No Diario Oficial de Galicia número 55, do 20 de marzo de 2025, publicase a Resolución do 10 de marzo de 2025 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación de Concepción Arenal, na Coruña (35 prazas) (código de procedemento BS213R).
No anexo I da dita Resolución do 10 de marzo de 2025 recóllense as bases polas cales se rexe o procedemento de selección das entidades privadas sen ánimo de lucro para a referida atención residencial e a intervención educativa integral, e establécese un prazo de presentación de solicitudes dun mes desde o día seguinte á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co establecido na dita resolución, unha vez revisadas e avaliadas pola Comisión de Valoración as solicitudes presentadas e emitido o informe, o órgano instrutor elevará á persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade unha proposta de resolución na cal se especificará a entidade seleccionada para levar a cabo a dita atención residencial e a intervención educativa integral no centro de reeducación de Concepción Arenal. A resolución que poña fin ao procedemento de selección de entidade colaboradora ditaraa a persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade no prazo máximo de tres meses, contados desde a publicación da Resolución do 10 de marzo de 2025. Transcorrido o dito prazo sen que se dite unha resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude por silencio, ao abeiro do establecido no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O anexo I da Resolución do 10 de marzo de 2025 establece que a resolución do procedemento se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
No presente procedemento, a ausencia de solicitudes que concorran á convocatoria determina que con data do 22 de abril de 2025 a persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade emita a decisión coa declaración de deserto do procedemento de selección de entidade privada para a atención residencial e a intervención educativa integral no centro de reeducación de Concepción Arenal da Coruña.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 22 de abril de 2025 ditada no procedemento BS213R de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación de Concepción Arenal na Coruña, que se xunta coa presente resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 22 de abril de 2025 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2025
Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
ANEXO
Resolución do 22 de abril de 2025 pola que se declara deserto o procedemento de asignación de concerto social co fin de seleccionar unha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación de Concepción Arenal, na Coruña (35 prazas) (código de procedemento BS213R).
1. O día 20 de marzo de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 10 de marzo de 2025, da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección de entidade privada sen ánimo de lucro, para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación de Concepción Arenal, na Coruña (35 prazas) (código de procedemento BS213R).
2. De acordo co indicado na dita resolución, a entidade coa cal se asine o concerto social percibirá da Consellería de Política Social e Igualdade, con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.312B.228 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, unha compensación para o desenvolvemento da actividade concertada de 12.026.957,70 €. O dito importe será distribuído como segue:
|
Distribución de anualidades no Centro Concepción Arenal |
||||||
|
2025 (7 meses) |
2026 |
2027 |
2028 |
2029 (5 meses) |
Total |
|
|
Total (sen IVE) |
1.727.632,68 € |
3.004.001,68 € |
3.016.204,56 € |
3.019.757,05 € |
1.259.361,73 € |
12.026.957,70 € |
3. De acordo co establecido no punto J) do anexo I da Resolución do 10 de marzo de 2025, a resolución deste concerto social correspóndelle, de acordo coa posibilidade de delegación que se recolle no artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Consellería de Política Social e Igualdade.
Consideracións legais e técnicas:
1. Resolución do 10 de marzo de 2025, da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Concepción Arenal na Coruña (35 prazas) (código de procedemento BS213R).
No anexo I da dita Resolución do 10 de marzo de 2025 recóllense as bases polas cales se rexe o procedemento de selección das entidades privadas sen ánimo de lucro para a referida atención residencial e a intervención educativa integral, e establécese un prazo de presentación de solicitudes dun mes desde o día seguinte á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co establecido na dita resolución, unha vez revisadas e avaliadas pola Comisión de Valoración as solicitudes presentadas e emitido o informe, o órgano instrutor elevaralle á persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade unha proposta de resolución na cal se especificará a entidade seleccionada para levar a cabo a dita atención residencial e a intervención educativa integral no centro de reeducación de Concepción Arenal. A resolución que poña fin ao procedemento de selección de entidade colaboradora ditaraa a persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade no prazo máximo de tres meses, contados desde a publicación da Resolución do 10 de marzo de 2025. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude por silencio, ao abeiro do establecido no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
2. Transcorrido o prazo legal previsto na resolución para presentar as solicitudes, a ausencia delas que concorran á convocatoria determina que con data do 22 de abril de 2025 a persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade emita a decisión coa declaración de deserto do procedemento de selección de entidade privada para a atención residencia e a intervención educativa integral no centro de reeducación de Concepción Arenal da Coruña.
3. De acordo co establecido na cláusula M) da Resolución do 10 de marzo, a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos de notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Pór fin ao procedemento de selección de entidades sen ánimo de lucro sen levar a cabo a selección de ningunha entidade, por non se presentar ningunha proposta para a sinatura do concerto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, de ser o caso, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á notificiación desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e anexo I.J) da Resolución do 10.3.2025). Jacobo José Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
