DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2025 Páx. 23166

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2025 pola que se lle dá publicidade á encomenda á empresa pública Tecnología y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. da execución da recollida de mostras do Programa de vixilancia das zonas de baño de Galicia durante as tempadas 2025, 2026 e 2027.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución da Consellería de Sanidade, do 28 de marzo de 2025, pola que se lle encomenda á empresa pública Tecnología y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. a coordinación e a recollida de mostras do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia durante as tempadas 2025, 2026 e 2027.

– Obxecto: coordinar e levar a cabo as actividades necesarias para a execución da recollida de mostras do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia. Actividades:

a) A coordinación de equipos para asegurar a boa marcha do operativo e a comunicación necesaria coa Consellería de Sanidade.

b) A elaboración dos calendarios de recollida de augas de baño.

c) A recollida de mostras establecidas no calendario de control.

d) A entrega das mostras no laboratorio para a súa posterior análise.

e) A repetición de mostraxes se se supera nos parámetros microbiolóxicos analizados nos controis quinquenais o valor de 800 NMP/100 mL de Escherichia coli ou de 500 NMP/100 mL de enterococos intestinais, ou cando se cumpran as seguintes condicións: resultado non esperado nunha mostraxe, con base no histórico do punto de mostraxe; condicións meteorolóxicas desfavorables nos días da mostraxe, e calquera outro feito puntual que poida ser emendable e non repercuta na calidade da auga de xeito permanente.

f) Tratamento e remisión da información recollida con cada mostraxe.

– Orzamento: 648.438,87 euros, distribuídos en tres anualidades do seguinte xeito:

– Tempada de 2025: 205.781,56 euros.

– Tempada de 2026: 226.511,02 euros.

– Tempada de 2027: 216.146,29 euros.

– Obrigas económicas: realizaranse pagamentos parciais logo de certificación dos traballos realizados. O aboamento dos traballos realizarase contra presentación de factura pola empresa e logo de conformidade da Dirección Xeral de Saúde Pública sobre a súa correcta realización.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encomenda ten natureza de encarga a medio propio, de acordo co disposto no artigo 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e no artigo 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. Tal condición de medio propio vén recollida no artigo 2 do Real decreto 69/2019, do 15 de febreiro, polo que se desenvolve o réxime xurídico da Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e da súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

– Vixencia: a encomenda desenvolverase en tres campañas de mostraxe coa seguinte duración cada unha delas:

– Mostraxe 2025: entre o 2 de maio e o 5 de outubro de 2025.

– Mostraxe 2026: entre o 2 de maio e o 5 de outubro de 2026.

– Mostraxe 2027: entre o 2 de maio e o 5 de outubro de 2027.

A encomenda poderá prorrogarse dous anos máis por acordo unánime das partes, antes da data en que finalice a súa vixencia, sempre que exista crédito orzamentario suficiente.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2025

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade