BDNS (Identif.): 808820.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Beneficiarios
Esta convocatoria está destinada a centros docentes privados concertados dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en que se imparta 6º de educación primaria ou educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25.
Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, do mesmo nivel educativo.
Segundo. Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto convocar e regular o procedemento de solicitude e concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a centros privados concertados en que se imparta 6º de educación primaria ou educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25.
2. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 23 de decembro 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25 (código de procedemento ED531F)
Cuarto. Financiamento e contía das axudas
1. O financiamento das axudas previstas nesta orde efectuarase con cargo á partida orzamentaria 07.03.423A.780.3 por un importe máximo 165.700,00 € con cargo ao orzamento de 2024.
Número de prazas: 400.
Número de prazas máxima por centro: 25.
Prezo máximo de cada praza: 400 €.
|
Quenda |
Datas 2025 |
Cursos |
Alumnado |
|
1ª quenda |
Do 25 ao 31 de maio |
3º e 4º de ESO |
125 |
|
2ª quenda |
Do 1 ao 7 de xuño |
1º e 2º de ESO |
125 |
|
3ª quenda |
Do 8 ao 14 de xuño |
6º Educación primaria |
150 |
2. O custo total de cada actividade inclúe:
a) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
b) Os gastos de docencia e o material escolar.
c) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
d) Os gastos de mantenza e aloxamento do alumnado e do profesorado acompañante.
e) Certificado de realización da actividade.
f) Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2024
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm.114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
