DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2025 Páx. 13162

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 16 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024 (código de procedemento BS508E).

A Consellería con competencias en materia de cultura, lingua e xuventude convocou, para o ano 2024, a través da Orde do 16 de xullo de 2024, as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (Diario Oficial de Galicia, núm. 145, do 29 de xullo).

Pola Resolución do 7 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Xuventude, publicouse a Resolución do 4 de outubro de 2024 de concesión das subvencións presentadas ao abeiro da dita Orde do 16 de xullo de 2024 (Diario Oficial de Galicia, número 198, do 14 de outubro).

O artigo 23 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación da xustificación das axudas concedidas. A data límite para a presentación da xustificación estableceuse para o día 8 de novembro de 2024.

Así mesmo, nos números 2 e 3 do dito artigo 23 da orde determínase a documentación necesaria para a xustificación da axuda concedida.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conteren erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 23.5 da dita orde establece que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que conforme a lei correspondan.

Así mesmo, o artigo 20 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da documentación xustificativa da axuda concedida, ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 11 de febreiro de 2025, en que se relacionan as entidades que deben emendar as xustificacións e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura como anexo a esta resolución.

2. Facer indicación expresa ás entidades beneficiarias que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, de conformidade co artigo 23.5 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, isto comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2025

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Requirimento de emenda da documentación
xustificativa das axudas concedidas

Convocatoria: Orde do 16 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024 (código de procedemento BS508E).

Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de xullo de 2024.

Data do acto: 11 de febreiro de 2025.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades beneficiarias que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, isto comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan, de conformidade co artigo 23.5 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Relación de expedientes:

Nº de expediente

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

2024/005

Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural, ADEC

G94153053

– Presentar o xustificante de pagamento do seguro (artigo 23.2.d).3º) coas pólizas de RC e ACC para 14 persoas voluntarias.

2024/013

Asociación Antonio Noche

G15210388

– Xustificación da axuda concedida (artigo 23.2)

2024/014

Fundación Ronsel

G15752660

– Presentar os xustificantes de pagamento dos desprazamentos das persoas voluntarias (artigo 23.2.d).1º)

2024/018

Asociación Pratodo

G27505916

– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 23.2.d).

– Documentación acreditativa do pagamento das facturas presentadas (artigo 23.2.d).

– Presentar pólizas e xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 23.2.d).3º).