DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2025 Páx. 15176

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 23 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización do comercio local, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CO300A).

Advertidos erros na antedita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro de 2025, cómpre realizar as seguintes correccións:

– Na páxina 10590, no punto dous do artigo 6 das bases reguladoras, onde di: «A porcentaxe da subvención modúlase en función da puntuación total acadada na valoración do programa de actividades de dinamización comercial de cada centro comercial aberto de acordo cos criterios de valoración establecidos no punto 1.1 do artigo 13 destas bases reguladoras», debe dicir: «A porcentaxe da subvención modúlase en función da puntuación total acadada na valoración do programa de actividades de dinamización comercial de cada centro comercial aberto de acordo cos criterios de valoración establecidos no punto 1 do artigo 13 destas bases reguladoras».

– Nas páxinas 10590 e 10591, no punto tres do artigo 7 das bases reguladoras, onde di: «Para o desenvolvemento da campaña extraordinaria de dinamización consideraranse subvencionables as categorías de gasto establecidas no punto 2 do artigo 5 destas bases reguladoras, así como calquera outro que sexa necesario e indispensable para a súa execución. Non se considerarán subvencionables os gastos e actuacións previstas no punto 4 do artigo 5», debe dicir: «Para o desenvolvemento da campaña extraordinaria de dinamización consideraranse subvencionables as categorías de gasto establecidas nas letras a), b) e c) do punto 2 do artigo 5 destas bases reguladoras, así como calquera outro que sexa necesario e indispensable para a súa execución. Non se considerarán subvencionables os gastos e actuacións previstas no punto 4 do artigo 5».

– Na páxina 10604, na letra h) do artigo 20 das bases reguladoras, onde di: «Adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, de desenvolvemento desta e no artigo 18 destas bases reguladoras», debe dicir: «Adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, de desenvolvemento desta, e no artigo 21 destas bases reguladoras».