DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2025 Páx. 27871

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX), convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xaneiro de 2025 (DOG número. 22, do 3 de febreiro), para cualificar este proceso selectivo

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, na sesión que tivo lugar o 8 de abril de 2025, logo de revisar as alegacións presentadas, anúlanse as preguntas 74 e 77 do cuestionario para o acceso pola quenda de acceso libre. No seu lugar computarán as preguntas de reserva con número 123 e 124, respectivamente.

De igual forma, anúlanse as preguntas 54 e 57 do cuestionario para o acceso pola quenda de promoción interna. No seu lugar computarán as preguntas de reserva con número 101 e 102, respectivamente.

As restantes reclamacións desestímanse na súa totalidade.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.1.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de cincuenta (50) puntos.

Mediante a Resolución deste tribunal do 2 de marzo de 2025, deuse publicidade dos parámetros para a cualificación do exercicio, que establecen que no acceso pola quenda de promoción interna superarán o exercicio as persoas aspirantes que acaden, en cada unha das partes, o 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Non obstante, de darse o caso de que o número de aspirantes que acaden, en cada unha das partes, o 50 % das respostas netas sexa inferior ao número de prazas convocadas por esta quenda, superan o exercicio as persoas aspirantes que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

En acceso libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas por esta quenda, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Non obstante, de darse o caso de que o número de aspirantes que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas netas sexa inferior ao resultado de multiplicar por catro o número de prazas convocadas, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións, ata acadar a devandita cifra, sempre que obtivesen, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Para os efectos do previsto nos dous parágrafos anteriores, no que se refire ao número máximo de prazas convocadas pola quenda de acceso libre, terase en conta que as prazas non cubertas pola quenda de promoción interna se acumularán ás prazas convocadas pola quenda de acceso libre.

As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque o corte considéranse igualmente aptas.

O exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de cincuenta (50) puntos. Asignarase a valoración de 50 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada segundo os criterios anteriores. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 50 e os 100 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. As persoas aspirantes que non superen o exercicio serán declaradas non aptas.

Terceiro. Unha vez feita a corrección dos exames nas sesións que tiveron lugar os días 9 e 10 de abril de 2025, de acordo cos criterios anteriores, e feitas as deducións segundo o establecido na base II.1.1.1 da convocatoria, acádanse os seguintes resultados:

– Quenda de promoción interna: 26 aspirantes acadan o mínimo exixido, aplicando o criterio do 50 %.

– Quenda libre: aplicando o criterio do 50 %, 284 aspirantes acadan o mínimo exixido, sendo o número de aspirantes máximo que poden superar o exercicio segundo a convocatoria de 248 (4*62). A persoa que ocupa a posición 248 é a que determina o corte, e este é de 65 respostas netas.

As persoas que non acadaron a porcentaxe mínima nalgunha das partes non son cualificadas por non ser posible asignar unha puntuación homologable á do resto das persoas aspirantes.

Cuarto. Publicar no portal web corporativo, https://www.funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, as persoas aspirantes poderán formular as alegacións que consideren oportunas ás puntuacións, que se presentarán a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

Sexto. De conformidade coa base II.1.1.2 respecto ao segundo exercicio, estarán exentas da súa realización as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10 días) hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente acordo, o Celga 3 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG número 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG número 34, do 19 de febreiro). Non terá que presentar a documentación xustificativa de exención quen xa teña acreditada a posesión do Celga 3 ou o título equivalente debidamente homologado e así conste na listaxe de persoas aspirantes publicada, xunto con esta resolución, pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Sétimo. De acordo co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2025

Víctor Manuel Patiño Grela
Presidente do tribunal