En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 4 de novembro de 2024, adoptou a seguinte resolución:
Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Encina, Pedra Blanca, Pena Belido e Cabalo Pandado (ampliación), a favor da CMVMC do Porto e do Real, no concello de Rubiá, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. Con data do 22 de febreiro de 2023 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da CMVMC do Porto e do Real, no que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Encina, Pedra Blanca, Pena Belido e Cabalo Pandado (ampliación).
Segundo. Con data do 9 de abril de 2024, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, e designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións ás que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.
Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentara ningunha.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:
Nome do monte: Encina, Pedra Blanca, Pena Belido e Cabalo Pandado (ampliación).
Superficie: 43,51 ha.
Pertenza: CMVMC do Porto e do Real.
Parroquia: O Porto (San Cristovo) e A Veiga de Cascallá (Santa Cruz).
Concello: Rubiá.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio único:
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Linderos |
Referencia catastral |
|
32074A03604854 |
Norte |
32074A03609040 32074A03603556 32074A03603551 32074A03603550 32074A03603548 32074A03603477 32074A03603479 32074A03603476 32074A03603472 32074A03603474 32074A03603475 32074A03603473 32074A03603484 32074A03603469 32074A03603468 32074A03603467 32074A03603466 32074A03603462 32074A03603456 32074A03603443 32074A03603448 32074A03605075 32074A03603523 32074A03603251 32074A03603164 |
|
32074A03603161 32074A03603159 32074A03603160 32074A03603152 |
||
|
Leste |
32074A03603132 32074A03604976 32074A03603122 32074A03603121 32074A03603115 32074A03603117 32074A03603116 32074A03603107 32074A03603114 32074A03603111 32074A03603112 32074A03603113 32074A03600815 32074A03600816 32074A03600817 32074A03600818 32074A03600819 32074A03600820 32074A03600821 |
|
|
Sur |
32074A03604712 32074A03604916 32074A03602434 32074A03602435 32074A03600579 32074A03604997 32074A03604736 32074A03602428 32074A03604882 32074A03600550 32074A03609072 32074A03602426 32074A03602425 32074A03602438 32074A03602437 32074A03602424 32074A03604987 32074A03602442 32074A03602423 32074A03602433 32074A03602447 32074A03602448 32074A03602431 32074A03602432 32074A03604883 32074A03604670 32074A03604686 32074A03604684 32074A03605044 32074A03604689 |
|
|
32074A03604922 32074A03600553 |
||
|
Oeste |
32074A03600578 32074A03600603 32074A03600580 32074A03602288 32074A03602286 32074A03602287 |
|
|
Encravados |
32074A03602430 32074A03602444 32074A03602436 32074A03602445 32074A03602440 32074A03602446 32074A03602443 32074A03602449 |
|
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Encina, Pedra Blanca, Pena Belido e Cabalo Pandado (ampliación), a favor da CMVMC do Porto e do Real, no concello de Rubiá, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 18 de novembro de 2024
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
