O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Portela (Barro) e Verducido (Pontevedra), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC de Portela presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Portela (Barro) e a CMVMC de Verducido (Pontevedra).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Portela (ID Monte: 2455) da CMVMC de Portela.
– MVMC de Campo Outeiro e Gato Morto (ID Monte: 2948) da CMVMC de Verducido.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia:
• Acta do deslindamento do 4.5.2018.
• Acta de conciliación X53 Conciliación 0000418/2023 entre as comunidades no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Pontevedra do 21.6.2023.
• Certificado do secretario da CMVMC de Portela coa conformidade do presidente do 16.4.2024 da aprobación en Asemblea do 18.12.2022.
• Certificado do secretario da CMVMC de Verducido coa conformidade do presidente do 30.11.2022 da aprobación en asemblea do 7.10.2018.
• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, asinada o 20.7.2023 pola enxeñeira técnica Forestal colexiada núm. 740 do COETF de Galicia. O anexo á memoria asinado o 3.5.2024 produce a modificación desta.
Informe de validación gráfica catastral 0DM7Y2JTM565C7XD e RGJ1QBWZK7MJ8JA0, ambos engloban os deslindamentos DC22043 e DC22045.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 793 metros, e está composta polos seguintes puntos:
Punto P01: X: 530.791,71; Y: 4.706.600,34.
Punto P02: X: 531.055,10; Y: 4.706.639,23.
Punto P03: X: 530.745,72; Y: 4.706.074,15.
Punto P04: X: 531.183,78; Y: 4.706.688,34.
No traballo de gabinete establécense dous puntos de deslindamento secundarios, para respectar as propiedades particulares (PS1, PS2) polo que neste tramo non existe linde entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coas propiedades particulares).
Punto PS1: X: 530.790,26; Y: 4.706.583,78.
Punto PS2: X: 530.778,12; Y: 4.706.444,92.
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe linde entre ambas. A excepción dun tramo entre o punto P01 e P04 onde a cartografía da CMVMC de Verducido non é lindeiro, neste tramo o linde queda xustificado pola titularidade catastral das parcelas 36900A25100091 e 36900A25200466.
O punto P04 é coincidente co punto P01 do expediente DC22021 (deslindamento entre a CMVMC de Portela e a CMVMC de Perdecanai. Polo que no punto P04 converxen a CMVMC de Portela, CMVMC de Perdecanai e a CMVMC de Verducido.
O deslindamento está formado por dous tramos:
Tramo 1: punto P03-punto PS2.
Tramo 2: punto PS1 -punto P01-punto P02 e punto P04.
A liña do deslindamento non respecta exactamente a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Barro e Pontevedra.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– A CMVMC de Portela realiza uns axustes:
Desde o punto P03 co expediente DC22043 (deslindamento entre a CMVMC Portela e CMVMC de Cerponzóns).
Desde o punto PS2 o PS1 tomando coma referencia a cartografía catastral.
Desde o punto P04 axústase o expediente DC22021.
– A CMVMC de Verducido realiza uns axustes:
Desde o punto P03 co expediente DC22043 ata que se realice o deslindamento entre a CMVMC de Verducido e a CMVMC de Cerponzóns.
Desde o punto PS2 realízase un axuste para pechar a liña de deslindamento coa cartografía existente.
Desde o punto PS1 ata o punto P04 inclúense as parcelas catastrais 36900A25100091 e 36900A25200466.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Portela (Barro) e a CMVMC de Verducido (Pontevedra), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 16 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
