DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 31 de decembro de 2024 Páx. 69204

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

DECRETO 198/2024, do 27 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

A Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, no seu artigo 12 dispón que a oferta de emprego público, ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal, se adaptará aos límites e aos restantes requisitos que se establezan na normativa básica estatal e, e en particular, no referente á taxa de reposición de efectivos, respectando, en todo caso, as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I dos correspondentes orzamentos de gastos.

De acordo co disposto no artigo 20.Un da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, que se encontra prorrogada, a incorporación de persoal de novo ingreso cunha relación indefinida no sector público levarase a cabo a través da oferta de emprego público, como plasmación do exercicio da planificación nun marco plurianual.

Neste mesmo artigo 20.Dous fíxanse diferentes taxas de reposición: establécese unha taxa do 120 por cento para os sectores prioritarios e unha taxa do 110 por cento para os demais sectores. Prevese, ademais, que cada Administración poderá autorizar con carácter extraordinario unha taxa específica co fin de dar cumprimento ao obxectivo previsto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución de temporalidade no emprego público, e evitar que a temporalidade supere o 8 % na Administración.

Así mesmo, o dito precepto inclúe, entre outros, como sectores prioritarios: o control e loita contra a fraude fiscal, laboral, de subvencións públicas e control da asignación eficiente dos recursos públicos; o asesoramento xurídico e a xestión dos recursos públicos; a cobertura das prazas correspondentes ao persoal dos servizos de prevención e extinción de incendios; as prazas do persoal que presta asistencia directa á cidadanía nos servizos sociais e servizos de transporte público, así como as prazas de seguridade e emerxencias, as relacionadas coa atención á cidadanía nos servizos públicos e xestión de prestacións e políticas activas en materia de emprego; prazas de seguridade e emerxencias; prazas de persoal que realiza unha prestación directa aos usuarios do servizo de transporte público; e persoal que preste servizos na área das tecnoloxías da información e as comunicacións.

Igualmente, o disposto no artigo 20.Dous e tres da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, resulta de aplicación ás sociedades mercantís públicas e entidades públicas empresariais, fundacións do sector público e consorcios participados maioritariamente polas administracións e organismos que integran o sector público, segundo as disposicións adicionais vixésimo primeira, vixésimo segunda e vixésimo terceira da dita lei.

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no seu artigo 48 establece os criterios xerais en que se debe enmarcar a oferta de emprego público, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas. Esta oferta concíbese como un instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, en que deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

A oferta de emprego público para o ano 2024 inclúe prazas por acceso libre que figuran no anexo I. Para determinar a taxa de reposición tívose en conta o número de xubilacións, falecementos, renuncias, excedencias sen reserva de posto de traballo, altas e baixas producidas polos concursos de traslados a outras administracións e reingresos producidos durante o ano 2023; non computan na taxa de reposición, tal e como indica o artigo 20.Tres, punto 4, da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, as prazas que se convocan para a súa provisión mediante procesos de promoción interna nin os cesamentos derivados dos ditos procesos.

Por outra banda, a oferta de emprego público é un instrumento de planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo a consecución da eficacia na prestación dos servizos públicos e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dispoñibles.

Neste sentido, merece especial mención a promoción interna como unha das medidas derivadas da planificación dos recursos humanos, que deberá ser facilitada pola Administración como vía para a adquisición das correspondentes competencias e como requisito necesario para a progresión na carreira profesional desde niveis inferiores aos superiores.

Neste decreto de oferta para o ano 2024 inclúese unha promoción interna separada para o persoal funcionario dos corpos xerais con convocatorias independentes das de acceso libre. Tamén se recollen prazas de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estivese a realizar funcións ou desempeñase postos de traballo de persoal funcionario, ou pasase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os devanditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna. Así mesmo, inclúense prazas de promoción para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co previsto na disposición adicional décimo sétima da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Con respecto á reserva da cota para persoas con discapacidade, na oferta de emprego público resérvase unha porcentaxe do 11,09 % das vacantes, que se distribuirá segundo se establece nos anexos de prazas obxecto desta oferta. A reserva do 11,09 % indicado realizarase de xeito que o 2,24 % das prazas ofertadas sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 8,85 %, para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Conforme os artigos 13.2.g) e 14.2.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia aprobar a oferta de emprego público por proposta da consellería competente en materia de función pública. Así mesmo, o artigo 12.Cinco da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, exixe o informe favorable da Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico.

Neste marco e tendo en conta os postos de traballo vacantes, cómpre aprobar a oferta de emprego público para o ano 2024 relativa ao persoal funcionario de corpos e escalas da Administración xeral, especial e categorías de persoal laboral, e establecer os criterios en que debe enmarcarse esta oferta, de conformidade co previsto no artigo 12 da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, así como no artigo 20 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023.

Na súa virtude, tras seren negociados os criterios xerais desta oferta de emprego público coas organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, logo do informe da Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico e da Comisión de Persoal, e de conformidade co establecido no artigo 13.2.g) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de decembro de dous mil vinte e catro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Aprobación da oferta de emprego público

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro; no artigo 20 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, así como no artigo 12 da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, apróbase a oferta de emprego público correspondente a distintos corpos e escalas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e categorías de persoal laboral para o ano 2024, nos termos que se establecen neste decreto.

Artigo 2. Cuantificación da oferta de emprego público

1. O anexo I recolle as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deben proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso con cargo á taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2024.

2. O anexo II recolle as prazas que se ofertan de promoción interna, cuxos procesos selectivos se realizarán en convocatorias independentes das ordinarias de novo ingreso.

3. O anexo III recolle as prazas que se ofertan de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma que van ser obxecto dun proceso de funcionarización, nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

4. O anexo IV recolle as prazas que se ofertan de promoción para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, nos termos sinalados na disposición adicional décimo sétima da Lei 2/2015, do 29 de abril.

5. O anexo V recolle as prazas de persoal laboral de entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Artigo 3. Promoción interna independente

1. Co obxecto de fomentar a promoción interna, ofértanse as prazas que se detallan no anexo II do presente decreto para persoal funcionario de carreira polo sistema de concurso-oposición. Os procesos selectivos de promoción interna levaranse a cabo en convocatorias independentes das de novo ingreso e para o persoal funcionario será de aplicación o previsto no artigo 80 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

2. Realizarase unha promoción interna separada para permitir que o persoal funcionario dos corpos da Administración xeral, excluídas as escalas, poida promover ao grupo inmediato superior, sempre e cando posúa a titulación necesaria, prestase servizos efectivos durante polo menos dous anos como persoal funcionario no corpo do grupo de titulación inmediatamente inferior ao do corpo a que pretende acceder, reúna os requisitos exixidos na convocatoria e supere as probas que para cada caso estableza a consellería competente en materia de función pública.

3. Non obstante o anterior, no proceso de promoción interna para o acceso ao corpo superior da Administración xeral (subgrupo A1) tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da escala de inspectores/as de consumo (subgrupo A2) e da escala de inspección turística (subgrupo A2), e no proceso de promoción interna para o acceso ao corpo auxiliar, subgrupo C2, poderán participar as escalas pertencentes á agrupación profesional.

4. Para os funcionarios do corpo administrativo da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección de consumo, realizarase unha promoción interna separada para permitir que este persoal funcionario poida promover ao corpo de xestión da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de inspectoras e inspectores de consumo, sempre e cando posúa a titulación necesaria, teña prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como funcionario/a de carreira no corpo administrativo da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección de consumo, reúna os requisitos exixidos na convocatoria e supere as probas que para cada caso estableza a consellería competente en materia de función pública.

5. Ás persoas aspirantes dos corpos da Administración xeral que superen o proceso de promoción interna adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñan desempeñando con carácter definitivo, sempre que estivese aberto ao corpo do grupo de titulación a que se acceda e figure na relación de postos de traballo aberto á Administración xeral; quedan excluídos, expresamente, os postos que só estean abertos a escalas.

No caso de que o/a aspirante ocupe un posto con carácter definitivo que non estivese aberto ao corpo do grupo de titulación a que se acceda, ofertaráselle na elección de destino unha vacante aberta ao grupo de titulación ao cal accedeu por promoción interna, que poderá ser de nivel superior ao nivel mínimo do grupo, no caso de que non haxa vacantes deste nivel.

6. Aos aspirantes da escala de axentes de inspección de consumo que superen o proceso de promoción interna adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñan desempeñando con carácter definitivo, sempre que poida ser ocupado por un/unha funcionario/a da escala de inspectoras e inspectores de consumo de acordo coa relación de postos de traballo.

No caso de que o/a aspirante ocupe un posto con carácter definitivo que non estivese aberto á escala de inspectoras e inspectores de consumo, ofertarase na elección de destino unha praza vacante aberta a esa escala.

Artigo 4. Promoción interna para o persoal laboral fixo: proceso de funcionarización

O persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cuxa praza vai ser obxecto dun proceso de funcionarización poderá participar no proceso de promoción interna para as prazas que figuran no anexo III do presente decreto, polo sistema de concurso-oposición, de forma independente dos de libre concorrencia, sempre que reúna as condicións e cumpra os requisitos establecidos na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril; na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Ao persoal laboral fixo que como consecuencia deste proceso adquira a condición de funcionario de carreira adxudicaráselle destino definitivo, de carácter funcionarial, no mesmo posto que viña desempeñando con carácter definitivo.

Artigo 5. Promoción para o persoal laboral fixo: proceso da disposición adicional décimo sétima

O persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que desempeña funcións correspondentes ao persoal funcionario e que non cumpra os requisitos previstos na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, poderá participar no proceso de promoción previsto na disposición adicional décimo sétima da dita lei para as prazas que figuran no anexo IV do presente decreto, polo sistema de concurso-oposición.

Artigo 6. Criterios xerais de aplicación nos procesos selectivos

1. De acordo co Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, sinálanse os seguintes principios reitores para o acceso ao emprego público e a adquisición da relación de servizo:

A) Na selección do seu persoal, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia garantirá, ademais dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, os principios de:

– Publicidade das convocatorias e das súas bases.

– Transparencia.

– Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.

– Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.

– Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que se vaian desenvolver.

– Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.

– Simplificación dos procesos selectivos.

– Valoración ata a puntuación máxima na fase de concurso.

B) Os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna na Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, e no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e das medidas de discriminación positiva previstas neste decreto. Nas convocatorias de promoción interna estableceranse medidas para fomentar o seu impulso e desenvolvemento.

C) A composición dos tribunais de selección do persoal da Administración pública galega será paritaria para o conxunto da oferta pública de emprego, tanto se se trata de acceso ao emprego público como se se trata de promoción interna, de acordo co disposto no artigo 48 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, aprobado polo Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

Os órganos de selección aplicarán na súa actuación principios de austeridade e axilidade á hora de ordenar o desenvolvemento dos procesos selectivos, sen prexuízo do cumprimento dos principios de actuación, de conformidade co establecido no Estatuto básico do empregado público.

D) Nas convocatorias dos procesos selectivos en que se estableza a realización de probas con respostas alternativas, faranse públicos os cadros de respostas na páxina da Xunta de Galicia (www.xunta.gal/funcion-publica).

E) O funcionamento e a actuación dos tribunais de selección axustaranse ás instrucións ditadas para o efecto polo órgano competente.

F) De ser o caso, o desenvolvemento dos procesos selectivos terá que adecuarse ás recomendacións das autoridades sanitarias en períodos de emerxencia sanitaria.

2. Se nun determinado corpo, escala, subgrupo ou categoría da Administración pública galega se verifica a infrarrepresentación do sexo feminino, entendendo por infrarrepresentación unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes, de existir méritos iguais entre dous ou máis candidatos ao finalizar o proceso selectivo e antes da proposta de nomeamento dos candidatos aprobados, deberá aplicarse como primeiro criterio de desempate a preferencia das mulleres, salvo se, considerando obxectivamente todas as circunstancias concorrentes nos candidatos de ambos os sexos, existen motivos non discriminatorios para preferir o home, de acordo co artigo 49 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, aprobado polo Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

Artigo 7. Persoas con discapacidade

1. O artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, prevén a reserva dunha cota non inferior ao sete por cento das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no punto 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade, así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións.

2. Nesta oferta resérvase unha porcentaxe do 11,09 % para ser cuberta por persoas que acrediten discapacidade, de xeito que o 2,24 % será para as persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 8,85 %, para aquelas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade. As prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual ofertaranse en convocatorias independentes. As prazas reservadas para persoas con calquera outra discapacidade poderán convocarse conxuntamente coas prazas ordinarias ou mediante convocatorias independentes ás dos procesos libres, e garantirase, en todo caso, o carácter individual dos procesos.

3. Os sistemas de selección que se convoquen para persoas con discapacidade desenvolveranse de acordo co establecido no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade.

4. Nas probas selectivas, incluíndo os cursos selectivos ou o período de prácticas, estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións e os axustes razoables necesarios de tempo e medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.

5. No suposto de que algún dos aspirantes con discapacidade que se presentase pola cota de reserva superase os exercicios e non obtivese praza na citada cota e a súa puntuación sexa superior á obtida por outros aspirantes do sistema de acceso xeral, este será incluído pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

6. As prazas reservadas para as persoas con discapacidade non cualificada de intelectual que quedasen desertas nos procesos selectivos acumularanse á quenda xeral.

Disposición adicional primeira. Acumulación de prazas e execución de convocatorias

1. Poderán convocarse nun único proceso selectivo as prazas ofertadas de persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas de Administración xeral e especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coas derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2022 e 2023, que aínda estean pendentes de convocar. No caso de ser acumuladas, aplicarase a normativa correspondente á oferta do ano 2024.

2. De conformidade co disposto no artigo 20.Tres.3 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, as prazas non cubertas durante a execución dunha convocatoria poderán convocarse novamente sempre que non transcorresen máis de tres anos desde a publicación da oferta de emprego público que as autorizase.

A nova convocatoria deberá identificar as prazas que proceden de convocatorias anteriores e a oferta a que corresponden. Esta previsión será aplicable ás convocatorias de procesos selectivos derivadas de ofertas de exercicios anteriores á de 2024, incluídas as que xa fosen publicadas.

Disposición adicional segunda. Igualdade en relación coas condicións de emprego da Administración pública

As convocatorias adaptaranse ao disposto na Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Disposición transitoria. Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

As convocatorias dos procesos selectivos referentes ao corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B) deberán adecuarse ao disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Mentres non se desenvolva regulamentariamente o grupo B, a incorporación do persoal producirase no subgrupo C1.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento do decreto

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de función pública para ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento do presente decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e sete de decembro de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO I

Acceso libre

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total de prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

9

1

10

Corpo de xestión (subgrupo A2)

9

1

10

Corpo administrativo (subgrupo C1)

22

2

24

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

30

3

33

Agrupación profesional:

Escala de persoal subalterno

10

10

Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais:

Especialidade persoal de limpeza e cociña

139

16

10

165

Total

209

23

20

252

Administración especial

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total de prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1):

Escala de inspección urbanística:

Especialidade xurídica

1

1

Especialidade técnica

1

1

Escala de ciencias:

Especialidade ciencias do mar

4

4

Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros:

Especialidade navegación marítima

4

4

Especialidade pesca marítima

2

2

Especialidade bioloxía pesqueira

1

1

Especialidade máquinas e instalacións mariñas

2

2

Especialidade inglés marítimo

1

1

Especialidade formación e orientación laboral

1

1

Especialidade procesos de cultivo acuícola

3

3

Especialidade procesos sanitarios

1

1

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2):

Escala de mestres/as de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros:

Especialidade servizos ao buque

1

1

Especialidade máquinas e produción

2

2

Escala de axentes de extensión pesqueira

2

2

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as:

Especialidade enxeñería técnica agrícola

16

3

19

Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B):

Escala de axentes técnicos en xestión ambiental

14

1

15

Escala técnica do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais:

Especialidade bombeiro forestal-xefe de brigada

14

1

15

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial (subgrupo C1):

Escala técnica de análises de laboratorio

5

5

Escala técnica de mantemento de servizos

6

6

Escala técnica de condución

9

1

10

Escala técnica de cociña

14

1

15

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial (subgrupo C2):

Escala de auxiliares de clínica

18

2

20

Escala auxiliar de condución

8

1

9

Escala de auxiliares de coidadores

46

4

50

Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais:

Especialidade bombeiro/a forestal

71

4

75

Escala auxiliar de mantemento

10

10

Escala auxiliar de cociña

42

3

45

Total

299

21

320

Prazas laborais

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total de prazas

IV.7 Garda de explotación

10

1

11

Total

10

1

11

Administración xeral/especial/persoal laboral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total de prazas

Total de prazas

518

45

20

583

ANEXO II

Promoción interna independente

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total de prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

16

2

18

Corpo de xestión (subgrupo A2)

30

5

35

Escala de inspectoras e inspectores de consumo

4

4

Corpo administrativo (subgrupo C1)

66

7

73

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

150

20

170

Total de prazas

266

34

300

ANEXO III

Promoción interna persoal laboral fixo (proceso de funcionarización)

Corpo, escala e especialidade

Total prazas

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma (C.A.) de Galicia

1

Corpo facultativo superior (subgrupo A1):

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidad Autónoma de Galicia, escala de facultativos:

Especialidade de psicoloxía

2

Especialidade de medicina

3

Especialidade de pedagoxía

1

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidad Autónoma de Galicia

5

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidad Autónoma de Galicia, escala de xestión de sistemas de informática

7

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2):

Escala de técnicos facultativos:

Especialidade de enfermaría

3

Especialidade educador social

11

Especialidade educador infantil

3

Especialidade de fisioterapia

2

Especialidade de traballo social

4

Especialidade de documentos gráficos

2

Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B):

Escala técnica de axentes técnicos facultativos:

Especialidade de educación infantil

18

Especialidade animación sociocultural

4

Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPDCIF):

Especialidade de bombeiro/a forestal-xefe/a de brigada

1

Corpo administrativo (subgrupo C1)

15

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidad Autónoma de Galicia:

Escala técnica de gobernantes/as:

Especialidade gobernante/a

6

Escala técnica de mantemento de servizos

15

Escala de axentes de inspección:

Especialidade vixilante de estradas

8

Escala técnica de recursos naturais e forestais

4

Escala técnica de cociña

21

Escala técnica de análises de laboratorio

14

Escala técnica auxiliar de informática

9

Escala de axentes de inspección, especialidade de mobilidade

1

Escala dominio público hidráulico

2

Escala técnica de condución

29

Escala técnica operativa do SPDCIF:

Especialidade bombeiro/a encargado/a de brigada

17

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

39

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidad Autónoma de Galicia:

Escala de auxiliares de clínica

71

Escala auxiliar de coidadores

108

Escala auxiliar de cociña

38

Escala auxiliar de mantemento

4

Escala auxiliar de recursos naturais e forestais

8

Escala auxiliar de laboratorio

11

Escala auxiliar de condución

20

Escala auxiliar do SPDCIF:

Especialidade bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba

24

Especialidade de emisorista/vixilante/a fixo/a

22

Especialidade bombeiro/a forestal

124

Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos:

Especialidade arquivos e bibliotecas

19

Especialidade de museos

1

Escala de gardas de recursos naturais

16

Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidad Autónoma de Galicia:

Escala de persoal subalterno

87

Escala de persoal de mantemento

18

Escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais:

Especialidade de limpeza e cociña

148

Especialidade persoal de recursos naturais e forestais

18

Total de prazas

984

ANEXO IV

Promoción (disposición adicional décimo sétima da Lei 2/2015, do 29 de abril)

Subgrupo

Escala

Total prazas

A1

Corpo superior da Administración xeral da Comunidad Autónoma de Galicia

29

A1

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidad Autónoma de Galicia, escala de facultativos, especialidade de medicina

1

A2

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidad Autónoma de Galicia

9

A2

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidad Autónoma de Galicia, escala de técnicos facultativos, especialidade de traballo social

1

C1

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidad Autónoma de Galicia

4

C1

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidad Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de vixilancia de estradas

1

AP

Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidad Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno

1

Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidad Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña

6

Total de prazas

52

ANEXO V

Entes públicos instrumentais, persoal laboral

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Posto/categoría

Quenda xeral

Titulación requirida

Total de prazas

Técnico/a de servizos xerais

Acceso libre

Grao universitario ou equivalente

Diplomado universitario ou equivalente

2

Total de prazas

2

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

Posto/categoría

Quenda xeral

Grupo e categoría

Total prazas

Xefe/a de unidade

Acceso libre

I - categorías 10, 19, 39

1

Total de prazas

1

Axencia de Turismo de Galicia (Aturga).

Posto/categoría

Quenda xeral

Grupo e categoría

Titulación requirida

Total de prazas

Profesor/a do Departamento de Recursos Humanos (RRHH)-Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG)

PX_EXT114

Acceso libre

I

Licenciatura/grao en Dereito, Dirección e Administración de Empresas, Psicoloxía, Relacións Laborais, Socioloxía

1

Profesor/a de hixiene, dietética e nutrición-CSHG

PX_EXT103

Acceso libre

I

Licenciatura/grao en Nutrición, H. e Dietética, CT dos alimentos, Farmacia, Bioloxía

1

Condutor/a

PX_EXT56

Acceso libre

IV-016

1

Lavandeiro/a

PX_EXT148

Acceso libre

V-001

1

Total de prazas

4

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Posto/categoría

Quenda xeral

Grupo

Total de prazas

Técnico/a de programas

Acceso libre

I/II

3

Total de prazas

3

Portos de Galicia.

Posto/categoría

Quenda xeral

acceso libre

Discapacidade xeral

Grupo/nivel

Titulación requirida

Total de prazas

Xefe/a de departamento ECCP

2

1.3

Enxeñeiro/a de Camiños, Canles e Portos ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio desta profesión

2

Xefe/a de División de Persoal

1

2.1

Grao en Dereito ou equivalente ou grao en Relacións Laborais ou equivalente

1

Xefe/a de unidade de Sostibilidade

1

2.1

Grao en Enxeñería Ambiental, Bioloxía, Xestión Ambiental, Química ou equivalentes

1

Xefe/a de unidade técnica de Infraestruturas

3

2.2

Enxeñeiro/a técnico/a de Obras Públicas ou grao en Enxeñeiro/a Civil

3

Xefe/a de unidade de Subministracións e Servizos

1

2.3

Enxeñeiro/a técnico/a Industrial ou graduado nunha titulación que habilite para o exercicio desta profesión

1

Xefe/a de unidade de Apoio á Explotación

1

2.3

Enxeñeiro/a técnico/a de Obras Públicas ou grao en Enxeñeiro/a Civil

1

Delineante

2

3.2

Técnico/a superior en Proxectos de Edificación ou en Proxectos de Obra Civil ou en Deseño en Fabricación Mecánica ou equivalentes

2

Celador/a gardapeiraos

7

3.3

Bacharelato ou técnico/a

7

Administrativo/a

4

2

3.3

Bacharelato ou técnico/a

6

Vixilante/a de obras

1

3.3

Bacharelato ou técnico/a

1

Total de prazas

23

2

25

Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar.

Posto/categoría

Quenda xeral

Total de prazas

Técnico/a de área de Formación (CTFO002)

Acceso libre

1

Técnico/a de área de Tecnoloxía de Produtos Pesqueiros (CTPP0002)

Acceso libre

1

Técnico/a de área de Socioeconomía da Pesca (CTSP0002)

Acceso libre

1

Secretario/a de dirección (CTBX0002)

Acceso libre

1

Total de prazas

4

Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Posto/categoría

Quenda xeral

Grupo e categoría

Titulación requirida

Total de prazas

Encargado/a administrativo/a

Acceso libre

III-2

Bacharelato ou equivalente. Celga 4

1

Auxiliar administrativo/a

Acceso libre

IV-1

Educación secundaria obrigatoria (ESO) ou equivalente. Celga 3

1

Total de prazas

2

Fundación Galicia Europa.

Posto/categoría

Quenda xeral

Grupo e categoría

Titulación requirida

Total de prazas

Asesor/a técnico/a II (604PND05)

Acceso libre

I

Titulado/a superior

1

Total de prazas

1

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Cesga).

Posto/categoría

Quenda xeral

Grupo e categoría

Titulación requirida

Total de prazas

Técnico superior de aplicacións

Acceso libre

I

Superior nivel 3 (licenciado ou grao-máster)

Nivel de coñecemento de inglés: B1

Nivel de coñecemento de lingua galega: Celga 4 ou perfeccionamento

1

Técnico superior analista

Acceso libre

I

Superior nivel 3 (licenciado ou grao-máster)

Nivel de coñecemento de inglés: B1

Nivel de coñecemento de lingua galega: Celga 4 ou perfeccionamento

1

Total de prazas

2

Redes de Telecomunicacións Galegas (Retegal).

Posto/categoría

Quenda xeral

Nivel

Total de prazas

Coordinador/a de atención e xestión da rede

Acceso libre

Categoría enxeñeiro/a superior de Telecomunicacións, nivel 1 do Convenio Retegal

1

Coordinador/a de administración

Acceso libre

Categoría titulado/a medio/a, nivel 2 do convenio Retegal

1

Total de prazas

2

Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.

Posto/categoría

Titulación requirida

Quenda xeral

acceso libre

Discapacidade

Total de prazas

Arquitecto/a

Arquitecto/a, graduado/a ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de arquitecto/a

3

1

4

Técnico/a superior

Grao en Dereito ou equivalente

2

2

Administrativo/a

Bacharelato ou técnico/a

2

2

Total de prazas

7

1

8