De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta Administración, e de acordo co establecido no punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a resolución de comunicación e requirimento definitivo para o cumprimento do deber de xestionar a biomasa na relación de parcelas con referencia catastral que se detallan na táboa, que na súa parte dispositiva establece:
Primeiro. Non procede a estimación ou desestimación de ningunha alegación posto que, segundo consta no certificado expedido para o efecto pola Secretaría, non se presentaron alegacións en referencia ao cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas dos seguintes inmobles/parcelas desta localidade que se sinalan no anexo I.
Segundo. Efectuar comunicación definitiva para lembrar ao responsable o cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas dos seguintes inmobles/parcelas desta localidade, sinalados no anexo I
ANEXO I
|
Ref. catastral/expediente |
Localización |
Superficie parcela |
Superficie afectada |
Rede de defensa contra incendios |
Persoa responsable |
|
36025A005009030000GM (parcialmente) Expediente 325/2024 |
Brexiña-A Lama |
0,2059 ha |
0,1484 ha |
Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Santiago Martínez Carballal |
|
36025A025010950000GT Expediente 347/2024 |
Cambeses, 30, Barcia do Seixo |
0,0129 ha |
0,0129 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
En investigación |
|
36025A003000060000GU Expediente 378/2024 |
Cruceiro-Verducido |
0,1429 ha |
0,1429 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
En investigación |
|
36025A016010350000GB Expediente 384/2024 |
Barbeira de Arriba-Covelo |
0,0667 ha |
0,0667 ha |
Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Hros. Valerio Covelo Tomé |
|
36025A034000380000GG Expediente 403/2024 |
A Moa-Antas |
0,0476 ha |
0,0476 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Gerardo Perdiz Francisco |
|
36025A012000990000GQ Expediente 417/2024 |
Brexiña núm. 48, A Lama |
0,0573 ha |
0,0573 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Leocadia Cha Añeiros |
|
36025A020010230000GM Expediente423/2024 |
Antas núm. 28, Antas |
0,0381 ha |
0,0381 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Hros. Enrique Manuel Cabaleiro Rodríguez |
|
36025A020002180000GI Expediente 423/2024 |
Lg. Antas-Antas |
0,0191 ha |
0,0191 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Fernando Barreiro Durán |
Terceiro. Cando non consten datos recentes no Concello sobre a titularidade do dereito de aproveitamento dos terreos denunciados, consideraranse responsables as persoas que figuren como titulares no Catastro inmobiliario.
Cuarto. O informe da técnica municipal emitido tras o prazo de alegacións ratifica o emitido inicialmente, apreciando, entre outras, as seguintes deficiencias:
«A parcela denunciada conta con extracto arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión, incumprindo deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación».
Quinto. Fixar o prazo de quince días naturais (contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da comunicación definitiva tras o trámite de audiencia ou da publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado tras o trámite de audiencia, para que o responsable realice as actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Sexto. Transcorrido o devandito prazo, que os servizos técnicos municipais realicen unha visita de comprobación e emitan informe respecto diso para verificar a execución por parte do interesado das actuacións materiais descritas.
Sétimo. Apercibir o responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas de que, se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello procederá, sen máis trámites, á súa execución subsidiaria.
Lembrar ao responsable a obriga que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.
Oitavo. Determinar que, segundo a valoración técnica, a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:
|
Núm. expediente |
Referencia catastral |
Superficie afectada |
Liquidación provisional |
|
225/2024 |
36025A005009030000GM (parcialmente) |
0,1484 ha |
478,84 € |
|
347/2024 |
36025A025010950000GT |
0,0129 ha |
38,40 € |
|
378/2024 |
36025A003000060000GU |
0,1429 ha |
377,63 € |
|
384/2024 |
36025A016010350000GB |
0,0667 ha |
149,94 € |
|
403/2024 |
36025A034000380000GG |
0,0476 ha |
107,01 € |
|
417/2024 |
36025A012000990000GQ |
0,0573 ha |
128,81 € |
|
423/2024 |
36025A020010230000GM |
0,0381 ha |
85,65 € |
|
423/2024 |
36025A020002180000GI |
0,0191 ha |
42,94 € |
Advírtese que, no caso de persistir no incumprimento tras o transcurso do prazo de quince días concedido, procederase á exacción do importe a que ascende a liquidación provisional.
Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda una vez finalizados, de ser o caso, os traballos de execución subsidiaria.
Noveno. Advertir que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador.
Así mesmo, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.
Décimo. Notificar a presente resolución da comunicación e requirimento definitivo aos interesados.
Con todo, contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa ou indirectamente, o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar o procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderán interpor recurso potestativo de reposición, que caberá fundar en calquera dos motivos de nulidade e anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpor recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).
Así mesmo, e de conformidade co disposto nos artigos 64 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio dáselles un prazo de dez días para que se presenten nas dependencias deste Concello e examinen o expediente, para os efectos de que poidan alegar e achegar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
A Lama, 4 de decembro de 2024
David Carrera Cal
Alcalde presidente
