BDNS (Identif.): 822297.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para a tradución aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de editoras de acordo co establecido na presente orde, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2025 na epígrafe 476.1 Edición de libros do imposto de actividades económicas.
Non poden beneficiarse das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se atopen nos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Así mesmo, quedan excluídos os proxectos que presenten contratos de tradución con persoas xurídicas.
En ningún caso se concederán máis de cinco axudas por editor a obras nas cales conste o mesmo tradutor.
Segundo. Obxecto e finalidade
Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras, de acordo co establecido na presente orde. Código de procedemento CT221D.
A finalidade é subvencionar os custos da tradución das diferentes obras literarias en formato papel ou dixital para apoiar o libro galego e o mercado literario galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras, publicadas orixinariamente en galego.
Así mesmo, ten por obxecto convocar a dita subvención para o ano 2025.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 28 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución a outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT221D).
Cuarto. Importe
As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, por un importe máximo de 50.000 €, dos cales 22.500 € corresponden á anualidade de 2025 e 27.500 € á anualidade de 2026.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación esta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para estes efectos entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 28.6.2024; DOG núm. 130, do 5 de xullo)
Elvira María Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
