DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2024 Páx. 61793

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2024 pola que se nomean os membros do Comité de Autoridades Competentes da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa.

O artigo 36 bis do texto refundido da Lei de augas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, prevé a creación dos comités de autoridades competentes para garantir a adecuada cooperación na aplicación das normas de protección das augas.

Consonte esta previsión legal, a disposición adicional sexta do Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, crea o Comité de Autoridades Competentes da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa, que se adscribe á consellería da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de augas.

Segundo o previsto no número 4 da disposición adicional sexta do Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, o Comité de Autoridades Competentes da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa estará integrado pola Presidencia de Augas de Galicia, por tres representantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia: un proposto pola consellería competente en materia de augas, outro pola consellería competente en materia de pesca e outro proposto pola consellería competente en materia de Administracións públicas, por dous representantes das entidades locais do ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa, propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias, e por un representante proposto pola Administración xeral do Estado.

O 3 de xullo de 2013, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 21 de marzo de 2013, da Presidencia de Augas de Galicia, pola que se nomean os membros do Comité de Autoridades Competentes da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa.

Tendo en conta o tempo transcorrido desde o nomeamento dos membros do Comité, e unha vez recibidas as propostas de membros representantes realizadas polas distintas administracións afectadas, procede realizar un novo nomeamento dos membros do dito comité.

Por todo isto, en virtude do establecido no número 6 da disposición adicional sexta do Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro,

DISPOÑO:

Primeiro. Deixar sen efecto os nomeamentos de vogais titulares e suplentes do Comité de Autoridades Competentes da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa efectuado pola Resolución do 21 de marzo de 2013, da Presidencia de Augas de Galicia.

Segundo. Nomear como vogais titulares e suplentes do Comité de Autoridades Competentes da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa as persoas titulares dos postos que se indican:

1. A persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, como titular, e a persoa titular da Vicesecretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, como suplente.

2. A persoa titular da Subdirección Xeral de Investigación e Apoio Científico-Técnico da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, como titular, e a persoa titular da Xefatura do Servizo de Planificación da Subdirección Xeral de Investigación e Apoio Científico-Técnico da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, como suplente.

3. A persoa titular da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, como titular, e a persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, como suplente.

4. A persoa titular da Alcaldía do Concello de Betanzos, como titular, e a persoa titular da Alcaldía do Concello de Gondomar, como suplente.

5. A persoa titular da Área de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais da Deputación Provincial da Coruña, como titular, e a persoa titular da Área de Política Social, Educación e Mocidade da Deputación Provincial da Coruña, como suplente.

6. A persoa titular da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, como titular, e a persoa titular da Xefatura da Oficina de Planificación Hidrolóxica da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, como suplente.

Nos supostos de ausencia, vacante ou enfermidade, a Presidencia do Comité corresponderalle á persoa titular da Dirección de Augas de Galicia.

Terceiro. Esta resolución producirá efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2024

Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta de Augas de Galicia