Visto o expediente de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionario: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Regulamentación LMTA TTL805 en tramo entre apoios número D76-106-20-7 e número D76-106-20-11 (Láncara).
Situación: concello de Láncara.
Características técnicas principais:
Reglamentación na LMTA TTL805 (expediente 4483 AT) consistente en:
• LMTA a 20 kV con orixe no apoio D76-106-20-7 proxectado tipo C-18/3000 e final no apoio D76-106-20-11 proxectado tipo C-20/1000, cunha lonxitude de 217 metros en condutor tipo LA-56.
• LMTA a 20kV con orixe no apoio D76-106-20-7 proxectado tipo C-18/3000 e final no CTI 50 kVA proxectado, cunha lonxitude de 25 metros en condutor tipo LA-56.
• Substitución do CT Mourillón_2 (expediente 3706 AT) por un CTI sobre apoio proxectado D76-106-20-7-1-CT tipo C-14/2000, cunha potencia proxectada de 50 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.
Finalidade da instalación: mellora da instalación.
Orzamento: 39.611,45 €.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Láncara.
• Separata para Telefónica.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. Deberán cumprirse sempre as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 12 de marzo de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
