DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2025 Páx. 6012

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 9 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se regulan o recoñecemento, a certificación e o rexistro da participación do profesorado en proxectos europeos como actividades de formación permanente do profesorado.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 243, do 18 de decembro de 2024, cómpre realizar as seguintes correccións.

Na páxina 66222, onde di:

«Sexto. Proxecto e-Twinning

O profesorado participante en proxectos e-Twinning poderá pedir o recoñecemento como horas de formación permanente do profesorado xuntando certificación segundo o anexo V, ao cal deberá anexar unha memoria da actividade que inclúa relación de obxectivos que ten que acadar e evidencias que sustenten o proxecto. Os proxectos que acrediten mediante copia compulsada ter recibido o selo de calidade nacional ou europeo estarán exentos da entrega da memoria da actividade. Aqueles proxectos que acheguen acreditación de ter obtido o selo de calidade nacional con máis de 18 puntos terán recoñecemento en horas de innovación».

Debe dicir:

«Sexto. Proxectos e-Twinning

O profesorado participante en proxectos e-Twinning poderá pedir o recoñecemento como horas de formación permanente do profesorado achegando documentación xustificativa por vía electrónica segundo as instrucións que publique o Servizo de Programas de Formación no portal educativo e anexando unha memoria da actividade que inclúa a relación de obxectivos que ten que acadar e evidencias que sustenten o proxecto.

Os proxectos que acrediten mediante copia compulsada ter recibido o selo de calidade nacional ou europeo estarán exentos da entrega da memoria da actividade. Aqueles proxectos que acheguen acreditación de ter obtido o selo de calidade nacional con máis de 18 puntos terán recoñecemento en horas de innovación».