de liña, que se vai intercalar na da derivada ao CTI Pudenza (15XHR6, IN407A 2016/2925-1) da LMT VIM802 (Cog. Dermont-Olveira, expediente 34.857) procedente da Subestación Vimianzo, e remate no apoio nº 64-66-5 onde está o CT Pudenza e en que se instalará un PA/S. Tramo canalizado en gabia de dimensións 0,40 metros de ancho e 1,00 metros de profundidade, aloxado no interior dun tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro, e instálase outro tubo das mesmas características que o anterior a modo de reserva.
• Desmantelamento tramo LMTA a 20 kV, de 162 m, condutor tipo LA-30 Al, coa orixe no apoio nº 64-66-4 proxectado e remate no CTI Pudenza. Retensado de tramo coa orixe no apoio nº 64-66-3 existente e remate no apoio nº 64-66-4 proxectado.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 28 de outubro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Regulamentación LMTA VIM-802, apoio nº 64-66-4
|
Nº |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Nome |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
||
|
CT/Nº do apoio |
Superf. (m2) |
Lonx. (m) |
Superf. (m2) |
||||
|
1 |
O Pinal 15094A506050360000RD |
Prado |
Matilde Santos Amigo |
Novo apoio nº 64-66-4 |
2 |
3 |
9 |
