DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2025 Páx. 26

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 11 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2024/25 en países que teñen a condición de países do programa no programa comunitario Erasmus+ (código de procedemento ED417A).

BDNS (Identif.): 804101.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

O alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2024/25 en países que teñen a condición de países do programa no programa comunitario Erasmus+.

Segundo. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Orzamento e contía das bolsas

O importe global previsto na orde é de 1.653.530,00 €.

As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países que teñen a condición de países do programa no programa Erasmus+:

De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1.

De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2.

De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3.

No caso de existir remanente de crédito, unha vez distribuída a contía prevista no artigo 4.3, adxudicarase unha contía uniforme de 500 euros entre as persoas solicitantes que realicen unha estadía igual ou superior a seis (6) meses, comezando desde os expedientes con maior nota media ata esgotar o crédito orzamentario.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional