DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2025 Páx. 17350

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dispón o depósito e a inscrición no Rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade da acta da Comisión Paritaria do IV Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia en que se actualizaron as táboas salariais para o ano 2025.

Feitos:

O día 24 de febreiro de 2025 tivo entrada nesta unidade a solicitude para a inscrición no Rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade da acta da Comisión Paritaria do IV Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia en que se actualizaron as táboas salariais para o ano 2025.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, as competencias que como autoridade laboral lle corresponden á Consellería, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Segundo. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais, de convenios colectivos (Rexcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).

Terceiro. O artigo 8 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, regula o procedemento de inscrición de solicitudes de rexistro e convenios e acordos colectivos de traballo, e establece que a autoridade laboral competente ditará unha resolución en que se ordene o seu rexistro, depósito e publicación no boletín oficial correspondente.

Tras ser revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, esta Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de autoridade laboral,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o depósito e a inscrición no Rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo e plans de igualdade da acta da Comisión Paritaria do IV Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia en que se actualizaron as táboas salariais para o ano 2025.

Segundo. Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2025

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

Acta da Comisión Paritaria do IV Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia

Santiago de Compostela, ás 12.00 horas do día 18 de febreiro de 2025, reúnese a Comisión Paritaria do IV Convenio colectivo de eventos, servizos e producións culturais de Galicia.

Parte empresarial:

Beatriz Fernández Rivera (AGEM).

Diego Vázquez Meizoso (Escena Galega).

Daniel Aragunde Castro (Agatec).

Vicente Conde Bóveda (Agatec).

Parte sindical:

Ramón Dopico López (UGT).

Manuel González Pidre (CC.OO.).

Adolfo Naya Fernández (CIG).

Xabier Carnota Caneda (Tesgal).

José Ortigueira Búa (Tesgal).

O motivo da xuntanza é o de actualizar as táboas salariais do IV Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia para o ano 2025.

As representacións presentes, logo do oportuno debate, acordan:

Primeiro. Ao ser o IPC definitivo do ano 2024 do 2,8 % e en aplicación da garantía mínima establecida no Convenio colectivo (tanto para salarios como para axudas de custo) do 3 %, esta comisión acorda actualizar as táboas salariais para o exercicio 2025 (con efectos desde o 1.1.2025), e quedan estas como segue:

Convenio de eventos-Táboas salariais de 2025

Grupo

Bruto anual

Bruto mensual

Hora normal

Hora extra

Hora extra nocturna

Grupo I

26.938,00

2.244,83

16,08

20,91

24,04

Grupo II

24.878,91

2.073,24

14,85

19,31

22,21

Grupo III

22.170,50

1.847,54

13,24

17,21

19,79

Grupo IV

20.131,45

1.677,62

12,02

15,62

17,97

Grupo V

18.640,25

1.553,35

11,13

14,47

16,64

Axudas de custo

Ano

Almorzo

Xantar

Cea

2025

7,62

20,95

17,14

Quebranto de moeda

Ano

Mes

Xornada

2025

106,19

42,26

Segundo. Esta comisión acorda delegar no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicación do presente acordo ante a autoridade laboral competente.

Ao non ter máis asuntos que tratar, remata a xuntanza ás 13.00 horas do día sinalado no encabezamento e expídese para o efecto a presente acta, que asinan todos os asistentes en proba de conformidade.

Beatriz Fernández Rivera (AGEM)

Diego Vázquez Meizoso (Escena Galega)

Daniel Aragunde Castro (Agatec)

Vicente Conde Bóveda (Agatec)

Ramón Dopico López (UGT)

Manuel González Pidre (CC.OO.)

Adolfo Naya Fernández (CIG)

Xabier Carnota Caneda (Tesgal)

José Ortigueira Búa (Tesgal)