DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2025 Páx. 10266

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2025 (código de procedemento PR925A).

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 22, do 3 de febreiro de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 9256, no artigo 1, letra b), onde di:

«Residir nun país do estranxeiro para o cal o Estado español teña fixada unha base de cálculo para a prestación económica por razón de necesidade no ano anterior, cunha antigüidade mínima de tres meses contados desde o último día do prazo de presentación de solicitudes».

Debe dicir:

«Residir nun país do estranxeiro para o cal o Estado español teña fixada unha base de cálculo para a prestación económica por razón de necesidade no ano anterior cunha antigüidade mínima de tres meses, contados desde o día de publicación da convocatoria».