DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2025 Páx. 12964

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 24 de xullo de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento BS508B).

A consellería con competencias en materia de cultura, lingua e xuventude convocou, para o ano 2024, a través da Orde do 24 de xullo de 2024, as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado (Diario Oficial de Galicia número 151, do 6 de agosto).

Por medio da Orde do 11 de outubro de 2024 pola que se modifica a Orde do 24 de xullo de 2024, acordouse a modificación do prazo de xustificación das axudas obtidas, establecendo como data límite para a presentación da xustificación dos gastos o día 20 de novembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 202, do 18 de outubro).

Pola Resolución do 16 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Xuventude, publicouse a Resolución do 15 de outubro de 2024 de concesión das subvencións presentadas ao abeiro da dita Orde do 24 de xullo de 2024 (Diario Oficial de Galicia, número 206, do 24 de outubro).

O artigo 16 da orde de convocatoria, logo da modificación introducida pola Orde do 11 de outubro de 2024, establece a data límite para a presentación da xustificación dos gastos e do cumprimento das accións do proxecto subvencionado para o día 20 de novembro.

Así mesmo, no dito artigo 16 da orde determínase a documentación necesaria para a xustificación da axuda concedida.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conteren erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 16.3 da dita orde establece que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que conforme a lei correspondan.

Así mesmo, o artigo 14 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da documentación xustificativa da axuda concedida, ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 7 de febreiro de 2025, en que se relacionan as entidades que deben emendar as xustificacións e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura como anexo a esta resolución.

2. Facer indicación expresa ás entidades beneficiarias que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, de conformidade co artigo 16.3 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, isto comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2025

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas

Convocatoria: Orde do 24 de xullo de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento BS508B).

Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de xullo de 2024.

Data do acto: 7 de febreiro de 2025.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades beneficiarias que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer,comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan de conformidade co artigo 23.5 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Relación de expedientes:

Núm. expediente

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

2024/015

Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense, ADO

G32410797

– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1)

2024/056

Asociación de Migrantes de Galicia, Amiga

G70578083

– Anexo II: enviar completo e debidamente asinado (art. 16.1.c)

– Anexo III: enviar completo e debidamente asinado, xunto coa documentación establecida no art. 16.1.d)

– Memoria económica (art. 16.1.b)

2024/060

Asociación Española contra el Cáncer (AECC) / Xunta Provincial de Ourense

G28197564

– Anexo II: enviar completo e debidamente asinado (art. 16.1.c)

– Anexo III: enviar completo e debidamente asinado, xunto coa documentación establecida no art. 16.1.d)

– Presentar as pólizas e os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 16.1.d.3º)

2024/085

Asociación Ecos do Sur

G15354483

– Anexo III (art. 16.1.d)

2024/109

Asociación Cultural Xaquedrum

G27336353

– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1)