Mediante a Resolución do 31 de decembro de 2024 finaliza o procedemento administrativo de concesión de subvencións ao abeiro da Orde do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade (código do procedemento BS623D).
A dita resolución foi notificada mediante a Resolución do 7 de xaneiro de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia número 12, do 20 de xaneiro de 2025.
Tras detectarse un erro material apreciado de oficio polo órgano de instrución no punto sexto da indicada Resolución do 31 de decembro de 2024, en relación coa compatibilidade destas axudas con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, iníciase o procedemento de rectificación de erros ao abeiro do disposto no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dítase a Resolución do 4 de febreiro de 2025.
No artigo 16 da mesma orde establécese que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos da notificación.
Polo exposto, o 4 de febreiro de 2025 dítase a citada resolución rectificando o erro da Resolución do 31 de decembro de 2024, que finaliza o procedemento de concesión.
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 4 de febreiro de 2025, pola que se publica a rectificación do erro material da Resolución do 31 de decembro de 2024 que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).
Segundo. Comunicar que contra a dita resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2025
Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade
ANEXO
Resolución do 4 de febreiro de 2025 de rectificación dun erro material na Resolución do 31 de decembro de 2024 pola que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D)
A través da Orde do 11 de setembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 20 de setembro) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería.
Mediante a Resolución do 7 de xaneiro de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia número 12, do 20 de xaneiro de 2025, a Resolución do 31 de decembro de 2024 pola que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).
Tras detectarse un erro material apreciado de oficio polo órgano de instrución no punto sexto da indicada Resolución do 31 de decembro de 2024, en relación coa compatibilidade destas axudas con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, iníciase o procedemento de rectificación de erros ao abeiro do disposto no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
De conformidade co artigo 15 da orde que establece as bases da convocatoria, a resolución será ditada pola persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade por proposta da Comisión Instrutora, segundo o previsto no artigo 13.
Polo tanto, vista a proposta de resolución formulada polo referido órgano instrutor e de acordo co establecido nos artigos 13 e 15 da orde, a conselleira de Política Social e Igualdade
RESOLVE:
Primeiro. Proceder á emenda da Resolución do 31 de decembro de 2024, que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 11 de setembro de 2024, como se indica:
– No punto sexto, onde di: «Sexto. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado, agás aquelas da mesma natureza que se outorguen pola Administración xeral do Estado en virtude das súas competencias e sen prexuízo daqueles gastos que poidan ser imputables ás subvencións que se concedan nos respectivos ámbitos»., debe dicir: «Sexto. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado.
Non obstante, estas axudas concedidas para o mesmo programa, actuación ou actividade dentro da liña VI: actuacións de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, son incompatibles coas subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade convocadas anualmente pola Consellería de Política Social e Igualdade (SI427A)».
Segundo. Contra esta resolución poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Esta resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia, facendo todos os efectos de notificación practicada previstos no artigo 45 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2025. Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social e Igualdade.
