DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2025 Páx. 23524

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 3 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as asociacións profesionais de transportistas e de empresas de actividades auxiliares e complementarias do transporte por estrada para acreditaren a súa representatividade co fin de revisar a composición do Comité Galego de Transporte por Estrada.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 70, do xoves 10 de abril de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 21494, onde di:

«Para a sección de transporte público regular de uso xeral interurbano de viaxeiros en autobús será necesario incluír o número de autorización de cada empresa».

Debe eliminarse ese parágrafo.

Esta corrección de erros non modifica o prazo de presentación da documentación acreditativa, que finaliza o 16 de maio de 2025.