En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da lei, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o 26 de marzo de 2025, baixo a presidencia de Antonio Crespo Iglesias, director territorial, coa asistencia dos vogais: Amalia Elsa Pazos Pintos, xefa do Servizo de Montes, Xosé Carlos Morgade Martínez, representante das CMVMC da provincia, Xesús Santaló Ríos,representante do Colexio de Avogados de Pontevedra, María Jesús Lago Feijoo, vogal representante dos veciños da CMVMC de Vilar (Crecente), e do secretario do Xurado, José Alberto Cousido Fernández, funcionario adscrito ao Servizo Xurídico-Administrativo, adoptou a seguinte resolución:
Antecedentes de feito:
Primeiro. O 2.12.2021 a empresa SELGA, en representación da CMVMC de Vilar (Crecente), presenta solicitude de clasificación como monte veciñal en man común das parcelas denominadas Pena Aguda e outras.
Achega como documentación copia da acta da asemblea xeral da comunidade en que se aprobou a solicitude de clasificación, documentación histórica, forestal e catastral e informe técnico con planimetría.
O Servizo de Montes indica que os datos achegados pola comunidade solicitante permiten identificar plenamente as parcelas Pena Aguda e outras 12.
En todas aparece como titular catastral a CMVMC de Vilar. Ningunha delas está clasificada, agás un anaco da parcela Pena Aguda 2 que invade terreo clasificado a favor da CMVMC de Valeixe (A Cañiza), segundo o deslindamento PO-DESC-04/17.
Segundo. Na sesión do 11.8.2022 o Xurado acordou incoar procedemento de clasificación das anteditas parcelas a prol da CMVMC de Vilar (Crecente).
O 14.9.2022 solicítase ao Servizo de Montes a elaboración do informe preceptivo conforme o artigo 20 do RMVMC.
O 28.10.2022 a CMVMC de Vilar presenta un novo informe técnico de modificación da planimetría, de xeito que o monte cuxa clasificación se solicita pasa de trece a sete parcelas, cunha cabida total de 10,6463 ha. A razón aducida é que se realizou unha nova medición para solicitar a revisión do esbozo da carpeta-ficha, atopándose varios erros que agora se corrixen, entre eles a invasión dun anaco de terreo da CMVMC de Valeixe segundo o deslinde PO-DESC-04/17.
Presenta tamén diversa documentación administrativa de índole forestal (solicitude de axudas por danos de incendios, permisos de corta, etc.) para probar a xestión actual pola Comunidade de Montes das parcelas cuxa clasificación se solicita.
O 14.2.2023 recíbese o informe do Servizo de Montes que recolle que as parcelas Pena Aguda e outras teñen todas uso forestal de bosque mixto con predominio de piñeiro e presenza de eucalipto, carballo e sobreira; e con estrato arbustivo de loureiros, toxos, xestas e fentos. Nalgunhas parcelas obsérvanse pinus pinaster de plantación e dúas delas teñen tamén aproveitamento cinexético (incluídas no Tecor Po-10186).
Terceiro. O 2.8.2023 o Rexistro de Propiedade de Ponteareas comunica que non figura inscrita ningún predio coas características descritas na solicitude de clasificación.
O 18.9.2023 notifícase a apertura do trámite de audiencia á CMVMC de Vilar e ao Concello de Crecente, neste último caso coa solicitude de publicación do correspondente edicto.
O 29.9.2023 publícase no DOG o anuncio do acordo de iniciación do expediente de clasificación abrindo o período dun mes para que as persoas interesadas puideran examinar o expediente e efectuar as alegacións oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do RMVMC.
O 30.10.2023 solicítase a inscrición preventiva no Rexistro da Propiedade de Ponteareas, que a realiza o 17.1.2024.
Cuarto. Á vista da documentación achegada pola comunidade solicitante e o informe do Servizo de Montes, o monte obxecto do presente expediente responde á seguinte descrición:
Concello: Crecente.
Parroquia: Vilar.
Informe de validación gráfica: IVG_1XE5VW6GYE0FFSB4.
1. Nome do monte: Pena Aguda 1.
Cabida: 23.722 m2 (superficie alegada na solicitude).
Referencia catastral: 36014A02300243.
Estremas:
|
Titular/es |
|
|
Norte |
Comunidade de MVMC de Vilar |
|
Sur |
Camiño |
|
Leste |
José Estévez Fernández Luis González Núñez Herdeiros de Jesús Mariño Pérez Otilia Rodríguez Antonio |
|
Oeste |
Camiño |
2. Nome do monte: Pena Aguda 2.
Cabida: 39.754 m2 (superficie alegada na solicitude).
Referencia catastral: 36014A02300254.
Estremas:
|
Titular/es |
|
|
Norte |
Berta Lorenzo Lorenzo Luis González Núñez Albertina Lorenzo Fernández Nieves Fernández Rodríguez |
|
Sur |
Camiño |
|
Leste |
José Estévez Fernández Herdeiros de Jesús Mariño Pérez Gerardo Ramón Mariño Álvarez Francisco Joaquín Mariño Pérez |
|
Oeste |
Camiño |
3. Nome do monte: Pena Aguda 3.
Cabida: 989 m2 (superficie alegada na solicitude).
Referencia catastral: 36014A02300269.
Estremas:
|
Titular/es |
|
|
Norte |
Camiño |
|
Sur |
Herdeiros de María Fernández Rodríguez |
|
Leste |
Herdeiros de Dolores Vázquez Rodríguez |
|
Oeste |
Herdeiros de Adolfo Rodríguez Álvarez |
4. Nome do monte: Pena Aguda 4.
Cabida: 2.057 m2 (superficie alegada na solicitude).
Referencia catastral: 36014A02300400.
Estremas:
|
Titular/es |
|
|
Norte |
José Antonio Gesteira Rodríguez |
|
Sur |
Camiño |
|
Leste |
María Fernández Rodríguez |
|
Oeste |
Herdeiros de José Manuel Dorado |
5. Nome do monte: Laredo.
Cabida: 9.436 m2 (superficie alegada na solicitude).
Referencia catastral: 36014A00800362.
Estremas:
|
Titular/es |
|
|
Norte |
Delmiro López Rodríguez Jorge Vázquez Rey María Teresa Novoa Giráldez |
|
Sur |
Camiño |
|
Leste |
María Consejo Vázquez López Ovideo López Otero Manuela Pérez Pérez Constante Claro Gómez Anuncia Vázquez Claro María del Carmen Blanco Alberti |
|
Oeste |
Camiño |
6. Nome do monte: Cavados.
Cabida: 17.464 m2 (superficie alegada na solicitude).
Referencia catastral: 36014A02300244.
Estremas:
|
Titular/es |
|
|
Norte |
Camiño Germán Costas Antonio Luis González Núñez Herdeiros de Jesús Mariño Pérez Otilia Rodríguez Antonio José Estévez Fernández Jorge Luis Martínez Lobariñas Leonardo Gesteira Rodríguez |
|
Sur |
Comunidade de MVMC de Vilar Gerardo Ramón Mariño Álvarez Francisco Joaquín Mariño Pérez Camiño |
|
Leste |
Basilisa Álvarez Rodríguez Inocencio Lorenzo Iglesias Martínez Pastora Fernández Rodríguez Albertina Lorenzo Fernández Nieves Fernández Rodríguez Berta Lorenzo Lorenzo Camiño |
|
Oeste |
Camiño |
7. Nome do monte: Longarel.
Cabida: 13.041 m2 (superficie alegada na solicitude).
Referencia catastral: 36014A02300246.
Estremas:
|
Titular/es |
|
|
Norte |
Comunidade de MVMC de Vilar |
|
Sur |
Comunidade de MVMC de Albeos |
|
Leste |
Comunidade de MVMC de Vilar |
|
Oeste |
Camiño |
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é competente para coñecer os expedientes de clasificación (art. 9 da LMVMC).
Segundo. De conformidade co artigo 1 desa norma, son montes veciñais en man común «... os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. Do informe do Servizo de Montes dedúcese unha situación das parcelas compatible co aproveitamento comunal de tipo forestal.
A existencia de parcelas de nova plantación, a autorización dun Tecor (Po-10186) para aproveitamento cinexético, a elaboración dun proxecto de ordenación e un informe técnico para a solicitude de certificación forestal que inclúe estas parcelas son indicios de xestión das devanditas parcelas pola CMVMC de Vilar.
Cuarto. O Concello de Crecente non presentou alegacións contrarias á clasificación, nin constan durante a tramitación do expediente alegacións de terceiros que acreditasen un uso privativo destas parcelas. Polo tanto, pode aceptarse que existe un aproveitamento en común público, pacífico e continuado por parte dos veciños da parroquia de Vilar.
Polo exposto, o Xurado
ACORDA:
Clasificar como veciñal en man común as parcelas denominadas Pena Aguda 1, Pena Aguda 2 (respectando o deslindamento coa CMVMC de Valeixe), Pena Aguda 3, Pena Aguda 4, Laredo, Cavados e Longarel a prol dos veciños da CM de Vilar (Crecente), de acordo á descrición reflectida nesta resolución e conforme á planimetría elaborada polo Servizo de Montes.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o mesmo Xurado no prazo dun mes; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses consonte ao disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e nos artigo 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 14 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
