Antecedentes:
Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 28 de decembro de 2023 (DOG núm. 39, do 23 de febreiro de 2024), acordou a aprobación definitiva do proxecto de interese autonómico (en diante, PIA) para a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-fase III. Esta aprobación definitiva leva implícita a declaración de utilidade pública e o interese social das obras, instalacións e servizos, así como a necesidade de ocupación para os efectos expropiatorios dos bens e dereitos necesarios para a súa execución.
Segundo. O PIA ten por obxecto o desenvolvemento da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei, segundo as determinacións establecidas na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia (en diante, LOT); garantir a axeitada inserción do parque empresarial no territorio, así como a súa conexión coas redes e servizos correspondentes sen menoscabo da funcionalidade dos existentes, a súa adaptación ao eido no que se proxecta e a súa articulación coas determinacións do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia vixente (en diante, PSOAEG).
En Palas de Rei existe un parque empresarial que foi incorporado ao PSOAEG como fase I. En funcionamento. No propio PSOAEG foi proposta a súa ampliación (fase II). Na primeira modificación do PSOAEG, aprobada mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de novembro de 2018 (DOG núm. 242, do 20 de decembro), delimitouse unha terceira fase (código de área 27040013).
Terceiro. No proceso de achegamento á realidade física durante a redacción do PIA da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei, propio do seu nivel de detalle, observáronse varios desaxustes no linde de contacto coa fase I e mesmo a afección do Camiño de Santiago. Isto motivou que na modificación puntual nº 2 do PSOAEG se modificase a delimitación da fase III axustándoa á realidade.
Cuarto. O 21 de decembro de 2023 foi aprobada definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia a modificación puntual nº 2 do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2024), que recolle a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei coa fase III. Polo tanto, trátase dun PIA previsto no PSOAEG vixente.
Quinto. Xestión de Solo de Galicia-Xestur S.A (en diante, Xestur), que actúa como promotora do citado parque empresarial, presentoulle con data do 14 de outubro de 2024 á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial da Consellería de Economía e Industria o proxecto de expropiación dos terreos, bens e dereitos afectados pola ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-fase III, para a súa tramitación.
Sexto. En virtude da Resolución do 18 de outubro de 2024, a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei–Lugo, fase III, e sometelo á información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 219, do 13 de novembro) e nun xornal dos de maior circulación na provincia (anuncio publicado en El Progreso do 13 de novembro).
Sétimo. A taxación dos bens e dereitos que se precisan ocupar neste expediente notificóuselles individualmente aos que aparecen como os seus respectivos titulares, mediante traslado literal da citada Resolución do 18 de outubro de 2024 e da correspondente folla de valoración e de prezo xusto e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que puidesen formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de recepción da referida notificación, tal e como se sinala no artigo 118.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Igualmente, a dita resolución publicouse por medio de anuncio no Boletín oficial del Estado (BOE núm. 308, do 23 de decembro de 2024), para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Ademais, o expediente estivo exposto ao dispor das persoas interesadas polo prazo dun mes no Concello de Palas de Rei, nas oficinas da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria na rolda da Muralla nº 70, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, ademais de na páxina web da consellería https://economia.xunta.gal. Igualmente, deuse audiencia ao citado concello e notificóuselle ao Ministerio Fiscal e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda.
Oitavo. Cumpridos os anteriores trámites, elaborouse un informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas, así como as preceptivas follas de prezo xusto definitivas. Con data do 21 de febreiro de 2025, Xestur presentou no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia o proxecto de expropiación para a aprobación definitiva redactado pola empresa Proyestegal, S.L.
Noveno. O proxecto para a aprobación definitiva foi asinado polo representante da Administración e polo perito da Administración.
Con data do 6 de marzo de 2025, a xefa do Servizo de Planificación e Ordenación de Solo Empresarial emite informe proposta de resolución de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-fase III (Lugo).
Consideracións legais:
Primeira. O procedemento do expediente expropiatorio iníciase en virtude da aprobación definitiva do PIA para a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-fase III. A aprobación deste instrumento de ordenación do territorio implica a declaración de dereitos de utilidade pública afectados, así como a necesidade de ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a súa execución de conformidade cos artigos 85.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 202.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, así como no artigo 59 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia. Igualmente, de acordo co artigo 59.2 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio, a aprobación do PIA determinará a declaración de prevalencia dos usos previstos no instrumento.
Así mesmo, de conformidade cos artigos 117.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 290.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, establécese que a expropiación se aplicará por polígonos completos e abarcará todos os bens e dereitos neles incluídos.
Segunda. De acordo co artigo 20, alínea g) do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, correspóndelle á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial a adquisición de solo por calquera título, mesmo por expropiación forzosa, dos terreos destinados á formación de reservas de solo, preparación de soares, dotacións e equipamento, para o desenvolvemento e a xestión da política de solo empresarial.
Terceira. O artigo 118.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, establece que, emitido informe sobre as alegacións, someterase o expediente á aprobación do órgano municipal ou autonómico que sexa competente. Enténdese que o órgano autonómico competente será a persoa titular da consellería expropiante.
De acordo coa Orde do 4 de novembro de 2024 (DOG núm. 217, do 11 de novembro), sobre delegacións de competencias en diversos órganos da Consellería de Economía e Industria, establécese no seu artigo 11. Delegacións singulares:
«2. Delégase na persoa titular da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial o exercicio das facultades que, en materia de expropiación forzosa e dentro do seu ámbito competencial, o ordenamento atribúelle á persoa titular da consellería expropiatoria, con especial referencia á aprobación dos expedientes expropiatorios correspondentes a proxectos de interese autonómico para parques empresariais».
Cuarta. Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia; no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016; no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana; no Real decreto 1492/2011, do 24 do outubro, polo que se aproba o Regulamento de valoración da Lei do solo, e pola Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia.
Quinta. O expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta e de acordo co disposto nos artigos 117 e 118 da Lei 2/2016; 42 e seguintes do Real decreto lexislativo 7/2015; e artigo 290 e seguintes do Decreto 143/2016.
Sexta. Para os efectos de fixación do prezo xusto, o seu pagamento ás persoas propietarias e a ocupación dos predios afectados, confeccionouse o oportuno expediente, de acordo coa normativa previamente citada. Este proxecto de expropiación tramítase polo procedemento de taxación conxunta e ten por obxecto a expropiación pola Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial dos bens e dereitos necesarios para a execución da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-fase III, tendo Xestur a condición de beneficiaria da expropiación.
De conformidade co disposto no número 10 do artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.
Sétima. O expediente tramitado reúne a documentación relacionada no artigo 118.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Di así o citado artigo:
«1. Nos supostos do procedemento de taxación conxunta, o expediente conterá os seguintes documentos:
a) Delimitación do ámbito territorial, cos documentos que o identifiquen en canto á situación, superficie e lindes coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación dos seus titulares.
b) Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.
c) Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, en que se conterá non só o valor do solo, senón tamén o correspondente ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.
d) Follas de prezo xusto que correspondan a outras indemnizacións.
2. O proxecto de expropiación, cos documentos sinalados, será aprobado inicialmente e exposto ao público polo prazo dun mes, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».
A relación das persoas titulares dos bens e dereitos que se expropian figuran no anexo desta resolución. Por tanto,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola ampliación do parque empresarial de Palas de Rei (fase III) e, consecuentemente, a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.
Segundo. Ordenar a notificación desta resolución, de xeito individualizado, a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran como tales neste expediente de expropiación, ao cal se deberá unir a correspondente folla de prezo xusto definitiva.
Igualmente, deberase notificar esta resolución ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no expediente expropiatorio que se aproba, e á Delegación Provincial de Lugo do Ministerio de Economía e Facenda, unha vez determinado, con carácter firme, o prezo xusto dos bens e dereitos que se expropian.
Terceiro. Ordenar a publicación desta resolución, así como o seu anexo de relación de bens e dereitos afectados, no DOG e no taboleiro de edictos do Concello de Palas de Rei. Así mesmo, publicarase un anuncio no BOE para os efectos de que sirva de notificación aos propietarios descoñecidos e dos cales se ignore o lugar de notificación ou o medio, ou ben, se intentada esta non se puidese efectuar, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Cuarto. Durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da recepción da notificación ou, de ser o caso, da data da publicación no BOE, os interesados poderán manifestar, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, a súa desconformidade coa valoración fixada no expediente aprobado, conforme o que dispón o artigo 118.7 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
A dita desconformidade presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do procedemento normalizado con código de procedemento PR004A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/, que deberá dirixirse á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aqueles suxeitos non obrigados a relacionarse electrónicamente coas administracións públicas, conforme o artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderán presentar a súa desconformidade por calquera dos medios recollidos no artigo 16. 4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Transcorrido o citado prazo sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente e entenderase determinado o prezo xusto definitivamente, de conformidade co artigo 118.8 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2025
A conselleira de Economía e industria
P.D. (Orde do 4.11.2024)
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
ANEXO
Relación de bens, dereitos e titulares afectados polo proxecto
de expropiación para a execución da ampliación
do parque empresarial de Palas de Rei-fase III (Lugo)
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Superficie |
Superficie afectada (m²) |
|
1 |
27040A001000020000UP |
José Otero Mosquera |
62.855,00 |
29.601,00 |
|
2 |
27040A001000130000UD/ 27040A001000130001IF |
Manuel Pereiro Orozco |
612,00 |
190,00 |
|
3-4-7 |
27040A001006030000UB/ 27040A001006030001IZ |
Mourenza y Pardo, S.L. |
2.927,00 |
2.385,00 |
|
5 |
27040A001000170000UE/ 27040A001000170001IR |
José Manuel Buján Pereiro |
524,00 |
524,00 |
|
6 |
27040A001000180000US/ 27040A001000180001ID |
Jorge Buján Barreiro |
4.566,00 |
4.566,00 |
|
8 |
1875602NH9417N0000IS/ 1875602NH9417N0001OD |
María Jesús Quintas Ouro |
510,00 |
130,00 |
|
9 |
1875603NH9417N0001KD |
María Rosa Vázquez García María del Rosario Vázquez García |
1.441,00 |
96,00 |
|
10 |
2075401NH9427N0000XH |
José Otero Mosquera |
3.187,00 |
1.992,00 |
|
11 |
1873811NH9417S0001GZ |
Concello de Palas de Rei |
2.860,00 |
538,00 |
|
12 |
1775404NH9417N0001RD |
Concello de Palas de Rei |
759,00 |
57,00 |
|
13 |
1775402NH9417N0001OD |
Vizcaíno Pazos Eutiquio |
1.871,00 |
110,00 |
