DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2025 Páx. 8686

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

DECRETO 5/2025, do 20 de xaneiro, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

O artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, os artigos 9 e 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e o artigo 14 do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do réxime interno do Consello Escolar de Galicia, establecen que se ten que proceder á renovación por metades dos conselleiros de cada un dos grupos que integran o Consello. Así mesmo, o artigo 16.1.c) establece a revogación do mandato conferido polas organizacións respectivas que os designaron, ou polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e atendendo ás designacións formalizadas pola Federación de Sindicatos Independentes de Galicia (FSIE-Galicia), pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional en representación da Administración educativa.

Efectuada a designación dos representantes das entidades enumeradas no artigo 4.1 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, e nos termos que establecen o artigo 9 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se regulan o Consello Escolar de Galicia, os consellos escolares territoriais e municipais, en desenvolvemento da Lei 3/1986, do 18 de decembro, e o artigo 14 do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte de xaneiro de dous mil vinte e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1. Cesamentos

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1º. En representación do profesorado nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público:

María Xosé Rodríguez Martínez (Confederación Intersindical Galega).

Paula Carreiro Prieto (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

Julio Díaz Escolante (Sindicato Independente ANPE Galicia).

b) Ensino privado:

José Antonio Míguez Vila (Unión Xeral de Traballadores).

Rodolfo Castro Fernández (Federación de Sindicatos Independentes de Galicia).

2º. En representación de pais e nais de alumnos/as, por proposta das confederacións de asociacións de pais e nais de alumnos/as en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

Iria Salvande Lorenzo (Confederación de ANPAS Galegas).

b) Ensino privado:

Patricia Pérez Marín (Confederación Galega de ANPAS).

3º. En representación do persoal de administración e servizos, por designación das centrais sindicais máis representativas:

Digna Lía Rodríguez Barros (Unión Xeral de Traballadores).

4º. En representación de titulares de centros privados, por designación das organizacións empresariais correspondentes máis representativas:

José Antonio Moar Armas (Federación de Centros de Ensino Privado)

5º. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

José Manuel Fuentes Fariña (Comisións Obreiras).

Cándido Vázquez Díaz (Central Sindical Independente e de Funcionarios).

6º. En representación das organizacións empresariais, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

Ana Belén Vázquez Eibes.

7º. En representación do profesorado, por proposta dos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

José Luis Fernández Díaz (Federación Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

Carme María Romero Rodríguez (Coordinadora Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

8º. En representación da Administración educativa, por proposta do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

María del Camen Cimadevila Cea.

Jesús Manuel Álvarez Bértolo.

María Eugenia Pérez Fernández.

9º. En representación da Administración local, por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias:

María do Carme Fouces Díaz.

Manuel Prado López.

José Luis Oujo Pouso.

Rubén Prol Mariño.

Gorka Gómez Díaz.

10º. En representación da universidade, por proposta do seu máximo órgano de goberno:

Carme Sarceda Gorgoso.

11º. En representación da Secretaría Xeral de Igualdade:

Aurora Patiño Doval.

Artigo 2. Nomeamentos

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:

1º. En representación do profesorado nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público:

María Xosé Rodríguez Martínez (Confederación Intersindical Galega).

Emilio Pallarés Álvarez (Unión Xeral de Traballadores).

Julio Díaz Escolante (Sindicato Independente ANPE- Galicia.

b) Ensino privado:

José Antonio Míguez Vila (Unión Xeral de Traballadores).

Yolanda Benito de Tapia (Federación de Sindicatos Independentes de Galicia). O mandato deste membro será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que exerce.

2º. En representación de pais e nais de alumnos/as, por proposta das confederacións de asociacións de pais e nais de alumnos/as en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

Iria Salvande Lorenzo (Confederación de ANPAS Galegas).

b) Ensino privado:

Patricia Pérez Marín (Confederación Galega de ANPAS).

3º. En representación do persoal de administración e servizos, por designación das centrais sindicais máis representativas:

Digna Lía Rodríguez Barros (Unión Xeral de Traballadores).

4º. En representación de titulares de centros privados, por designación das organizacións empresariais correspondentes máis representativas:

Ignacio Gay Irago (Federación de Centros de Ensino Privado).

5º. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

José Manuel Fuentes Fariña (Comisións Obreiras).

Cándido Vázquez Díaz (Central Sindical Independente e de Funcionarios).

6º. En representación das organizacións empresariais, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

Ana Belén Vázquez Eibes (Confederación de Empresarios de Galicia).

7º. En representación do profesorado, por proposta dos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

José Luis Fernández Díaz (Federación Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

Carme María Romero Rodríguez (Coordinadora Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

8º. En representación da Administración educativa, por proposta do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

María del Camen Cimadevila Cea.

Jesús Manuel Álvarez Bértolo.

María Eugenia Pérez Fernández.

9º. En representación da Administración local, por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias:

Manuel Fariña Souto.

José Ignacio Borrego Vázquez.

Marisol Morandeira Morandeira.

María Olga Alonso Suárez.

Xosé Carlos Valcárcel Doval. O mandato deste membro será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que exerce.

10º. En representación da universidade, por proposta do seu máximo órgano de goberno:

María del Mar Lorenzo Moledo.

11º. En representación da Consellería de Política Social e Igualdade.

María Quintiana Pérez.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de dous mil vinte e cinco

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional