DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2025 Páx. 23368

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 10 de abril de 2025 de concesión de subvencións ao abeiro da Orde do 18 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025 (código de procedemento BS508E).

No Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 14 de xaneiro de 2025, publícase a Orde do 18 de decembro de 2024, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, coas bases reguladoras das subvencións a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025 (código de procedemento BS508E).

De conformidade co artigo 18 da antedita orde, a resolución do procedemento de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Así mesmo, o artigo 20 da mesma orde establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Tras a instrución do procedemento, con data do 10 de abril de 2025 o órgano competente emite a resolución que finaliza o procedemento de concesión das subvencións para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 10 de abril de 2025, para o procedemento BS508E, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 10 de abril de 2025 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2025

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Resolución do 10 de abril de 2025, ditada no procedemento BS508E,
de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional
no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional,
no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado
pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025

Con data do 14 de xaneiro de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 8 a Orde do 18 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025 (código de procedemento BS508E).

O artigo 9 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Finalizado o prazo, unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Con data do 12 de marzo de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas, con indicación expresa ás entidades solicitantes de que son requiridas para que, no prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria, con indicación de que, se así non o fixeren, se considerará que desisten da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Finalizado o prazo, logo de analizar a documentación, con data do 2 de abril de 2025 e de acordo co disposto nos artigos 15, 16, 17 e 18 da dita orde de convocatoria, reuniuse a comisión avaliadora para analizar as solicitudes de axuda e valorar os proxectos presentados polas entidades de acción voluntaria e as entidades locais, así como para elaborar o correspondente informe en que figuran as entidades con proxectos valorados.

Emitido o informe coa valoración dos proxectos presentados, o Servizo de Voluntariado e Participación, órgano instrutor do procedemento, emite, de conformidade co disposto no artigo 18 da orde de convocatoria, a proposta de resolución o 3 de abril de 2025.

Vista a proposta de resolución e de conformidade co disposto no artigo 18 da Orde do 18 de decembro de 2024,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a axuda ás entidades locais propostas no anexo I, ao abeiro da Orde do 18 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade dos criterios de valoración previstos no artigo 16 das bases reguladoras, por un importe total de 176.912,94 €, para entidades locais, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.460.0.

Segundo. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas no anexo II, ao abeiro da Orde do 18 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade dos criterios de valoración previstos no artigo 16 das bases reguladoras, por un importe total de 279.036,10 €, para entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0.

Da contía prevista para entidades locais resérvase un 15 % para as solicitudes presentadas conxuntamente.

Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 18 de decembro de 2024 e, especialmente, ás establecidas no artigo 26.

A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 23 da convocatoria.

Así mesmo, o pagamento das axudas realizarase de acordo co previsto no artigo 24 da mesma convocatoria.

Cuarto. Denegar as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa concreta que motivou a denegación.

Quinto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Artigo 18 e disposición adicional terceira da Orde do 18.12.2024), Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude

ANEXO I

Axudas concedidas a entidades locais

Concesións individuais.

Nº de exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido (€)

1

2025/010

Concello de Vedra

P1509000D

A Coruña

72,25

25.000,00

2

2025/023

Concello de Muxía

P1505300B

A Coruña

71,07

15.000,00

3

2025/024

Concello de Padrón

P1506600D

A Coruña

61,53

18.730,00

4

2025/008

Concello da Baña

P1500700H

A Coruña

51,75

15.020,00

5

2025/018

Concello de San Xoán de Río

P3207100C

Ourense

77,75

15.000,00

6

2025/013

Concello de Cenlle

P3202600G

Ourense

63,04

15.000,00

7

2025/004

Concello da Veiga

P3208400F

Ourense

62,25

25.000,00

8

2025/015

Concello de Vilar de Barrio

P3209000C

Ourense

54,00

2.918,00

9

2025/025

Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado

P3604200J

Pontevedra

64,00

25.000,00

10

2025/030

Concello de Mos

P3603300I

Pontevedra

62,00

20.244,94

Total

176.912,94

ANEXO II

Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria

Nº de exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido (€)

1

2025/007

Asociación Medioambiental Amabul

G15925209

A Coruña

87,27

21.000,00

2

2025/016

Asociación Integro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra

G15173263

A Coruña

71,45

13.000,00

3

2025/021

Fundación Ronsel

G15752660

A Coruña

65,93

17.000,00

4

2025/019

Asociación Ecos do Sur

G15354483

A Coruña

65,87

16.848,10

5

2025/012

Escola de Tempo Libre Colaxe

G10818920

A Coruña

65,75

17.000,00

6

2025/005

Asociación de Colaboración y Promoción del Sordo, Acopros

G15048762

A Coruña

59,10

25.000,00

7

2025/031

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

A Coruña

58,25

16.000,00

8

2025/027

Grupo Compostela de Universidades

G15520307

A Coruña

56,34

18.000,00

9

2025/017

Valoresc Innovation

G70377585

Ourense

77,00

25.000,00

10

2025/002

Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos

G32345274

Ourense

75,50

25.000,00

11

2025/003

Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca da Limia

G32302671

Ourense

70,87

15.000,00

12

2025/009

Asociación Cultural, Social, Deportiva, Lúdica, Ecolóxica, da Muller, de Inclusión, do Rural, Vive Vilariño

G32504508

Ourense

59,75

25.000,00

13

2025/032

Asociación Sustinea

G32422834

Ourense

51,82

9.100,00

14

2025/029

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de la Comarca del Morrazo, Afamo

G36368488

Pontevedra

77,50

15.000,00

15

2025/011

Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural, ADEC

G94153053

Pontevedra

66,92

11.268,00

16

2025/026

Asociación Cultural O Castro

G36116879

Pontevedra

58,60

9.820,00

Total

279.036,10

ANEXO III

Solicitudes denegadas

Denegadas entidades locais.

Nº de exp.

Entidade

NIF

Provincia

Motivo da denegación

1

2025/014

Concello de Cangas-Oficina Municipal de Voluntariado

P3600800A

Pontevedra

Non alcanzar a puntuación requirida

Denegadas entidades de acción voluntaria.

Nº de exp.

Entidade

NIF

Provincia

Motivo da denegación

1

2025/022

Asociación Euroeume

G15608821

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

2

2025/001

Xeración Asociación Cultural

G70385091

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

3

2025/033

Asociación Tempus, de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer

G15681000

A Coruña

Desistencia

4

2025/034

Asociación Antonio Noche

G15210388

A Coruña

Desistencia

5

2025/028

Asociación Montes e Vales Orientais

G27389139

Lugo

Non alcanzar a puntuación requirida

6

2025/020

Asociación Veciñal Gutier Menéndez

G32503971

Ourense

Non alcanzar a puntuación requirida