De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta administración, e de acordo co establecido no punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento da obriga de xestionar a biomasa na relación de parcelas con referencia catastral que se detallan, que na súa parte dispositiva establece:
Primeiro. Estimar a alegación presentada por DNI 76787799E en referencia ao cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade, que pon en coñecemento desta administración que a parcela con referencia catastral 36025A003000180000GL localizada no Lugar. de Cruceiro-Verducido non é propiedade da súa nai.
Segundo. Efectuar comunicación para lembrar aos responsables o cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas dos seguintes inmobles/parcelas desta localidade:
|
Referencia catastral |
36025A003000180000GL |
|
Localización |
Lg. Cruceiro-Verducido |
|
Superficie parcela |
746,00 m2 = 0,0746 ha |
|
Superficie afectada |
746,00 m2 = 0,0746 ha |
|
Rede de defensa contra incendios |
Asimilable a rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Terceiro. Posto que no constan no concello datos recentes sobre a titularidade do dereito de aproveitamento dos terreos denunciados, procedese a considerar responsables as persoas que figuren como titulares no Catastro inmobiliario.
Porén, segundo a alegación presentada en que se pon en coñecemento que a titular catastral da parcela non é a propietaria da parcela con referencia catastral 36025A003000180000GL, o concello, ao non dispor doutros datos recentes sobre a titularidade do dereito de aproveitamento dos terreos denunciados, tramitará o expediente como se se tratase dunha persoa responsable descoñecida e procederase segundo o descrito no alínea c) do punto oito da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de xeito que a notificación se practicará directamente mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, así como no taboleiro de anuncios do Concello segundo o indicado no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Cuarto. De acordo cos informes técnicos municipais, emitidos con data do 22.8.2024 e con data do 28.10.2024, apreciáronse, entre outras as seguintes deficiencias:
A parcela denunciada conta con extracto arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión, incumprindo deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación.
Igualmente, a parcela denunciada conta con extracto arbóreo (frondosas caducifolias), en parte da súa extensión, incumprindo deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda ao clareo coa formación de masas mixtas distanciadas 7 metros entre si e a poda dos arbores <11,4m de altura ata 1/3 da súa altura e dos arbores >11,4m de altura ata 4 metros da súa altura.
Quinto. Fixar o prazo de quince días naturais (contados desde o día seguinte á recepción da notificación da comunicación definitiva tras o trámite de audiencia ou á publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado tras o trámite de audiencia), para que proceda, o responsable, á realización das actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Sexto. Transcorrido devandito prazo, que os servizos técnicos municipais realicen a visita de comprobación e emitan informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do interesado.
Sétimo. Apercibir o responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas de que, se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o concello procederá, sen máis trámites, á execución subsidiaria destas.
Lembrar ao responsable a obriga que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.
Oitavo. Determinar que, segundo valoración técnica, a liquidación provisional dos custos aos que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:
|
Nº Expediente |
Referencia catastral |
Hectáreas afectadas pola execución |
Liquidación provisional |
|
378/2024 |
36025A003000180000GL |
0,1883 ha |
167,70 € |
Coa advertencia de que, en caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, procederase á exacción do importe a que ascende a liquidación provisional.
Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda una vez finalizados, de ser o caso, os traballos de execución subsidiaria.
Noveno. Advertir que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador.
Así mesmo, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da talla das especies arbóreas que deban ser retiradas.
Décimo. Notificar a presente resolución aos interesados para que, no prazo de dez días, poidan examinar o expediente, formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes. Recibidas as alegacións ou transcorrido o prazo de audiencia outorgado, a Alcaldía formulará comunicación definitiva ao responsable, co contido sinalado no punto sétimo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, en que se lle lembrarán as mencionadas obrigas incumpridas e concederáselles para cumprilas un prazo máximo de quince días naturais.
O que se comunica para o seu coñecemento e efectos, de conformidade co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, advertíndose que se trata dun acto de trámite e como tal non procede a interposición de recursos contra o mesmo.
Porén, contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa ou indirectamente, o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar o procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpor o recurso potestativo de reposición, que caberá fundar en calquera dos motivos de nulidade e anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpor recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes, desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).
Así mesmo, e de conformidade co disposto no artigo 64 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente dáselle un prazo de dez días para que se presente nas dependencias deste concello e examine o expediente para os efectos de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes.
A Lama, 4 de decembro de 2024
David Carrera Cal
Alcalde presidente
