DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2025 Páx. 32326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución aprobatoria do deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Barro (Barro) e San Tomé de Nogueira (Meis) (expediente DC22050).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Barro (Barro) e San Tomé de Nogueira (Meis), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC de Curro presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Curro (Barro) e a CMVMC de San Tomé de Nogueira (Meis).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC do Curro (ID Monte: 2453) da CMVMC de Curro.

– MVMC de Castrove e Regresol (ID Monte: 2827) da CMVMC de San Tomé de Nogueira.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

• Acta do deslindamento o 26.9.2022.

• Acta de conciliación núm. 4/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Meis o 12.4.2023.

• Certificado do secretario da CMVMC de Curro coa conformidade do presidente do 16.4.2024 da aprobación en asemblea xeral do 24.2.2023.

• Certificado do secretario da CMVMC de San Tomé de Nogueira coa conformidade do presidente do 14.8.2024 da aprobación en asemblea xeral do 11.2.2023.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, asinada o 27.6.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 740 do COETF de Galicia. As emendas realizadas producen a modificación desta.

• Informe de validación gráfica catastral cos CSV: 64WGKH16FGQ0C6B9, P6A547725QF5S6VF (ambas teñen en conta o deslindamento DC22049 e DC22050) e GPM3AD6YWQNNGRFA.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 825 metros, e está composta polos seguintes puntos:

Punto 1: X: 525.235,06 Y: 4.703.036,78

Punto 2: X: 525.475,74 Y: 4.703.353,72

Punto 3: X: 525.530,18 Y: 4.703.426,50

Punto 4: X: 525.733,43 Y: 4.703.694,80

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe linde entre ambas.

O deslindamento inicia no punto 1 situado no Alto Castrove e discorre pola devasa ata o río Argaballa (punto 4). A partir deste punto, o límite continúa polo curso da auga.

O deslindamento está formado por un único tramo. O punto 1 é coincidente co punto 01 do expediente DC22049 (deslindamento entre a CMVMC de Curro e a CMVMC de San Xoán de Poio) e é coincidente tamén co punto 01 do expediente DC22067 (deslindamento entre a CMVMC de San Tomé de Nogueira e a CMVMC de San Xoán de Poio). Neste punto converxen a CMVMC de Curro, a CMVMC de San Xoán de Poio e a CMVMC de San Tomé de Nogueira.

A liña do deslindamento non é coincidente coa liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Barro e Meis.

A liña do deslindamento produce as seguintes modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación:

– A CMVMC de Curro: o Servizo de Montes de oficio axusta o esbozo no punto inicial (punto 1) co deslindamento DC22049 respectando a cartografía de clasificación da CMVMC de Campañó.

– CMVMC de San Tomé de Nogueira: presenta un axuste desde o punto inicial, punto 1 coincidente co deslindamento DC22067.

– As comunidades presentan desde o punto final 4 un axuste para pechar o deslindamento co resto da cartografía existente de cada unha das comunidades.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Curro (Barro) e a CMVMC de San Tomé de Nogueira (Meis), nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 16 de maio de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra