BDNS (Identif.): 825192.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/825192
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación e que cumpran coa normativa vixente en materia de plantacións de viñedo, para todas as superficies de viñedo da súa explotación e coas disposicións relativas ás declaracións obrigatorias do sector vitivinícola.
Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas en réxime de concorrencia competitiva para a intervención de colleita en verde do viñedo de Galicia.
Terceiro. Operacións subvencionables
A axuda á colleita en verde concederase para a acción de vendima manual e consistirá na destrución ou eliminación total dos acios de uvas de viñedos que se destinen á produción de uva para vinificación e que cumpran coa normativa vixente de plantacións de viñedo, cando aínda están inmaturos, de maneira que se reduza a cero o rendemento da parcela, sen que poidan existir uvas sen vendimar na parcela de viñedo obxecto da axuda.
Cuarto. Bases reguladoras
Orde do 4 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á colleita en verde da viña en Galicia e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR446C).
Quinto. Contía das axudas
A axuda consistirá nunha compensación ás persoas viticultoras pola perda de ingresos debida á execución da operación e nunha contribución aos custos incorridos na devandita operación.
A compensación pola perda de ingresos consistirá nunha compensación económica do 50 % ao resultado do produto do:
a) Rendemento medio da parcela obxecto da axuda considerando para o seu cálculo a media aritmética das tres últimas campañas vitícolas. No caso de que este rendemento medio supere o rendemento medio obtido do informe da vendima da denominación de orixe, o rendemento medio que se aplicará estará limitado polo informe da vendima.
b) Valor medio da uva. O valor medio da uva para esta convocatoria é de 1,17 €/kg, proveniente do prezo medio da uva das últimas tres campañas de que se dispón de datos (2021, 2022 e 2023).
A contribución polos custos incorridos será o resultado de aplicar a porcentaxe do 50 % ao custo unitario correspondente.
|
Baremos estándar de custos unitarios |
|
|
Vendima manual mediante contribución en especie |
Vendima manual mediante contratación externa ou persoal asalariado |
|
1.547,57 €/ha |
2.499,78 €/ha |
Sexto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación iníciase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finaliza o 25 de abril 2025.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2025
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
