DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2025 Páx. 21484

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 2 de abril de 2025 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 30 do marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F).

missing image file

O día 1 de abril de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde 30 do marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F).

A finalidade da dita orde é convocar as axudas na Comunidade Autónoma de Galicia, en desenvolvemento das bases reguladoras recollidas no Real decreto 983/2021, do 16 de novembro, que aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (BOE núm. 275, do 17 de novembro).

Este programa de incentivos busca acelerar os investimentos clave para a sustentabilidade do transporte, co fin de impulsar melloras no sector. Desta maneira, pretende favorecer a descarbonización e a mellora do aire nas cidades mediante a renovación das frotas de vehículos.

As axudas obxecto desta orde están financiadas polo Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia establecido no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, a través das contías asignadas nos orzamentos xerais de cada ano ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, ao estar este programa incluído no compoñente 1 do PRTR.

De conformidade co anexo II do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro, mediante a Resolución da Secretaría do Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do 11 de decembro de 2021 concedeuse á Comunidade Autónoma de Galicia unha subvención por importe de 12.818.438 €, dos que se reservaron 384.553,14 € para custos indirectos imputables, segundo se prevé no artigo 7 do citado real decreto.

Ao financiamento destas actuacións destináronse 12.433.884,86 €, con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.512A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2022, 2023 e 2024, que podía ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Secretaría de Estado do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, de acordo co previsto no artigo 7.8 do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro.

Unha vez constatado que o importe das solicitudes presentadas superou amplamente a cobertura orzamentaria inicialmente disposta, solicitáronse para a Comunidade Autónoma de Galicia, mediante dous escritos do director xeral de Mobilidade, con datas do 8 de agosto de 2022 e 14 de marzo de 2023, respectivamente, dúas sucesivas ampliacións do crédito do programa de axudas para a transformación de frotas por un importe total de 16.649.235,56 €.

Mediante a Resolución do 17 de novembro de 2022, da Secretaría de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, concedeuse á Comunidade Autónoma de Galicia a primeira ampliación da subvención regulada no Real decreto 983/2021, do 16 de novembro, por un importe de 7.574.288,47 €. A segunda ampliación, por valor de 9.074.947,09 €, aprobouse a través da Resolución do 17 de agosto de 2023, da Secretaría de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Unha vez efectuadas estas dúas ampliacións, o importe total destas axudas ascendeu a 29.467.673,56 €. Tendo en conta a previsión do artigo 6.2 do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro, que prevé o destino de ata o 3 % do crédito a custos indirectos imputables ás actuacións subvencionables, o importe destinado ás axudas é de 28.583.643,36 €.

O artigo 4.3 da Orde do 30 de marzo de 2022 dispón que, no caso de que o orzamento do programa sexa ampliado, se publicará o dito incremento do crédito polos mesmos medios que a convocatoria, isto é, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade. De conformidade co exposto, as dúas ampliacións do orzamento foron publicadas, respectivamente, na Orde do 9 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 10, do 16 de xaneiro) e na Orde do 19 de outubro de 2023 (DOG núm. 204, do 26 de outubro).

Posteriormente, e de conformidade co recollido no artigo 4.2 da orde reguladora das axudas, constatando que quedaban menos de tres meses para a finalización da vixencia da convocatoria (o 30 de abril de 2024) e que na actividade 1 (achatarramento) existía listaxe de espera e o resto das partidas orzamentarias non esgotaran o crédito asignado, acordouse unha redistribución do orzamento a favor da liña de achatarramento, quedando sen efecto as porcentaxes establecidas no artigo 7.4 do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro. Os criterios para esta redistribución recóllense na Orde do 6 de marzo de 2024 (DOG núm. 54, do 15 de marzo) e a concreción do importe finalmente asignado a esta na Resolución do 22 de marzo de 2024.

A citada redistribución do crédito realizouse atendendo ao importe correspondente ao conxunto de solicitudes formuladas para cada unha delas ata o día anterior ao da publicación da Orde do 6 de marzo de 2024, é dicir, ata o 14 de marzo de 2024. Deste xeito, tendo en conta que as solicitudes formuladas para a actividade 1 superaban o importe total dispoñible, aquelas que se presentaron con posterioridade ao 14 de marzo de 2024 para calquera das cinco actividades pasaron a unha listaxe de espera común.

Tras a publicación do Decreto 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG núm. 101, do 27 de maio), a Dirección Xeral de Mobilidade integrouse no organigrama da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Por medio da Resolución do secretario de Estado de Transportes e Mobilidade Sustentable, do 5 de abril de 2024, estableceuse un novo prazo para a solicitude de ampliación de orzamento por parte das comunidades autónomas e cidades de Ceuta e Melilla, tras observar a existencia dun remanente do crédito a nivel estatal para estas axudas unha vez que finalizou o prazo inicial para as peticións de incremento orzamentario.

O secretario de Estado de Transportes e Mobilidade Sustentable resolveu, con data do 14 de xuño de 2024, outorgar á Comunidade Autónoma de Galicia una ampliación do orzamento dispoñible para estas axudas por valor de 1.358.883,13 €. Esta ampliación foi aprobada pola Orde do 24 de outubro de 2024 (DOG núm. 211, do 31 de outubro).

Deste xeito, actualmente, a dotación orzamentaria (que se corresponde coa partida 2025.05.08.512A.770.0) distribúese da seguinte maneira entre as distintas actividades (detraído o importe correspondente ao 3 % de custos indirectos):

Actividade

Partida orzamentaria

Crédito ( €)

Actividade 1

2025.05.08.512A.770.0

20.175.650,03

Actividade 2

2025.05.08.512A.770.0

9.726.109,66

Actividade 3

2025.05.08.512A.770.0

0,00

Actividade 4

2025.05.08.512A.770.0

0,00

Actividade 5

2025.05.08.512A.770.0

0,00

Posteriormente, a través do título IV do Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño, polo que se prorrogan determinadas medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo e se adoptan medidas urxentes en materia fiscal, enerxética e social, acordouse unha nova ampliación do crédito do programa por importe de 50.000.000 €, ben que neste caso se financia con cargo ao estado de gastos dos orzamentos xerais do Estado do ano 2024. A Comunidade Autónoma de Galicia, mediante escrito do 1 de xullo de 2024, da directora xeral de Mobilidade, solicitou a ampliación do crédito conforme o disposto no real decreto lei.

De acordo coa Orde do 10 de outubro de 2024, do ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable concedéronselle á Comunidade Autónoma de Galicia 4.005.992,37 €. Dos anteriores 120.179,77 € correspóndense con custos indirectos. O saldo restante (3.885.812,60 €) destínase ao financiamento das actividades subvencionables.

De acordo co exposto, e de conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación de crédito

Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Orde do 30 do marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 64, do 1 de abril, por un importe de 4.005.992,37 €.

O 3 % do importe, 120.179,77 €, destinarase a custos indirectos (2025.05.08.512A.640.0), polo que o saldo restante, 3.885.812,60 €, se xerará na aplicación orzamentaria 2025.05.08.512A.770.0, do orzamento de gastos da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para o ano 2025.

O incremento orzamentario será destinado á cobertura da listaxe de espera existente que, a partir das solicitudes presentadas desde o 15 de marzo de 2024, é conxunta para as cinco actividades de que se compón a convocatoria.

Unha vez efectuada esta ampliación, o importe total destas axudas ascende a 34.832.549,06 €.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2025

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes