BDNS (Identif.): 810547.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob. es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
Todos os concellos de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter remitido ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente estean obrigados antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.
b) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública de Galicia.
c) Non poderán ter a condición de beneficiarios os concellos que estean incursos nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Segundo. Obxecto
O obxecto é establecer as normas de xestión do procedemento para a concesión das axudas que se concedan ao abeiro do plan Camiña rural para o período 2025-2026.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas financiadas ao abeiro do plan Camiña rural para o período 2025-2026 e se convocan as correspondentes ao ano 2025, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E).
Cuarto. Contía
A dotación máxima para financiar estas axudas ascende a 19.498.875 euros, que se financiarán con cargo á partida orzamentaria 15-A1-712A-760.0 (código de proxecto 2016-0008) dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, coa seguinte distribución por anualidades:
2025: 9.499.451,92 €.
2026: 9.999.423,08 €.
A convocatoria finánciase con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Sexto. Outros datos
A concesión de axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
A axuda financiará o 100 % dos gastos subvencionables, ata o límite da axuda pública concedida a cada concello.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2024
María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
