DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2025 Páx. 13722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se outorgan a autorización de desmantelamento das instalacións actuais, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Pena Galluda, sito no concello da Laracha (A Coruña), e promovido por Vento Laracha, S.L. (expediente IN408A/2020/173).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Vento Laracha, S.L., en relación coa autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Pena Galluda, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 16 de agosto de 1983, a Consellería de Industria, Enerxía e Comercio da Xunta de Galicia autorizou á empresa Energía de Galicia, S.A. a instalación dun xerador eólico de 55 kW no concello da Laracha.

Segundo. Mediante a Resolución do 2 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, autorizóuselle á empresa Energía de Galicia, S.A. a ampliación do xerador eólico de Pena Galluda, no municipio da Laracha (A Coruña), para unha potencia de 660 kW.

Terceiro. Mediante a Resolución do 18 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, aprobouse o proxecto de execución da instalación eléctrica denominada aeroxerador de 660 kW de Pena Galluda.

Cuarto. O 22.3.2002, a Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio emitiu a acta de posta en servizo definitiva para o xerador eólico de Pena Galluda.

Quinto. Mediante a Resolución do 26 de xaneiro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizouse o cambio de titularidade do aeroxerador de 660 kW denominado Pena Galluda, propiedade da empresa Energía de Galicia, S.A., a favor da sociedade Vento Laracha, S.L.

Sexto. O 25.11.2020, a promotora, Vento Laracha, S.L., presentou solicitude de modificación substancial para o proxecto denominado parque eólico Pena Galluda ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Esta modificación consiste, de forma xeral, na retirada do aeroxerador actual e na instalación dunha nova máquina, de maiores dimensións e potencia nominal.

Sétimo. O 1.6.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (actualmente, Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas) notificoulle á promotora o cumprimento de requisitos da súa solicitude de modificación substancial.

Oitavo. O 23.6.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitou informe á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo de acordo co previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009.

Noveno. O 23.6.2021, de acordo co previsto no artigo 45.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiulle á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático a documentación do expediente para os efectos de iniciar o procedemento de avaliación ambiental simplificada.

Décimo. O 23.7.2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, onde se indica que «Comprobado o planeamento vixente no concello afectado pola área de incidencia urbanística proposta (Plan xeral de ordenación municipal da Laracha aprobado definitivamente o 30.6.2003) e as coordenadas do aeroxerador recollidas na memoria, conclúese que a súa posición cumpre a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación regulada no punto III.3.1 do Psega respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable».

Décimo primeiro. Con respecto ao trámite ambiental, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (actualmente, Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade) solicitou informes aos seguintes organismos: Augas de Galicia-Demarcación Galicia Costa, Axencia de Turismo de Galicia, Subdirección Xeral de Residuos, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Publica e Instituto de Estudos do Territorio.

Formalizada a tramitación ambiental, o 1.8.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (actualmente, Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade) formulou o informe de impacto ambiental do parque eólico Pena Galluda (renovación tecnolóxica), que se fixo público polo Anuncio do 3 de agosto de 2023 da dita dirección xeral da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG núm. 156, do 18 de agosto).

Décimo segundo. O 6.10.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiulle a documentación técnica do proxecto do parque eólico Pena Galluda á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña para a continuación da tramitación de acordo co indicado no artigo 33 da Lei 8/2009.

Décimo terceiro. Mediante o Acordo do 4 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto parque eólico Pena Galluda, no concello da Laracha (expediente IN408A 2020/173).

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia, ambos do 29.1.2024. Así mesmo, permaneceu exposto ao público no taboleiro de anuncios do concello afectado (A Laracha) e nas dependencias da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xefatura Territorial da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública. Así mesmo, o dito acordo estivo exposto no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Durante o trámite de información pública non se recibiron alegacións.

Décimo cuarto. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, a Xefatura Territorial da Coruña remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Hidroeléctrica de Laracha, S.L., Concello da Laracha e Vantage Towers, S.L.

A continuación relaciónanse os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos: Hidroeléctrica de Laracha, S.L., o 8.2.2024. O promotor prestou a súa conformidade ao dito condicionado.

Para o resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto de execución será de trinta días desde a recepción da solicitude. De non recibirse estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto, e continuarase a tramitación do procedemento.

Décimo quinto. O 26.1.2024, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación emitiu informe en que se conclúe que: «En resposta á consulta recibida, sobre os dereitos mineiros existentes na área de afección das infraestruturas que comprenden o proxecto: repotenciación parque eólico Pena Galluda, A Laracha, A Coruña (decembro 2023), realizado por Fausto Núñez Casamayor, enxeñeiro de camiños, canles e portos, colexiado nº 28614, unha vez consultados os datos que constan na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación, infórmase que non existe ningún dereito mineiro afectado».

Décimo sexto. O 14.2.2024, o Servizo de Montes da Coruña da Consellería do Medio Rural emitiu certificado en que se indica «Que segundo os datos que constan neste servizo, no espazo territorial proxectado para a devandita infraestrutura eléctrica non hai montes públicos ou de xestión pública, nin montes veciñais en man común afectados».

Décimo sétimo. O 10.7.2024, o Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático requiriulle ao promotor o documento definitivo adaptado do proxecto de execución de acordo co artigo 33.15 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Décimo oitavo. O 11.7.2024, Vento Laracha, S.L. deu resposta ao requirimento mencionado no antecedente de feito anterior e presentou o proxecto de execución refundido denominado Repotenciación parque eólico Pena Galluda, A Laracha (A Coruña), xullo 2024, asinado o 11.7.2024 polo enxeñeiro técnico industrial Roberto Gómez Rodríguez e polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Fausto Núñez Casamayor.

Décimo noveno. O 26.7.2024, a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático emitiu informe técnico sobre o proxecto do parque eólico Pena Galluda. O 25.9.2024 e o 23.1.2025 emitiu respectivas correccións de erros.

Vixésimo. O 31.7.2024, a xefatura territorial remitiu o expediente á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático para continuar coa tramitación do procedemento de acordo co establecido no artigo 33.16 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Vixésimo primeiro. O 14.10.2024, a promotora solicitou o outorgamento por separado da autorización administrativa previa, de acordo co previsto na disposición transitoria décimo primeira da Lei 8/2009, do 22 de decembro, introducida pola Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativa.

Vixésimo segundo. Mediante a Resolución do 21 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, outorgouse a autorización administrativa previa ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Pena Galluda.

Vixésimo terceiro. O 30.10.2024, en cumprimento da condición 3 da Resolución do 21 de outubro de 2024 mencionada no antecedente de feito vixésimo segundo, a promotora achegou as separatas do proxecto de execución para Retegal e Cellnex Telecom (Retevisión I, S.A.).

Vixésimo cuarto. O 7.11.2024, esta dirección xeral remitiulles a Retegal e Retevisión I, S.A. as separatas achegadas pola promotora o 30.10.2024 e solicitoulles a emisión dos correspondentes condicionados técnicos.

Vixésimo quinto. O 2.12.2024 e o 10.12.2024, Retevisión I, S.A. e Retegal, respectivamente, emitiron os seus condicionados técnicos. O 9.12.2024 e o 12.12.2024, a promotora achegou a súa conformidade cos mencionados condicionados.

Vixésimo sexto. O 3.12.2024, a promotora achegou a autorización emitida o 2.12.2024 pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) para o parque eólico.

Vixésimo sétimo. O 24.1.2025, o Servizo de Enerxías Renovables e Infraestruturas da Coruña emitiu informe en relación co artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en que conclúe que «Vista a documentación relativa aos bens e dereitos do parque eólico Pena Galluda presentada e, de acordo cos obxectivos expresados na condición legal e técnica primeira, informo que non se aprecian limitacións á constitución de servidumes ás cales se fai referencia no artigo 161 do Real decreto 1955/2000».

Vixésimo oitavo. O 28.1.2025, a promotora achegou a relación de bens e dereitos afectados definitiva.

Vixésimo noveno. O parque eólico Pena Galluda conta cos dereitos de acceso e conexión á rede de distribución para unha potencia de 3,45 MW, de acordo coa comunicación do xestor da dita rede do 10.1.2022.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes:

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, no Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro), polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 248, do 30 de decembro), polo artigo 39 da Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 246, do 29 de decembro) e polo artigo 30 da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 246, do 31 de decembro).

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. No que respecta ao previsto no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, sobre concorrencia de utilidades ou intereses públicos, cómpre indicar que, tal e como se recolle nos antecedentes de feito décimo quinto e décimo sexto, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación emitiu informe o 26.1.2024 e o Servizo de Montes da Coruña da Consellería do Medio Rural emitiu certificado o 14.2.2024. No primeiro deles recóllese que non existe ningún dereito mineiro afectado e, no segundo, o Servizo de Montes da Coruña certifica que non hai montes públicos ou de xestión pública, nin montes veciñais en man común afectados.

Cuarto. A continuación, recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 48.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, con respecto do informe de impacto ambiental (IIA) das instalacións do parque eólico Pena Galluda, formulado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (actualmente, Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade) o 1.8.2023:

a) Tal e como se recolle na epígrafe 5 do IIA: «Logo da avaliación de impacto ambiental simplificada realizada proponse formular o informe de impacto ambiental nos termos recollidos ao longo deste documento, en cumprimento do disposto no artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental».

De acordo coa dita proposta, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolveu «Formular o informe de impacto ambiental do parque eólico Pena Galluda (renovación tecnolóxica) e conclúe que, nos termos recollidos ao longo do presente documento, non son previsibles efectos adversos significativos sobre o medio ambiente e, polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria».

b) O IIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Pena Galluda.

Na epígrafe 4 do IIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no documento ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4. Condicións ambientais.

4.1. Protección da atmosfera.

4.2. Protección das augas e dos leitos fluviais.

4.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.4. Xestión de residuos.

4.5. Protección da fauna e da vexetación e outros valores naturais.

4.6. Protección do patrimonio cultural.

4.7. Integración paisaxística e restauración.

4.8. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

4.9. Outras condicións.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa de desmantelamento das instalacións actuais do parque eólico Pena Galluda e as súas características principais son:

Solicitante: Vento Laracha, S.L.

Enderezo social: rúa Xosé Pasín, nº 7, baixo, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: Proxecto: repotenciación parque eólico Pena Galluda. Xullo 2024.

Potencia instalada: 660 kW.

Concello afectado: A Laracha (A Coruña).

Orzamento de execución material do desmantelamento: 168.067 €.

Actuacións: desmantelamento do aeroxerador actual MADE AE-46 de 660 kW de potencia nominal unitaria.

Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción ao proxecto de execución do parque eólico Pena Galluda, sito no concello da Laracha (A Coruña), e promovido por Vento Laracha, S.L., composto polo documento proxecto repotenciación parque eólico Pena Galluda. Xullo 2024, asinado dixitalmente o 11.7.2024 polo enxeñeiro técnico industrial Roberto Gómez Martínez e polo enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos Fausto Núñez Casamayor.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Vento Laracha, S.L.

Enderezo social: rúa Xosé Pasín, nº 7, baixo, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: parque eólico Pena Galluda.

Potencia instalada: 3,45 MW.

Potencia autorizada/evacuable: 3,45 MW.

Produción neta: 11.919,25 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 3.454,85.

Concello afectado: A Laracha (A Coruña).

Orzamento de execución material: 2.736.546,04 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico, ás cales se circunscriben as autorizacións:

Vértice

poligonal

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

1

535.316,00

4.784.223,00

2

535.316,00

4.783.823,00

3

535.716,00

4.783.823,00

4

535.716,00

4.784.223,00

Coordenadas do aeroxerador do parque eólico:

Aeroxerador

Coordenadas

ETRS89 UTM 29N

X

Y

CE-01

535.516,00

4.784.023,00

Características técnicas principais das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

• Un (1) aeroxerador modelo vestas V126, de 82 m de altura ata a buxa e un diámetro de rotor de 126 m, cunha potencia nominal unitaria de 3,45 MW.

• Un (1) centro de transformación de illamento seco, montado no interior do aeroxerador, de potencia aparente 4.000 kVA e relación de transformación de 0,69/15 kV.

• Un (1) transformador de servizos auxiliares de 0,69/0,4 kV e 25 kVA, instalado no interior da torre do aeroxerador.

• Circuíto de media tensión en 15 kV, que conectará o aeroxerador co centro de control do parque, composto por condutor RHZ1 12/20 kV 3×1×(1×150) mm² Al.

• Rede de terras única no aeroxerador.

• Empregaranse os condutores de fibra óptica existentes para a comunicación entre o aeroxerador e o centro de control.

• As celas do centro de control do parque en operación serán reutilizadas. O equipo de control do parque será substituído por equipos axustados aos requisitos técnicos do novo aeroxerador.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Pena Galluda, promovido por Vento Laracha, S.L., segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro), en relación coas parcelas recollidas no anexo desta resolución.

Esta autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Vento Laracha, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O punto 4.10.1 do informe de impacto ambiental sinala: «O importe do aval, que fixará o órgano substantivo, será actualizable e unha parte corresponderá á fase de obras e outra á de desmantelamento e abandono do parque eólico». En consecuencia, fíxase o importe do aval en 47.890 euros, dos cales 19.156 euros corresponderán á fase de obras e 28.734 euros á de desmantelamento do parque eólico.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio, do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. As actuacións de desmantelamento das instalacións iniciais do parque eólico realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que por esta resolución se aproba, así como coas consideracións establecidas no informe de impacto ambiental (IIA).

5. En canto aos bens e dereitos afectados por este parque eólico e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, o promotor cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os que mostrou a súa conformidade.

No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos de telecomunicacións legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, o promotor deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación a eles.

6. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas no informe de impacto ambiental do 1.8.2023, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

De acordo coas condicións establecidas no informe de impacto ambiental formulado o 1.8.2023 pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (actualmente, Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade), o promotor deberá contar, con carácter previo ao inicio das obras de construción, cos informes favorables do Servizo de Residuos da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (actualmente, Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade) e da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, de acordo cos puntos 4.4.7 e 4.5.1.6 do IIA, respectivamente.

7. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar ao Servizo de Seguimento e Oficina Técnica, da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Consellería de Economía e Industria, o Plan de vixilancia e seguimento ambiental actualizado de acordo coas consideracións establecidas no informe de impacto ambiental do 1.8.2023.

8. A promotora deberá comunicar o inicio das obras con anterioridade ao prazo de dez (10) días á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático e achegará toda a documentación necesaria establecida nas autorizacións administrativas outorgadas e no informe de impacto ambiental.

9. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante o departamento territorial un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que por esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

10. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, o Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático inspeccionará as obras e montaxes efectuados e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

11. De conformidade co artigo 34.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contados desde o outorgamento da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

12. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que lle resulten de aplicación.

13. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

14. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servizo público ou interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Asemade, a promotora deberá obter os títulos habilitantes municipais de natureza urbanística que se recollen no artigo 40 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

15. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2025

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Pena Galluda

Nº predio

Titular

Parcela

Nº aero

Afeccións (m²)

Datos catastrais

Lugar

Uso

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidume voo aero

Servidume voo aero-vieiro

Ref. catastral

Plataforma

Vieiro

1

Antonio Martínez Queijo

15042B501004980000AE

Monte Pena Galluda

Eucaliptos

CE-01

716,39

2

Ramón Carnota Souto

15042B501004990000AS

Monte Pena Galluda

Eucaliptos

CE-01

162,70

853,41

87,95

3

Herminia Pombo Rey

15042B501005000000AS

Monte Pena Galluda

Eucaliptos

CE-01

308,61

4

Juan Luis Cortiña Abelleira

15042B501005010000AZ

Monte Pena Galluda

Matogueira

CE-01

135,62

5

Amelia Bértoa Suárez

15042A127001910000RZ

Monte Pena Galluda

Prados ou pradarías

CE-01

1.649,15

6

María Graña Regueira

15042A127000610000RS

Monte Pena Galluda

Prados ou pradarías

CE-01

12,18

1.824,64

7

Mª del Carmen Graña Grela

15042A127000600000RE

Monte Pena Galluda

Prados ou pradarías

CE-01

3.110,76

12,75

8

Fermín Vázquez Martínez

15042A127001900000RS

Monte Pena Galluda

Matogueira

CE-01

806,87

9

Josefina Graña Regueira

15042A127000620000RZ

Monte Pena Galluda

Matogueira

CE-01

100,98

563,61

Afeccións en metros cadrados (m²):

• Superficie de pleno dominio:

– Plataforma: plataforma de montaxe do aeroxerador.

• Servidume de paso:

– Vieiro: dereito de paso polos vieiros nos cales circularán os transportes para a construción, a vixilancia, a conservación e a reparación das instalacións do parque eólico.

• Servidume de voo aero: servidume definida pola superficie de barrido das pas do aeroxerador.

• Servidume de voo aero-vieiro: superficie en que se superpoñen a servidume de voo do aeroxerador coa servidume de paso do vieiro.