O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Cimadevila e Laxeira (Campo Lameiro) e Cequeril (Cuntis), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC de Cimadevila e Laxeira presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Cimadevila e Laxeira (Campo Lameiro) e a CMVMC de Cequeril (Cuntis). Os montes veciñais en man común (en diante MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Leixoso, Rolán e Cavado (ID monte: 2489) da CMVMC de Cimadevila e Laxeira.
– MVMC de Cequeril (ID monte: 2628) da CMVMC de Cequeril.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
• Acta do apeo do deslindamento do 11.8.2022.
• Acta de conciliación núm. 08/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Cuntis do 22.2.2023.
• Certificado do 15.5.2023 da secretaria da CMVMC de Cimadevila e Laxeira coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 26.11.2022.
• Certificado do 15.6.2024 do secretario da CMVMC de Cequeril coa conformidade do presidente da aprobación en asemblea xeral do 28.9.2022.
• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 2.5.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 740 do COETF de Galicia. As emendas posteriores producen a modificación desta.
• Informes de validación gráfica catastral con CSV: 0AHT8BNCPFHSXQA7 e W39F0GX6299VCAZZ.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.813 metros, e está composta polos seguintes puntos:
Punto 01: x: 538.916,42; y: 4.714.930,32.
Punto 02: x: 539.734,57; y: 4.715.226,17.
Punto 03: x: 540.032,3; y: 4.715.350,01.
Punto 04: x: 540.272,19; y: 4.715.305,39.
Punto 05: x: 540.853,58; y: 4.715.194,16.
No traballo de gabinete establécense dous puntos de deslindamento secundarios (PS1, PS2) para respectar a propiedade de titularidade catastral particular 36015A08100120, polo que neste tramo o deslindamento realizarase coa propiedade particular e outros seis puntos secundarios para respectar o dominio público hidráulico (PS3, PS4, PS5, PS6, PS7, PS8), polo que nestes tramos non existe colindancia entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente).
Punto PS1: x: 539.061,35; y: 4.714.982,73.
Punto PS2: x: 539.218,26; y: 4.715.039,47.
Punto PS3: x: 539.492,33; y: 4.715.138,57.
Punto PS4: x: 539.507,76; y: 4.715.144,15.
Punto PS5: x: 540.046,44; y: 4.715.347,38.
Punto PS6: x: 540.060,94; y: 4.715.344,68.
Punto PS7: x: 540.460,09; y: 4.715.269,43.
Punto PS8: x: 540.476,79; y: 4.715.266,24.
O deslindamento está formado por cinco tramos:
Tramo 1: punto 01-punto PS1.
Tramo 2: punto PS2-punto PS3.
Tramo 3: punto PS4-punto 02-punto 03-punto PS5.
Tramo 4: punto PS06-punto 04-punto PS7.
Tramo 5: punto PS8-punto 05.
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.
A liña do deslindamento non respecta a liña de concellos do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Cuntis e Campo Lameiro.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das comunidades, polo que ambas as comunidades realizan un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa planimetría existente.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Cimadevila e Laxeira (Campo Lameiro) e a CMVMC de Cequeril (Cuntis) nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 16 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
