
Con data do 6 de febreiro de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia número 25 a Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e para o desenvolvemento das actuacións do Plan corresponsables, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento SI427A e SI436B). Ao abeiro da dita convocatoria establécense os seguintes programas:
a) Programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade (procedemento SI427A).
b) Programa do Plan corresponsables (procedemento SI436B).
Para o financiamento desta convocatoria destínase crédito por un importe total de dous millóns douscentos mil euros (2.200.000,00 €), que se imputan ás aplicacións orzamentarias seguintes:
|
Procedemento |
Aplicación |
Cód. proxecto |
Importe (€) |
|
SI427A |
08.07.313B.481.2 |
2023 00096 |
1.900.000,00 |
|
SI436B |
08.07.312G.481.2 |
2021 00175 |
300.000,00 |
Durante a fase de instrución das solicitudes recibidas na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, e unha vez feitas as emendas e comprobado o cumprimento dos requisitos establecidos, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 10.2.
O órgano instrutor, logo da baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 10.4, elevou ao órgano competente, á Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional segunda para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente Resolución con data do 27 de maio de 2025.
Segundo o artigo 12.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 27 de maio de 2025, ditada ao abeiro da Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e para o desenvolvemento das actuacións do Plan corresponsables, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento SI427A e SI436B), e que se xunta a esta resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 27 de maio de 2025 pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2025
María Quintiana Pérez
Directora xeral de Promoción da Igualdade
ANEXO
Resolución do 27 de maio de 2025 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións convocadas mediante a Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e para o desenvolvemento das actuacións
do Plan corresponsables, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento SI427A e SI436B)
Antecedentes:
Primeiro. Con data do 6 de febreiro de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e para o desenvolvemento das actuacións do Plan corresponsables, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento SI427A e SI436B).
Segundo. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria no ano 2025 das axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento dos seguintes programas:
a) Programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, segundo o establecido na disposición adicional primeira da Orde do 3 de xaneiro de 2025 (procedemento SI427A).
b) Programa do Plan corresponsables para o desenvolvemento de actuacións orientadas a facilitar a conciliación das familias con fillas e fillos de ata 16 anos de idade, mediante a posta en marcha de servizos de coidado profesional, a creación de emprego de calidade no sector dos coidados e a sensibilización da sociedade, particularmente dos homes, en materia de corresponsabilidade e coidados (procedemento SI436B).
Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.3 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cuarto. De acordo co establecido no artigo 10.4 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes seguindo os criterios e as pautas de baremación establecidos no artigo 11 desta convocatoria, a Comisión de Valoración emitirá un informe segundo o cal o órgano instrutor lle formulará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver a concesión ou a denegación da subvención solicitada, e proporá a concesión da subvención segundo a orde de puntuación e polo importe da axuda que corresponda ata esgotar o crédito dispoñible.
No caso de existiren solicitudes susceptibles de axuda, pero que non se inclúen na proposta de concesión anterior por se ter esgotado o crédito dispoñible, quedarán en lista de espera por orde de puntuación para seren atendidas no caso de producirse algunha renuncia ou algún incremento do crédito inicialmente dispoñible. Para estes efectos, o órgano instrutor poderá formular sucesivas propostas de resolución con anterioridade ao remate do prazo de xustificación das axudas.
Así mesmo, no caso de quedar crédito libre despois de adxudicar a contía que lle corresponda a cada unha das entidades que resulten beneficiarias da subvención, e sempre que non exista lista de espera, este repartirase entre elas a partes iguais de xeito que se manteña a proporcionalidade derivada da aplicación dos criterios de baremación, co límite da contía máxima da axuda ou, de ser inferior, da contía solicitada.
Quinto. De acordo co establecido no artigo 12.1 das bases reguladoras as resolucións que procedan ao abeiro desta orde serán ditadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, que actuará por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, logo da proposta do órgano instrutor, e, no caso de que o seu contido sexa a concesión da subvención, tras a súa fiscalización pola Intervención delegada.
Sexto. Segundo o artigo 12.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.
Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida polo órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade pola Intervención Delegada, a directora xeral de Promoción da Igualdade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional segunda para resolver os procedementos de concesión,
RESOLVE:
Primeiro. Conceder as axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade (SI427A) e para o desenvolvemento das actuacións do Plan corresponsables (SI436B), que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 11 da convocatoria, pola contía que se reflicte no anexo, por un importe total de 2.186.835,66 euros con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes:
|
Procedemento |
Aplicación |
Cód. proxecto |
Importe (€) |
|
SI427A |
08.07.313B.481.2 |
2023 00096 |
1.896.701,42 |
|
SI436B |
08.07.312G.481.2 |
2021 00175 |
290.134,24 |
Segundo. No anexo II relaciónanse as solicitudes que quedan na lista de espera por se ter esgotado o crédito dispoñible segundo a orde de puntuación para seren atendidas no caso de producirse algunha renuncia ou algún incremento do crédito inicialmente dispoñible. Para estes efectos, o órgano instrutor poderá formular sucesivas propostas de resolución con anterioridade ao remate do prazo de xustificación das axudas.
Terceiro. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 9.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.
Cuarto. Informar as entidades beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:
a) As axudas do procedemento SI427A (programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade) están cofinanciadas, nun 60 %, pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4. Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: Inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específico 4.8: Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos; medida 2.H.03-Programa de atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. Así mesmo, infórmase de que a aceptación da subvención poderá implicar a súa aparición na lista de operacións que se publique nos termos establecidos no artigo 49.3 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.
As axudas do procedemento SI436B están financiadas con fondos finalistas dos orzamentos xerais do Estado procedentes do Ministerio de Igualdade, no marco do Plan corresponsables, a través da liña de actuación 00524-Plan corresponsables.
b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, no procedemento SI427A (Programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade), as subvencións para as actuacións e actividades recollidas nesta convocatoria son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade.
No procedemento SI436B (Programa do Plan corresponsables) é posible a concorrencia con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo das accións subvencionadas. En caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.
Se a actividade ou actuación subvencionada xera ingresos como consecuencia de taxas de inscrición, matrículas ou equivalentes, o seu importe será deducido do gasto subvencionable despois de aplicar o tipo fixo no momento da concesión da axuda, en atención aos declarados, obtidos ou previstos na solicitude de axuda. Para o caso de que os ingresos obtidos non se fixesen constar na solicitude ou fosen superiores aos declarados nela, a dedución farase ou reaxustarase no momento do pagamento final.
No caso do programa do Plan corresponsables (SI436B), cando as entidades establecesen o pagamento dunha taxa pola prestación do servizo, os ingresos obtidos deberán destinarse ou reverter nas propias actuacións desenvolvidas no marco do Plan corresponsables, circunstancia que se deberá acreditar na fase de xustificación da subvención mediante certificación asinada pola persoa secretaria da entidade. No caso de que non se revertan ou non se xustifiquen segundo o establecido, descontaranse os ingresos obtidos polas taxas do importe da subvención concedida no momento do pagamento final. En todo caso, deberase favorecer a gratuidade e a universalidade das actuacións e, no caso de que se establezan taxas, deberán terse en conta criterios de renda e de cargas familiares nos prezos de acceso ao servizo para as persoas usuarias.
c) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e coas obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 17 (Obrigas das entidades beneficiarias) das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.
d) No artigo 19 (Reintegro e sancións) das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, se é o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.
e) Unha vez notificada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación, e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.
f) De acordo co establecido no artigo 16 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 90 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez realizada a notificación da resolución de concesión. As entidades beneficiarias quedan exoneradas da obriga de constituír garantías.
O 10 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta resolución.
g) O período de referencia para o desenvolvemento do correspondente programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o seguinte:
– Procedemento SI427A (programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade): do 1 de setembro de 2024 ata o 31 de agosto de 2025, ambos os dous incluídos.
– Procedemento SI436B (Programa do Plan corresponsables): do 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025, ambos os dous incluídos.
h) As datas límite para a presentación da documentación xustificativa necesaria para proceder ao pagamento da correspondente subvención son as seguintes:
– Procedemento SI427A (programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade): 12 de setembro de 2025.
– Procedemento SI436B (programa do Plan corresponsables): 10 de outubro de 2025.
A falta de presentación da xustificación no prazo establecido para o efecto comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.
i) No procedemento SI427A (programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade) as actuacións xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados, consonte o disposto nos artigos 53, 55 e 56 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, segundo módulo ou custo unitario por hora efectivamente traballada, calculado sobre o correspondente custo directo de persoal, máis un 20 % en concepto de gastos directos e indirectos derivados do programa, segundo o establecido no artigo 24.7 das bases reguladoras. Para estes efectos, deberá presentarse a documentación xustificativa relacionada no artigo 15.1.3 das bases reguladoras.
No procedemento SI436B (programa do Plan corresponsables) a xustificación realizarase a custo real mediante a presentación de nóminas, facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, acreditativos dos gastos de persoal correspondentes ás actuacións subvencionadas. Para estes efectos, deberá presentarse a documentación xustificativa relacionada no artigo 15.2.3 das bases reguladoras.
Quinto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a directora xeral de Promoción da Igualdade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional segunda da Orde do 3.1.2025; DOG núm. 25, do 6 de febreiro). María Quintiana Pérez. Directora xeral de Promoción da Igualdade.
ANEXO I
Concesións
1. Procedemento SI427A-Programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
|
Nº expte. |
Entidade |
NIF |
Programa |
Data inicio programa |
Data fin programa |
Nº horas totais imputadas ao programa |
Custo de persoal segundo custo unitario hora (€) |
Importe 20 % taxa fixa (€) |
Total gasto elixible (€) |
Nº mínimo usuarias |
Nº mínimo usuarias atención continuada |
Ptos. |
Intensidade axuda |
Importe concesión (€) |
|
SI427A 2025/32 |
ONG Mestura |
G15940414 |
Programa Neneiras |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.720,00 |
34.579,20 |
6.915,84 |
41.495,04 |
40 |
24 |
100 |
100 % |
40.000,00 |
|
SI427A 2025/70 |
Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer Tempus |
G15681000 |
Mulleres tecendo redes |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.146,00 |
23.859,72 |
4.771,94 |
28.631,66 |
27 |
16 |
100 |
100 % |
28.631,66 |
|
SI427A 2025/04 |
Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer-Agadea |
G15483498 |
Coidando na igualdade |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.204,00 |
24.342,24 |
4.868,45 |
29.210,69 |
28 |
17 |
94 |
90 % |
26.289,62 |
|
SI427A 2025/28 |
Asociación Albores Saúde Mental |
G27252279 |
RedeMente: mulleres e saúde mental |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
645,00 |
12.507,78 |
2.501,56 |
15.009,34 |
15 |
9 |
94 |
90 % |
13.508,41 |
|
SI427A 2025/30 |
Asociación de Familiares de Enfermos Alzhéimer Chantada |
G27320225 |
Gabinete de apoio á muller coidadora |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.201,00 |
25.004,82 |
5.000,96 |
30.005,78 |
28 |
17 |
94 |
90 % |
27.005,20 |
|
SI427A 2025/44 |
Asociación Mirabal |
G70312954 |
Programa Mimosa 2024/2025 |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
790,00 |
15.619,00 |
3.123,80 |
18.742,80 |
18 |
11 |
94 |
90 % |
16.868,52 |
|
SI427A 2025/45 |
Asociación Ecos do Sur |
G15354483 |
Apoio a nais |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.780,00 |
36.877,20 |
7.375,44 |
44.252,64 |
41 |
25 |
94 |
90 % |
39.827,38 |
|
SI427A 2025/81 |
Asociación de Ayuda y Atención al Preso de A Coruña |
G15414667 |
Programa Silvia |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.402,00 |
28.323,24 |
5.664,65 |
33.987,89 |
33 |
20 |
94 |
90 % |
30.589,10 |
|
SI427A 2025/37 |
Asociación Iris Social |
G16824088 |
Redeiras |
1.12.2024 |
31.8.2025 |
1.695,30 |
33.295,90 |
6.659,18 |
39.955,08 |
39 |
23 |
92 |
90 % |
35.959,57 |
|
SI427A 2025/19 |
Acción Familiar Ferrol-AFA |
G15745466 |
Reinvéntate-Programa de apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
304,00 |
6.226,68 |
1.245,34 |
7.472,02 |
7 |
4 |
90 |
90 % |
6.724,82 |
|
SI427A 2025/36 |
Fundación CIP |
G15849318 |
IntegrAcción |
21.10.2024 |
31.8.2025 |
1.600,00 |
33.312,00 |
6.662,40 |
39.974,40 |
37 |
22 |
90 |
90 % |
35.976,96 |
|
SI427A 2025/53 |
Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución |
G27728658 |
Importas 7: atención integral ás mulleres inmigrantes, un colectivo de especial vulnerabilidade |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.763,00 |
33.059,38 |
6.611,88 |
39.671,26 |
41 |
25 |
90 |
90 % |
35.704,13 |
|
SI427A 2025/76 |
Asociación Antonio Noche |
G15210388 |
Confeccionando o teu futuro |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.710,00 |
33.316,60 |
6.663,32 |
39.979,92 |
40 |
24 |
89 |
90 % |
35.981,93 |
|
SI427A 2025/05 |
Asociación Arraianas |
G70179189 |
Programa Aloia |
1.11.2024 |
31.8.2025 |
1.032,00 |
19.834,40 |
3.966,88 |
23.801,28 |
24 |
14 |
88 |
90 % |
21.421,15 |
|
SI427A 2025/49 |
Asociación pola Igualdade e a Coeducación-Apico |
G94088549 |
Programa Apico 2024/2025: Plan de loita, información e apoio integral para as vítimas de violencia de xénero |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
850,00 |
16.032,60 |
3.206,52 |
19.239,12 |
20 |
12 |
88 |
90 % |
17.315,21 |
|
SI427A 2025/57 |
Asociación para el Empoderamiento de Personas Vulnerables y/o Riesgo de Exclusión-Aperes |
G70573514 |
Programa Aperes 24/25 de atención a mulleres |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
610,00 |
11.902,20 |
2.380,44 |
14.282,64 |
14 |
8 |
88 |
90 % |
12.854,38 |
|
SI427A 2025/11 |
Federación Aspace-Galicia |
G36344950 |
Atención especializada a mulleres con discapacidade |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.500,00 |
31.230,00 |
6.246,00 |
37.476,00 |
35 |
21 |
86 |
90 % |
33.728,40 |
|
SI427A 2025/40 |
Asociación Andaina Pro Saúde Mental |
G70264999 |
EM(PODER)ARTE: Programa de Igualdade |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
860,00 |
17.905,20 |
3.581,04 |
21.486,24 |
20 |
12 |
86 |
90 % |
19.337,62 |
|
SI427A 2025/43 |
Auxilia Delegación de Lugo |
G08317059 |
Diversas pero iguais X |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
550,00 |
11.451,00 |
2.290,20 |
13.741,20 |
13 |
8 |
86 |
90 % |
12.367,08 |
|
SI427A 2025/50 |
Asociación Diagnosticados de Cancro de Mama-Adicam |
G36380301 |
Forza rapazas 2025! Programa de apoderamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.188,00 |
24.734,16 |
4.946,83 |
29.680,99 |
28 |
17 |
86 |
90 % |
26.712,89 |
|
SI427A 2025/51 |
Asociación de Mulleres Algueirada de Manzaneda |
G32354227 |
Servizo de atención a mulleres maiores que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo (SEMAS) |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.075,00 |
20.069,58 |
4.013,92 |
24.083,50 |
25 |
15 |
86 |
90 % |
21.675,15 |
|
SI427A 2025/24 |
Asociación Érguete Prevención e Intervención en Condutas Adictivas |
G36642726 |
Intervención desde unha perspectiva de xénero con mulleres reclusas ou ex-reclusas |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.634,00 |
34.019,88 |
6.803,98 |
40.823,86 |
14 |
8 |
85 |
90 % |
36.741,47 |
|
SI427A 2025/79 |
ONGD Senvalos |
G70610282 |
Programa Valía |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.440,00 |
29.980,80 |
5.996,16 |
35.976,96 |
33 |
20 |
85 |
90 % |
32.379,26 |
|
SI427A 2025/01 |
Congregación Siervas de la Pasión |
R0800086A |
Xestando |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
2.303,00 |
46.256,70 |
9.251,34 |
55.508,04 |
20 |
20 |
84 |
80 % |
40.000,00 |
|
SI427A 2025/60 |
Asociación Puntodelas-Secretaría das Mulleres |
G70370119 |
Escola de Igualdade |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
2.753,00 |
51.492,06 |
10.298,41 |
61.790,47 |
64 |
38 |
84 |
80 % |
40.000,00 |
|
SI427A 2025/64 |
Asociación Labregas |
G15945686 |
Sensibilización e prevención social e dinamización comunitaria |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
2.713,00 |
52.009,02 |
10.401,80 |
62.410,82 |
63 |
38 |
84 |
80 % |
40.000,00 |
|
SI427A 2025/08 |
Fundación Érguete-Integración |
G36861078 |
Proxecto EVA (Emprego-Visibilidade-Autonomía) |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.720,00 |
35.509,44 |
7.101,89 |
42.611,33 |
15 |
15 |
82 |
80 % |
34.089,06 |
|
SI427A 2025/25 |
Fundación Impulsarse para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social |
G27866763 |
Gaia VI |
2.12.2024 |
31.8.2025 |
1.612,20 |
33.310,66 |
6.662,13 |
39.972,79 |
37 |
22 |
82 |
80 % |
31.978,23 |
|
SI427A 2025/62 |
Asociación Nós Mesmas |
G27718907 |
Para nós, servizo integral de atención a mulleres LBT |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.618,00 |
33.686,76 |
6.737,35 |
40.424,11 |
38 |
23 |
82 |
80 % |
32.339,29 |
|
SI427A 2025/77 |
Asociación Diversidades |
G27783950 |
Donas da cidade 2024-2025 |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.721,00 |
33.325,62 |
6.665,12 |
39.990,74 |
40 |
24 |
82 |
80 % |
31.992,59 |
|
SI427A 2025/15 |
Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia-Feafes |
G15545353 |
Atención integral a mulleres con problemas de saúde mental en situación de especial vulnerabilidade |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.798,00 |
33.426,12 |
6.685,22 |
40.111,34 |
42 |
25 |
81 |
80 % |
32.089,07 |
|
SI427A 2025/20 |
Asociación Penintenciaria Concepción Arenal |
G27119809 |
Atención integral a mulleres en situación pre, intra e post penitenciaria e familiares afectadas pola situación de internamento |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.626,00 |
33.853,32 |
6.770,66 |
40.623,98 |
14 |
8 |
81 |
80 % |
32.499,18 |
|
SI427A 2025/39 |
Asociación para o Desenvolvemento Social da Comarca do Deza |
G36527745 |
Ollando cara ao futuro V |
3.3.2025 |
31.8.2025 |
544,00 |
11.326,08 |
2.265,22 |
13.591,30 |
13 |
8 |
81 |
80 % |
10.873,04 |
|
SI427A 2025/63 |
Confederación Galega de Persoas con Discapacidade-Cogami |
G32115941 |
Servizo de atención especializada á muller con discapacidade |
1.1.2025 |
31.8.2025 |
2.287,07 |
47.616,80 |
9.523,36 |
57.140,16 |
53 |
32 |
81 |
80 % |
40.000,00 |
|
SI427A 2025/73 |
Asociación Ámbar |
G15052434 |
OIGO. Programa integral de apoderamento e autoxestión para mulleres |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
500,00 |
9.167,24 |
1.833,45 |
11.000,69 |
12 |
7 |
81 |
80 % |
8.800,55 |
|
SI427A 2025/35 |
Asociación Pro Saúde Mental A Creba |
G15476310 |
Apoio Integral a mulleres con doenzas mentais procedentes do medio rural |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
258,00 |
5.371,56 |
1.074,31 |
6.445,87 |
6 |
4 |
80 |
80 % |
5.156,70 |
|
SI427A 2025/42 |
Fundación Amigos de Galicia |
G15859911 |
Em-podérate |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.670,00 |
33.219,00 |
6.643,80 |
39.862,80 |
39 |
23 |
80 |
80 % |
31.890,24 |
|
SI427A 2025/47 |
Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia-Fademur |
G70101647 |
Servizo integral para mulleres do rural en situación de vulnerabilidade |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.644,00 |
33.270,48 |
6.654,10 |
39.924,58 |
38 |
23 |
80 |
80 % |
31.939,66 |
|
SI427A 2025/67 |
Valoresc Innovation |
G70377585 |
A tribo de Malala |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.503,00 |
28.704,22 |
5.740,84 |
34.445,06 |
35 |
21 |
80 |
80 % |
27.556,05 |
|
SI427A 2025/74 |
Asociación Síndrome de Down de A Coruña |
G15731466 |
Mulleres capaces: emprego con apoio e benestar emocional |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.170,00 |
23.633,29 |
4.726,66 |
28.359,95 |
27 |
16 |
80 |
80 % |
22.687,96 |
|
SI427A 2025/34 |
Asociación de Ayuda a la Vida-Ayuvi |
G36802536 |
Ti podes |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.743,00 |
32.937,66 |
6.587,53 |
39.525,19 |
41 |
25 |
79 |
80 % |
31.620,15 |
|
SI427A 2025/78 |
Agrupación de AA.VV. do Rural e Periferia do Concello Ourense Miño |
G32408023 |
Rede veciñal de mulleres |
1.1.2025 |
30.8.2025 |
608,00 |
12.658,56 |
2.531,71 |
15.190,27 |
14 |
8 |
79 |
80 % |
12.152,22 |
|
SI427A 2025/82 |
Asociación Veciñal As Termas |
G32334989 |
Espazo veciñal de apoio as mulleres |
1.12.2024 |
30.8.2025 |
498,00 |
10.368,36 |
2.073,67 |
12.442,03 |
12 |
7 |
78 |
80 % |
9.953,62 |
|
SI427A 2025/02 |
Asociación Limisi |
G32302671 |
Nós |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.920,00 |
36.691,20 |
7.338,24 |
44.029,44 |
45 |
27 |
77 |
80 % |
35.223,55 |
|
SI427A 2025/06 |
Unión General de Trabajadores de Galicia-UGT |
G15383011 |
Servizo de atención a mulleres inmigrantes e emigrantes retornadas |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.561,00 |
32.500,02 |
6.500,00 |
39.000,02 |
36 |
22 |
76 |
80 % |
31.200,02 |
|
SI427A 2025/09 |
Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia |
G27820182 |
Apodéra-T. Ti, tránsito cara a túa liberdade |
1.1.2025 |
31.8.2025 |
1.460,00 |
28.238,29 |
5.647,66 |
33.885,95 |
34 |
20 |
76 |
80 % |
27.108,76 |
|
SI427A 2025/18 |
Asociación Íntegro das Persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte |
G15173263 |
PIMD rural |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.035,00 |
19.840,50 |
3.968,10 |
23.808,60 |
24 |
14 |
76 |
80 % |
19.046,88 |
|
SI427A 2025/21 |
Cruz Roja Española |
Q2866001G |
Cerca de ti |
1.10.2024 |
31.8.2025 |
1.720,00 |
35.810,40 |
7.162,08 |
42.972,48 |
40 |
24 |
76 |
80 % |
34.377,98 |
|
SI427A 2025/29 |
Asociación de Coaching para el Desarrollo Social y Comunitario Daleth |
G70480595 |
Bolboretas 9.0 |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.601,00 |
33.332,82 |
6.666,56 |
39.999,38 |
37 |
22 |
76 |
80 % |
31.999,50 |
|
SI427A 2025/61 |
Asociación Síndrome de Down de Lugo |
G27202043 |
Programa de atención integral para o fortalecemento das capacidades persoais, sociais e laborais das mulleres con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais da provincia de Lugo |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.118,00 |
23.276,76 |
4.655,35 |
27.932,11 |
26 |
16 |
76 |
80 % |
22.345,69 |
|
SI427A 2025/23 |
Asociación Aliad Ultreia |
G27021120 |
Programa Senlleiras |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.601,15 |
33.335,94 |
6.667,19 |
40.003,13 |
37 |
22 |
75 |
80 % |
32.002,50 |
|
SI427A 2025/31 |
Down Vigo Asociación para el Síndrome de Down |
G36697324 |
Recursos integrais de atención personalizada e grupal de mulleres con síndrome de Down e discapacidade |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.720,00 |
35.810,40 |
7.162,08 |
42.972,48 |
40 |
24 |
75 |
80 % |
34.377,98 |
|
SI427A 2025/41 |
Down Pontevedra Xuntos Asociación Síndrome de Down |
G36164887 |
Programa de intervención integral dirixido a mulleres coa síndrome de Down e discapacidade intelectual |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.298,00 |
27.024,36 |
5.404,87 |
32.429,23 |
30 |
18 |
75 |
80 % |
25.943,38 |
|
SI427A 2025/65 |
Asociación Alume Saúde Mental |
G27198977 |
Programa pluriasistencial de apoio e rehabilitación con aloxamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.720,00 |
35.810,40 |
7.162,08 |
42.972,48 |
15 |
15 |
75 |
80 % |
34.377,98 |
|
SI427A 2025/27 |
Asociación Participacción |
G32477127 |
Abrindo cancelas con flores |
3.9.2024 |
31.8.2025 |
464,00 |
9.660,48 |
1.932,10 |
11.592,58 |
4 |
2 |
74 |
70 % |
8.114,81 |
|
SI427A 2025/52 |
Asociación RedMadre Pontevedra |
G27707686 |
Nais e fill@s |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.309,00 |
24.023,94 |
4.804,79 |
28.828,73 |
30 |
18 |
73 |
70 % |
20.180,11 |
|
SI427A 2025/16 |
Asociación de Viúvas María Andrea |
G32014334 |
Apoiando na soidade |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.470,00 |
30.605,40 |
6.121,08 |
36.726,48 |
34 |
20 |
71 |
70 % |
25.708,54 |
|
SI427A 2025/22 |
Asociación Xarela Formación-Animación |
G32261307 |
VALOR-ES Programa dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade |
2.1.2025 |
31.8.2025 |
808,00 |
16.822,56 |
3.364,51 |
20.187,07 |
19 |
11 |
71 |
70 % |
14.130,95 |
|
SI427A 2025/71 |
Asociación Amicos |
G15747678 |
Programa mulleres, maltrato e prevención do maltrato |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.655,00 |
32.507,70 |
6.501,54 |
39.009,24 |
38 |
23 |
71 |
70 % |
27.306,47 |
|
SI427A 2025/17 |
Asociación Down Ourense |
G32311870 |
Programa de atención integral dirixida a mulleres con discapacidade intelectual e síndrome de Down |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.075,00 |
22.381,50 |
4.476,30 |
26.857,80 |
25 |
15 |
69 |
70 % |
18.800,46 |
|
SI427A 2025/58 |
Patronato Concepción Arenal |
G15030372 |
Programa de mediación intercultural para mulleres Concepción Arenal |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
5.500,00 |
96.241,20 |
19.248,24 |
115.489,44 |
128 |
77 |
69 |
70 % |
40.000,00 |
|
SI427A 2025/03 |
Asociación de Mulleres Pedra da Vella |
G36837433 |
Amparando mulleres |
20.1.2025 |
31.8.2025 |
1.779,00 |
34.945,74 |
6.989,15 |
41.934,89 |
41 |
25 |
68 |
70 % |
29.354,42 |
|
SI427A 2025/10 |
RedMadre Ourense |
G32394082 |
Proxecto nais e fill@s |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.367,00 |
23.578,90 |
4.715,78 |
28.294,68 |
32 |
19 |
68 |
70 % |
19.806,28 |
|
SI427A 2025/48 |
Asociación Redmadre Coruña |
G70180229 |
Briana |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.710,00 |
35.602,20 |
7.120,44 |
42.722,64 |
40 |
24 |
68 |
70 % |
29.905,85 |
|
SI427A 2025/55 |
Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol |
G15458060 |
Mulleres Teimudas: apoio na etapa adulta ás mulleres coa síndrome de Down e discapacidade intelectual |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
680,00 |
13.792,80 |
2.758,56 |
16.551,36 |
16 |
10 |
67 |
70 % |
11.585,95 |
|
SI427A 2025/83 |
Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra-Femupo |
G94200326 |
Femupo contigo |
1.12.2025 |
31.8.2025 |
1.565,00 |
25.669,70 |
5.133,94 |
30.803,64 |
36 |
22 |
67 |
70 % |
21.562,55 |
|
SI427A 2025/54 |
Fundación Amigó |
G81454969 |
Acompañando |
15.10.2024 |
31.8.2025 |
2.016,00 |
41.973,12 |
8.394,62 |
50.367,74 |
47 |
28 |
65 |
70 % |
35.257,42 |
|
SI427A 2025/56 |
Federación de Asociacións de |
G15068091 |
Recursos especializados para mulleres xordas |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
1.276,90 |
26.585,06 |
5.317,01 |
31.902,07 |
30 |
18 |
65 |
70 % |
22.331,45 |
|
SI427A 2025/33 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer y otras Demencias de |
G36776920 |
Programa de atención integral á mulleres coidadoras de persoas con demencia |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
2.695,00 |
56.109,90 |
11.221,98 |
67.331,88 |
63 |
38 |
62 |
60 % |
40.000,00 |
|
SI427A 2025/46 |
Fundación Ronsel |
G15752660 |
Córdoba: apoderamento da muller migrante e retornada galega a través do emprendemento e a creación |
1.1.2025 |
31.8.2025 |
550,00 |
10.299,60 |
2.059,92 |
12.359,52 |
13 |
8 |
61 |
60 % |
7.415,71 |
|
SI427A 2025/68 |
Cáritas Diocesana de Tui-Vigo |
R3600368I |
Agarimo X |
1.9.2024 |
31.8.2025 |
700,00 |
14.574,00 |
2.914,80 |
17.488,80 |
16 |
10 |
61 |
60 % |
10.493,28 |
|
SI427A 2025/26 |
CIMO, Entidad Prestadora de Servicios |
G32010449 |
Actívate |
1.10.2024 |
31.8.2025 |
601,00 |
12.512,82 |
2.502,56 |
15.015,38 |
14 |
8 |
60 |
60 % |
9.009,23 |
|
SI427A 2025/80 |
Asociación de Maiores de Ponteareas |
G36341113 |
Mulleres seguras: programa integral de atención e apoderamento |
9.9.2024 |
31.8.2025 |
517,00 |
9.101,38 |
1.820,28 |
10.921,66 |
12 |
7 |
59 |
60 % |
6.553,00 |
|
SI427A 2025/07 |
Asociación Saúde Mental, A Mariña |
G27262799 |
Coidando de min IX |
1.2.2025 |
31.8.2025 |
516,00 |
10.743,12 |
2.148,62 |
12.891,74 |
12 |
7 |
55 |
60 % |
7.735,04 |
|
SI427A 2025/38 |
Axel Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses |
G27305218 |
Triple E: Empoderamento, Emprego e Emprendemento |
30.4.2025 |
31.8.2025 |
720,00 |
13.713,60 |
2.742,72 |
16.456,32 |
17 |
10 |
49 |
50 % |
8.228,16 |
|
Total |
1.896.701,42 |
|||||||||||||
2. Procedemento SI436B-Plan corresponsables.
|
Nº expte. |
Entidade |
NIF |
Denominación da medida |
Gasto elixible (€) |
Ptos. |
Intensidade axuda |
Importe concesión (€) |
|
SI436B 2025/04 |
Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia |
G15545353 |
Corresponsabilíza-te… Tamén é Saúde Mental! |
5.058,24 |
100 |
100 % |
5.000,00 |
|
SI436B 2025/05 |
Liga Reumatolóxica Galega Loita contra o Reumatismo |
G15552987 |
Como coidarnos en igualdade? Corresponsabilidade nas EryMEs |
10.644,86 |
100 |
100 % |
5.000,00 |
|
SI436B 2025/08 |
Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración y el Desarrollo |
G70464334 |
Plan comunitario de conciliación 2025 |
40.081,39 |
100 |
100 % |
40.000,00 |
|
SI436B 2025/09 |
Asociación Patronato Concepción Arenal |
G15030372 |
Camiño cara á Corresponsabilidade |
40.299,90 |
100 |
100 % |
40.000,00 |
|
SI436B 2025/11 |
Asociación Galega de Familias de Acollida Acougo |
G70605530 |
Acollemento familiar corresponsable |
40.000,00 |
100 |
100 % |
40.000,00 |
|
SI436B 2025/12 |
Fundación Amigó |
G81454969 |
Alecrín |
34.562,00 |
100 |
100 % |
34.562,00 |
|
SI436B 2025/17 |
Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer Tempus |
G15681000 |
Ludotardes e obradoiros de conciliación |
40.000,00 |
100 |
100 % |
40.000,00 |
|
SI436B 2025/19 |
Asociación AXEL Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses |
G27305218 |
IRIS |
10.000,00 |
100 |
100 % |
10.593,02 (*) |
|
SI436B 2025/23 |
Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (Fagamos) |
G05324314 |
Currunchiños de conciliación |
36.541,48 |
100 |
100 % |
36.541,48 |
|
SI436B 2025/25 |
Asociación Veciñal As Termas |
G32334989 |
Concilia no teu Barrio |
5.295,40 |
100 |
100 % |
5.295,40 |
|
SI436B 2025/26 |
Xeracción, Sociedade Cooperativa Galega |
F32479040 |
Coop-responsables |
8.673,10 |
100 |
100 % |
8.673,10 |
|
SI436B 2025/27 |
Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra |
G94200326 |
Ludoconcilia Femupo |
7.469,24 |
100 |
100 % |
7.469,24 |
|
SI436B 2025/28 |
Valores Innovation |
G70377585 |
Espazo corresponsables valoReSC |
19.515,80 |
100 |
100 % |
17.000,00 |
|
Total |
279.541,22 |
||||||
(*) O importe da concesión inclúe o importe proporcional correspondente á contratación dunha persoa pertencente aos colectivos recollidos no artigo 27.9.
ANEXO II
Lista de espera
1. Procedemento SI427A-Programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
|
Nº expte. |
Entidade |
NIF |
Programa |
Data inicio programa |
Data fin programa |
Nº horas totais imputadas ao programa |
Custo de persoal segundo custo unitario hora (€) |
Importe 20 % taxa fixa (€) |
Total gasto elixible (€) |
Nº mínimo usuarias |
Nº mínimo usuarias atención continuada |
Ptos. |
|
SI427A 2025/14 |
Aspnais-Asociación de Padres o Tutores de Personas con Discapacidad Intelectual de Lugo |
G27018365 |
Programa de igualdade para as mulleres con discapacidade intelectual de Aspnais |
2.9.2024 |
24.7.2025 |
1.520 |
28.513,60 |
5.702,72 |
34.216,32 |
35 |
21 |
47 |
|
SI427A 2025/72 |
Asociación Woman Defense Solidaria |
G10547644 |
Woman defense en Galicia |
1.6.2025 |
31.8.2025 |
440 |
7.119,20 |
1.423,84 |
8.543,04 |
10 |
6 |
45 |
2. Procedemento SI436B-Plan corresponsables.
|
Nº expte. |
Entidade (orde puntuación) |
NIF |
Denominación da medida |
Gasto elixible (€) |
Ptos. |
Intensidade axuda |
Importe que lle correspondería segundo puntuación (€) |
|
SI436B 2025/02 |
Asociación Casa da Muller |
G70581517 |
Conciliación e Igualdade A Casa da Muller |
30.921,25 |
97 |
100 % |
31.171,25 |
|
SI436B 2025/14 |
Terciarios Capuchinos Prov Luis Amigo Casa Ciudad de los Muchachos de Agarimo |
R1500230F |
Coidarte |
28.576,54 |
90 |
90 % |
25.718,89 |
|
SI436B 2025/14 |
Asociación Capaces Lugo |
G27450147 |
Plan corresponsables |
33.499,85 |
86 |
90 % |
30.149,87 |
|
SI436B 2025/13 |
Federacion de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia |
G70101647 |
Corresponsabilízate! |
6.250,00 |
82 |
80 % |
5.000,00 |
|
SI436B 2025/16 |
Asociación Xaruma |
G27746486 |
Rompendo moldes: proxecto de fomento da corresponsabilidade |
4.699,02 |
79 |
80 % |
3.984,22 |
|
SI436B 2025/07 |
Asociación para o Desenvolvemento Social da Comarca do Deza |
G36527745 |
Conciliamos contigo |
22.400,00 |
78 |
80 % |
17.920,00 |
|
SI436B 2025/06 |
Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense |
G32237869 |
FEMURO Concilia |
15.617,71 |
77 |
80 % |
12.494,17 |
|
SI436B 2025/22 |
Asociación Ecos do Sur |
G15354483 |
Equipa |
3.796,12 |
76 |
80 % |
3.036,90 |
|
SI436B 2025/10 |
Cruz Roja Española |
Q2866001G |
Formación en corresponsabilidade |
11.471,66 |
76 |
80 % |
5.000,00 |
|
SI436B 2025/18 |
Asociación Nacional Presencia Gitana |
G28688638 |
Aniñando |
23.438,00 |
59 |
60 % |
14.062,80 |
ANEXO III
Solicitudes excluídas e desistidas
1. Procedemento SI427A-Programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
|
Nº expte. |
Entidade |
NIF |
Programa |
Causa |
|
SI427A 2025/13 |
Fundación Íntegra para la Discapacidad Intelectual |
G36880615 |
Acompañamento e inserción laboral como estratexia para inclusión das mulleres con discapacidade |
Artigo 24.9 das bases reguladoras: non acada unha puntuación mínima de 45 puntos. |
|
SI427A 2025/69 |
Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo |
G36928646 |
A integración: o camiño para a igualdade |
Artigo 24.9 das bases reguladoras: non acada unha puntuación mínima de 45 puntos. |
|
SI427A 2025/12 |
Asociación Vida Digna |
G36884708 |
Mujeres con futuro |
Artigo 9.1 das bases reguladoras: non presenta a documentación requirida mediante a Resolución do 21 de marzo de 2025 (DOG núm. 64, do 2 de abril). |
|
SI427A 2025/59 |
Asociación Ocupabeiro |
G75832386 |
Programa Ocupabeiro |
Artigo 9.1 das bases reguladoras: non presenta a documentación requirida mediante a Resolución do 21 de marzo de 2025 (DOG núm. 64, do 2 de abril). |
|
SI427A 2025/66 |
Asociación Nacional Presencia Gitana |
G28688638 |
Tecendo |
Artigo 9.1 das bases reguladoras: non presenta a documentación requirida mediante a Resolución do 21 de marzo de 2025 (DOG núm. 64, do 2 de abril). |
|
SI427A 2025/75 |
Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo |
G27712306 |
Violencia de xénero, unha realidade oculta |
Artigo 9.1 das bases reguladoras: non presenta a documentación requirida no prazo máximo e improrrogable de dez días hábiles contados a partir do día seguinte da publicación da Resolución do 21 de marzo de 2025 (DOG núm. 64, do 2 de abril). |
2. Procedemento SI436B-Plan corresponsables.
|
Nº expte. |
Entidade |
NIF |
Denominación da medida |
Causa |
|
SI436B 2025/20 |
Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo |
G27712306 |
+Corresponsables |
Artigo 9.1 das bases reguladoras: non presenta a documentación requirida mediante a Resolución do 21 de marzo de 2025 (DOG núm. 64, do 2 de abril). |
|
SI436B 2025/21 |
Asociación Antonio Noche |
G15210388 |
Non consta |
Artigo 9.1 das bases reguladoras: non presenta a documentación requirida mediante a Resolución do 21 de marzo de 2025 (DOG núm. 64, do 2 de abril). |
|
SI436B 2025/24 |
Asociación de Ayuda y Atención al Preso de A Coruña |
G15414667 |
Non consta |
Artigo 9.1 das bases reguladoras: non presenta a documentación requirida mediante a Resolución do 21 de marzo de 2025 (DOG núm. 64, do 2 de abril). |
